Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8537

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 8 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, polo que se notifica a Resolución do 30 de outubro de 2019 pola que se inicia o expediente sancionador en materia de xogo número OU-10/19.

O día 30 de outubro de 2019, o director xeral de Emerxencias e Interior adoptou unha resolución co contido que sumariamente se recolle no anexo deste anuncio. Segundo consta no expediente, intentada a práctica da notificación á entidade interesada, non foi posible realizala, polo que, en aplicación do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procede a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A entidade interesada poderá comparecer nas oficinas do Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, situado na rúa Roma, 25-27 de Santiago de Compostela (das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres), para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e para deixar constancia de tal coñecemento.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE).

Santiago de Compostela, 8 de xaneiro de 2020

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: OU-10/19.

DNI/NIF imputado/a: B32464349.

Último domicilio coñecido: Cima de Vila, s/n, Mugares - Toén (Ourense).

Data da resolución: 30 de outubro de 2019.

Tipificación e precepto infrinxido: moi grave; artigo 28.g) da Lei 14/1985, do 23 de outubro, reguladora dos xogos e apostas en Galicia.