Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 26 Venres, 7 de febreiro de 2020 Páx. 8209

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 3 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2019.

Advertidos erros no Diario Oficial de Galicia número 7, do luns 13 de xaneiro de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxinas 1292 e 1388, no sumario da dita resolución,

Onde di: «Resolución do 3 de xaneiro de 2010, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2019.»,

Debe dicir: «Resolución do 3 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se lles dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos dentro do terceiro cuadrimestre do ano 2019.».