Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, en funcións, fago saber que neste xulgado do social se ditou a Resolución do 27 de novembro de 2019, dirixida a Servipertu, S.L.U., contra a cal non cabe interpor ningún recurso. Faise saber igualmente que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.
Para que sirva de notificación en legal forma a Servipertu, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.
A Coruña, 16 de xaneiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza