Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7561

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se convoca a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos e se ditan instrucións para a súa realización.

A Orde do 10 de febreiro de 2012, modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016, pola que se regula a proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos, establece os obxectivos e características desa proba e prevé no seu artigo 4 que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará a súa convocatoria ou convocatorias anuais, sinalando os centros onde terán lugar e as súas datas de inscrición e de realización.

En consecuencia, e ao abeiro da autorización que figura na disposición derradeira primeira da mencionada orde,

RESOLVO:

Convocar a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos no ano 2020, con código de procedemento administrativo ED534A, nas modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais, conforme se dispón nas epígrafes seguintes:

1. Condicións das persoas aspirantes.

1º. Poderán participar nesta proba as persoas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2020.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2019/20.

O incumprimento dalgún destes requisitos suporá a anulación da inscrición na convocatoria das probas e dos posibles resultados académicos obtidos nelas.

2º. As persoas aspirantes poderán matricularse dos dous exercicios que integran a proba ou dun deles.

Poderanse matricular tamén na proba, para realizaren o exercicio correspondente ás materias de Lingua Galega e Literatura I e II e ás materias xerais do bloque de materias troncais, as persoas aspirantes que teñan superado as materias xerais e as materias troncais de opción propias da modalidade de Artes.

2. Forma, lugar e prazo de presentación das solicitudes.

1º. O prazo de presentación das solicitudes será entre o 27 de febreiro e o 12 de marzo de 2020.

2º. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros educativos sinalados no número 3º desta epígrafe ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado (anexo I desta resolución) dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal.

3º. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

a) Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3, 2º andar, 15003 A Coruña.

b) IES San Clemente, rúa San Clemente, s/n, 15705 Santiago de Compostela.

c) Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa, s/n, 27003 Lugo.

d) Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor, 4, 32002 Ourense.

e) Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires, 26, 36002 Pontevedra.

f) Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra, 8, 1º, 36202 Vigo.

3. Documentación complementaria para a tramitación das solicitudes.

1º. As persoas aspirantes deberán achegar coa solicitude a seguinte documentación:

a) Certificación do ditame de discapacidade no caso de que se solicite o recoñecemento de necesidades especiais, cando esta fose recoñecida por outra Administración distinta da Xunta de Galicia.

b) Certificado de residencia, se a persoa solicitante procede doutra comunidade autónoma, no caso de solicitar a exención das materias de Lingua Galega e Literatura I e II.

c) Cando proceda, certificacións académicas ou copia simple do libro de escolaridade e/ou historial académico, onde se acredite ter superado materias para validar algún exercicio. No momento da presentación, e para os efectos de cotexo das ditas copias cos documentos orixinais, estes últimos deberán ser mostrados polas persoas interesadas.

2º. A documentación complementaria presentarase presencialmente nos centros educativos sinalados no número 3º da epígrafe 2 desta resolución ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3º. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente se se dispón del.

4. Comprobación de datos.

1º. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI ou NIE da persoa aspirante.

b) Certificación do grao de discapacidade, recoñecida pola Xunta de Galicia, só no caso de que a persoa aspirante solicite a adaptación da proba.

2º. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos correspondentes.

3º. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilite a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

5. Información básica sobre protección de datos persoais.

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da Carpeta cidadá.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, circunstancia que se reflectirá no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de dar a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

6. Listas de persoas admitidas e reclamacións.

1. Concluído o prazo de presentación de solicitudes, o tribunal celebrará unha sesión para determinar as listas provisionais de persoas admitidas e excluídas, con expresión neste último caso das causas que motivaron a exclusión.

2. No prazo dos quince días posteriores á conclusión do prazo de presentación de solicitudes, o tribunal publicará esas listas (anexo II) nos centros educativos sinalados no número 3º da epígrafe 2 desta resolución.

Xunto coa relación de persoas admitidas indicaranse os exercicios validados coa nota correspondente e as exencións da materia de Lingua Galega e Literatura I e II, de conformidade coa documentación presentada. A equivalencia entre as materias superadas no bacharelato e os exercicios da proba aparece no anexo III desta resolución.

3. O tribunal resolverá as reclamacións que se presenten e concederá un prazo de emenda e mellora das solicitudes de tres días hábiles a partir do día seguinte ao da publicación da relación.

4. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa (https://sede.xunta.gal/tramites-e-servizos/modelos-xenericos), que poderán ser presentados en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

5. Unha vez resoltas as reclamacións, o tribunal publicará nos centros educativos sinalados no número 3º da epígrafe 2 desta resolución a lista definitiva das persoas aspirantes inscritas e remitirá o anexo IV desta resolución á xefatura territorial correspondente e ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

6. Xunto coas listas de persoas admitidas, informarase as persoas aspirantes do material que se pode utilizar na realización da proba, que aparece especificado no número 4º da epígrafe 11 desta desta resolución.

7. Notificacións.

As notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse preferentemente por medios electrónicos e, en todo caso, cando as persoas interesadas resulten obrigadas a recibilas por esta vía. As persoas interesadas que non estean obrigadas a recibir notificacións electrónicas poderán decidir e comunicar en calquera momento que as notificacións sucesivas se practiquen ou deixen de practicar por medios electrónicos.

As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificacións electrónicas de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

A persoa interesada deberá manifestar expresamente a modalidade escollida para a notificación (electrónica ou en papel). No casos de persoas interesadas obrigadas a recibir notificacións só por medios electrónicos deberán optar, en todo caso, pola notificación por medios electrónicos, sen que sexa válida nin produza efectos no procedemento unha opción diferente.

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento en que se produza o acceso ao seu contido. Cando a notificación por medios electrónicos sexa de carácter obrigatorio ou fose expresamente elixida pola persoa interesada, entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non for posible por problemas técnicos, a Administración xeral e as entidades do sector público autonómico practicarán a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. Tribunais.

1. A Xefatura Territorial da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional na Coruña nomeará o tribunal encargado de avaliar a proba, con sede no instituto San Clemente de Santiago de Compostela.

2. Á vista das especialidades dos vogais do tribunal, a presidencia deste proporá á Xefatura Territorial, para o seu nomeamento, asesores especialistas das distintas materias co fin de que colaboren na corrección dos exercicios.

3. Os membros do tribunal e as persoas asesoras especialistas poderán percibir axudas de custo por asistencia e axudas para gastos de locomoción por concorreren ás sesións de avaliación, consonte o Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servizo ao persoal con destino na Administración autonómica de Galicia, e o Decreto 96/2011, do 5 de maio, polo que se modifica o Decreto 144/2001, do 7 de xuño.

4. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, á vista das persoas aspirantes inscritas, poderá establecer outros tribunais cando sexan necesarios para a celebración da proba.

9. Celebración da proba.

A proba celebrarase o día 24 de abril de 2020 en sesións de mañá e tarde no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

10. Características da proba.

1º. A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais.

2º. Os contidos da proba terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, polo que se establece o currículo da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

3º. A proba constará de dous exercicios: o primeiro terá unha duración de cinco horas e trinta minutos e o segundo, de tres horas e trinta minutos. Entre os dous exercicios haberá un descanso de dúas horas.

4º. O primeiro exercicio será común ás modalidades de Ciencias e Humanidades e Ciencias Sociais. Estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte: Lingua Galega e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura galega, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.

b) Segunda parte: Lingua Castelá e Literatura I e II. Incluirá cuestións que medirán as habilidades e destrezas de expresión e comprensión e as capacidades de reflexión sobre aspectos lingüísticos, de interpretación crítica de textos e de análise e recoñecemento das características textuais. Tamén conterá preguntas sobre movementos literarios, obras e autores relevantes da literatura en lingua castelá, nas cales se valorarán as capacidades de comparación, interpretación e valoración crítica da persoa aspirante.

c) Terceira parte: Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés). Constará de dous exercicios. No primeiro, a partir dun audio ou audios propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión oral na lingua obxecto de exame. No segundo, a partir dun texto ou textos propostos, a persoa aspirante deberá demostrar as súas capacidades de comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame.

d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Filosofía e Historia de España.

5. O segundo exercicio terá un carácter diferenciado en función da modalidade e itinerarios escollidos. Estruturarase en tres partes:

a) Primeira parte. Proba correspondente ás materias troncais xerais propias de cada modalidade e itinerario elixidos. Para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas das materias Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades realizaranse as probas das materias Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

b) Segunda parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción da modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante escollerá unha entre as seguintes opcións:

1. Física e Química e Física.

2. Física e Química e Química.

3. Debuxo Técnico I e II.

Para a modalidade e itinerarios de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante seleccionará unha entre as seguintes opcións:

1. Economía e Economía da Empresa.

2. Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía.

3. Grego I e II.

c) Terceira parte. Proba correspondente ás materias troncais de opción de modalidade elixida. Para a modalidade de Ciencias, a persoa aspirante elixirá unha entre as seguintes opcións:

1. Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía.

2. Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía.

Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, a persoa aspirante deberá realizar a proba correspondente ás materias de Literatura Universal e Historia da Filosofía.

11. Normas de realización da proba.

1º. Entre as 8.15 e as 8.30 horas realizarase o chamamento para o acceso aos espazos de realización da proba. Antes de entrar neles, as persoas aspirantes identificaranse debidamente con DNI, pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido que acredite a identidade e a idade da persoa aspirante.

2º. A sesión de mañá desenvolverase entre as 8.30 e as 14.30 horas e dedicarase á realización do primeiro exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 8.30 ás 11.30 horas: realizaranse as probas correspondentes ás materias Lingua Galega e Literatura I e II e Lingua Castelá e Literatura I e II. Ao comezo deste período, o tribunal repartirá as probas correspondentes a ambas as linguas entre as persoas aspirantes, para que estas dosifiquen o tempo dispoñible de acordo coas súas preferencias.

Parte 2, das 12.00 ás 13.30: realizarase a proba correspondente á Primeira Lingua Estranxeira I e II (inglés ou francés). Desenvolverase do seguinte modo:

a) Das 12.00 ás 12.30 horas terá lugar a parte da proba que avalía a comprensión oral, integrada por un exercicio ou exercicios de elección da resposta correcta entre varias opcións referidas aos contidos emitidos no audio ou audios propostos. O audio ou audios correspondentes ao exercicio ou exercicios propostos emitiranse tres veces.

b) Das 12.30 ás 13.30 horas terá lugar a parte da proba que avalía a comprensión e expresión escritas na lingua obxecto de exame, que poderá ser francés ou inglés.

Ao comezo desta parte, o tribunal repartirá entre as persoas aspirantes as probas correspondentes a ambos os períodos.

Parte 3, das 13.30 ás 14.30 horas: realizaranse as probas de Filosofía e Historia de España.

3º. A sesión de tarde desenvolverase entre as 16.30 e as 20.30 horas e dedicarase á realización do segundo exercicio. Organizarase en tres partes:

Parte 1, das 16.30 ás 18.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Matemáticas I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Humanidades, realizaranse as probas de Latín I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais no itinerario de Ciencias Sociais realizaranse as probas de Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II.

Parte 2, das 18.00 ás 19.00 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Física e Química e Física, as de Física e Química e Química e as de Debuxo Técnico I e II. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Economía e Economía da Empresa, as de Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía e as de Grego I e II.

Parte 3, das 19.30 ás 20.30 horas: para a modalidade de Ciencias, realizaranse as probas de Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía e as de Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía. Para a modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, realizaranse as probas de Literatura Universal e Historia de Filosofía.

4º. As persoas aspirantes poderán utilizar os seguintes materiais na realización da proba:

a) Nas materias que implican operacións numéricas (exames con contidos de matemáticas, matemáticas aplicadas ás ciencias sociais, física e química, física, química e economía) poderán utilizar unha calculadora científica, agás as que sexan programables, gráficas ou con capacidade para almacenar e transmitir datos.

b) Nas materias de latín e grego, dicionario desas linguas.

c) Na materia de debuxo técnico, portaminas ou lapis, goma, regra milimetrada, escuadro, cartabón e compás.

As persoas aspirantes non poderán utilizar durante a realización da proba teléfonos móbiles, reloxos intelixentes nin calquera outro dispositivo de almacenamento ou de transmisión de datos.

12. Publicación dos resultados e reclamacións.

1. O día 8 de maio de 2020 o tribunal fará pública a lista provisional das persoas avaliadas coas cualificacións positivas, por exercicios, no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela. Así mesmo, esta lista será accesible no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238.

2. Contra a cualificación provisional poderase presentar, na secretaría do centro onde se celebrou a proba, reclamación por escrito dirixida á presidencia do tribunal nos tres días hábiles posteriores á publicación das cualificacións, explicando o motivo da reclamación.

3. Transcorrido o prazo de reclamacións, elevarase a definitiva a lista de cualificacións, que será publicada o día 20 de maio de 2020 no taboleiro de anuncios do IES San Clemente de Santiago de Compostela e no portal web da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, no enderezo http://www.edu.xunta.gal/portal/node/1238.

4. Contra a lista definitiva de persoas avaliadas con cualificacións positivas na proba poderase interpoñer no prazo dun mes recurso de alzada ante a xefatura territorial correspondente da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, que esgotará a vía administrativa.

13. Certificación e expedición do título.

1. A acta de avaliación recollerá os resultados de cada un dos exercicios e, se é o caso, a validación destes (anexo VI).

2. O tribunal deixará tamén constancia das cualificacións obtidas polas persoas aspirantes nas diferentes partes do exercicio segundo, correspondente ás materias propias de cada modalidade (anexo VII), para os efectos da certificación mencionada no número 4 deste punto.

3. O tribunal utilizará os modelos que figuran nos anexos VIII e IX para expedir ás persoas aspirantes as certificacións de teren superado algún dos exercicios ou de seren propostos para a expedición do título de bacharel.

4. As persoas aspirantes que superen a proba serán propostas para a obtención do título de bacharel na modalidade correspondente ás materias de que realicen a proba ou na correspondente ás materias de modalidade validadas.

5. As persoas que superen os dous exercicios ou as que tivesen validado o primeiro exercicio e superen o segundo poderán solicitar unha certificación das cualificacións obtidas en cada unha das partes do segundo exercicio, para xuntala á documentación de solicitude de prazas en ensinanzas de ciclos de formación profesional de grao superior. O tribunal estenderá esa certificación segundo o modelo do anexo X.

6. Concluído o proceso de avaliación, a presidencia do tribunal remitirá a ficha estatística do anexo XI ao correo electrónico educadultos@edu.xunta.es do Servizo de Xestión Económica e Educación de Persoas Adultas da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa.

7. Concluído ese proceso de avaliación por parte do tribunal, as certificacións posteriores solicitadas polas persoas aspirantes serán asinadas polo director ou directora e polo secretario ou secretaria do centro onde se celebrou a proba.

Disposición derradeira única

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ED534A-G.pdf
ED534A-G.pdf
ED534A-G.pdf

ANEXO II

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2020

Lista de persoas aspirantes admitidas

Apelidos e nome

Inscrito/a para realizar

o exercicio

Validación do exercicio I coa cualificación seguinte (2)

Validación do exercicio II coa cualificación seguinte na
modalidade de

Exención de lingua galega (3)

I

(1)

II

(1)

Humanidades e Ciencias Sociais (2)

Ciencias

(2)

Artes

(2)

(1) Indíquese cunha cruz [X] a proba ou probas en que a persoa aspirante está inscrita.

(2) Cualificacións: nota numérica entre 5 e 10.

(3) Indíquese SI no caso de que se concedese unha exención solicitada e NON no caso contrario.

ANEXO II

(segunda parte)

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria de abril de 2020

Lista de persoas aspirantes excluídas

Apelidos e nome

Razón da exclusión

ANEXO III

Validación de exercicios da proba por grupos de materias
superadas no bacharelato

Primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais

Materias xerais superadas no bacharelato

Validación na proba

Lingua Galega e Literatura I e II

Lingua Castelá e Literatura I e II

Primeira Lingua Estranxeira I e II

Filosofía

Historia de España

Primeiro exercicio

Segundo exercicio: materias xerais propias e materias troncais de opción de cada modalidade.

(As persoas aspirantes que teñan superado unha materia doutra modalidade diferente á elixida deberán ter superado dúas materias de 2º curso da modalidade elixida).

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CIENCIAS

Materias superadas

Validación
na proba

Materias superadas

Validación
na proba

As materias xerais propias da modalidade e itinerario elixidos:

Segundo

exercicio

As materias xerais propias da modalidade:

Segundo

exercicio

HUMANIDADES

CIENCIAS SOCIAIS

- Matemáticas I

- Matemáticas II

- Latín I e II

- Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais I e II

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso.

* De segundo curso, obrigatoriamente, deberase ter superado a materia de Historia da Filosofía):

- Economía

- Grego I

- Historia do Mundo Contemporáneo

- Literatura Universal

- Economía da Empresa

- Grego II

- Xeografía

- Historia da Arte

- Historia da Filosofía

E catro destas materias (dúas de primeiro curso e dúas de segundo curso):

- Bioloxía e Xeoloxía

- Debuxo Técnico I

- Física e Química

- Bioloxía

- Debuxo Técnico II

- Química

- Física

- Xeoloxía

*Agás aquel alumnado que nos cursos académicos 2016/17 e 2017/18, na modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais, superou dúas materias de opción do bloque de materias troncais.

ANEXO III

(segunda parte)

ARTES

Materias superadas

Validación na proba

As materias troncais xerais propias da modalidade:

- Fundamentos da Arte I

- Fundamentos da Arte II

Segundo exercicio

E catro destas materias (dúas do primeiro curso e dúas do segundo curso):

- Cultura Audiovisual I

- Historia do Mundo Contemporáneo

- Literatura Universal

- Artes Escénicas

- Cultura Audiovisual II

- Deseño

ANEXO III

(terceira parte)

Validación do bloque de materias comúns e de modalidade da proba libre de bacharelato para persoas maiores de 20 anos ata o ano 2016 por bloques de materias xerais e de modalidade superadas a partir do ano 2017

Materias superadas

Validación na proba

Bloque de materias comúns superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Primeiro exercicio

Bloque de materias de modalidade superadas na proba libre de bacharelato ata 2016

Segundo exercicio

ANEXO IV

Número de persoas aspirantes inscritas para realizaren a proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos (convocatoria de abril de 2020)

Centro ................................................................................... Provincia ...............................

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

1º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

Inglés

Francés

2º EXERCICIO

Número de persoas aspirantes

2º EXERCICIO

HUMANIDADES
E CIENCIAS SOCIAIS

Nº de persoas aspirantes

CIENCIAS

Nº de persoas aspirantes

Parte 1

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Parte 1

Matemáticas (I e II)

Parte 2

Física e Química e Física

Latín (I e II)

Física e Química e Química

Parte 2

Economía e Economía da Empresa

Debuxo Técnico (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Parte 3

Bioloxía e Xeoloxía

e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

ANEXO V

Materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

CIENCIAS

Parte 1:

Matemáticas (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico (I e II)

Parte 3: escóllase unha destas dúas opcións

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

Parte 1: escóllase unha destas opcións

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Parte 2: escóllase unha destas tres opcións

Economía e Economía da Empresa

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Grego (I e II)

Parte 3: escóllase esta única opción

Literatura Universal e Historia da Filosofía

ANEXO VI

Modelo de acta de avaliación

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2020 Folla número _____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Datos estatísticos

1. Número de persoas aspirantes

2. Número de persoas aspirantes propostas para título

Número de orde

Apelidos e nome

Modalidade [1]

Idioma [2]

Cualificación

1º exercicio (Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais) [3]

Validación
1º exercicio
(materias comúns) [3]

Cualificación 2º exercicio (materias xerais propias de cada modalidade e materias troncais de opción) [3]

Validación 2º exercicio (materias de modalidade) [3]

Nota final [4]

Titula [5]

1) Escríbase: HCSH (Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades); HCSCS (Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais); CC(Ciencias); ART (Artes)

2) Escríbase: I (Inglés); F (Francés).

3) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 5 e 10, Non superado (NS), Non presentado (NP).

4) NOTA FINAL: media aritmética dos exercicios, expresada con dous decimais.

5) TITULA: escribir SI ou NON.

A presente acta comprende ... persoas aspirantes e acaba con ...

..., ... de ... de 2020

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VII

Modelo de lista de cualificacións de materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario elixidos e materias troncais de opción

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Convocatoria: abril 2020 Folla ___ Número _____

Centro onde se realizaron as probas:

Localidade:

Número de orde

Modalidade de Humanidades e Ciencias Sociais

Modalidade de Ciencias

Apelidos e nome

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Latín (I e II)

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Economía e Economía da Empresa

Grego I e II

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Matemáticas I e II

Física e Química e Física

Física e Química e Química

Debuxo Técnico I e II

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 0 e 10, sen decimais; Non presentado (NP).

..., ... de ... de 2020

Visto e prace O/a presidente/a Vogais O/a secretario/a do tribunal

ANEXO VIII

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do 20 de xaneiro de 2020

Certificado

Don/dona ..............................................................................................................................
secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2020, celebrada no centro ........................................................................................................................... (consígnese centro e localidade)

Certifica:

Que don/dona.......................................................................................................................,
con DNI ..........................................................., ten superado (1) .........................................
da proba coa cualificación que se expresa (2)..............................

(1) Indíquese «o primeiro exercicio: Lingua Galega e Literatura I e II e materias troncais xerais» ou «o segundo exercicio: materias xerais propias de cada modalidade e itinerario e materias troncais de opción».

(2) Indíquese a cualificación correspondente.

..., ... de ... de 2020

Visto e prace O/a presidente/a O/a secretario/a do tribunal

ANEXO IX

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

– Orde do 10 de febreiro de 2012 modificada pola Orde do 22 de decembro de 2016

– Resolución do 20 de xaneiro de 2020

Certificado

Don/dona ..............................................................................................................................secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2020, celebrada no centro ........................................................................................................................... (consígnese centro e localidade)

Certifica:

Que don/dona.......................................................................................................................,
con DNI ..........................................................., ten superado os dous exercicios que integran a proba na modalidade de (1) ......................................... coa cualificación que se expresa ......................................... e que, unha vez aboadas as taxas correspondentes, será proposto/a para a expedición do título de bacharel.

(1) Indíquese a modalidade e itinerario. Escríbase: Ciencias; Humanidades e Ciencias Sociais: Humanidades; Humanidades e Ciencias Sociais: Ciencias Sociais; Artes.

..., ... de ... de 2020

Visto e prace O/a presidente/a O/a secretario/a do tribunal

ANEXO X

Don/dona ..............................................................................................................................
secretario/a do tribunal da proba para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na convocatoria de abril de 2020, celebrada no centro ......................................................................................................................... (consígnese centro e localidade)

Certifica:

Que don/dona........................................................................................................................,
con DNI .........................................................., obtivo as seguintes cualificacións no segundo exercicio, das materias troncais xerais propias da modalidade e itinerario e materias troncais de opción:

MODALIDADE DE HUMANIDADES E CIENCIAS SOCIAIS

CUALIFICACIÓN *

MODALIDADE DE CIENCIAS

CUALIFICACIÓN *

Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais (I e II)

Matemáticas (I e II)

Latín (I e II)

Economía e Economía da Empresa

Física e Química e Física

Historia do Mundo Contemporáneo e Xeografía

Física e Química e Química

Grego (I e II)

Debuxo Técnico (I e II)

Literatura Universal e Historia da Filosofía

Bioloxía e Xeoloxía e Bioloxía

Bioloxía e Xeoloxía e Xeoloxía

(*) CUALIFICACIÓNS: nota numérica entre 4 e 10, sen decimais.

..., ... de ... de 2020

Visto e prace O/a presidente/a O/a secretario/a do tribunal

ANEXO XI

Estatística xeral

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos

Centro: Localidade: Provincia:

Data de realización da proba: 24 de abril de 2020

Número total de persoas aspirantes inscritas ...

Número total de persoas aspirantes presentadas ...

Número total de persoas aspirantes cun exercicio superado ...

Número total de persoas aspirantes propostas para título ...

1. Número total de persoas aspirantes presentadas, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

2. Persoas con necesidades educativas especiais, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

3. Número total de persoas aspirantes presentadas que se propoñen para a obtención do título de bacharel, segundo idade e sexo.

Ata 25

26-35

36-45

46-55

56-65

Máis de 65

Homes

Mulleres

Total

(Selo do centro)