Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 834/2019).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento DSP 834/2019, seguido por instancia de María Alejandra Navarro contra Mounting Blog, S.L., con intervención do Fogasa, sobre despedimento, se ditou a Sentenza 22/2020, do 2 de xaneiro, que se estima e contra a cal cabe interpor recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza, que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da publicación deste edicto. Ditouse, así mesmo, o auto de aclaración, do 10 de xaneiro de 2020, contra o cal non cabe interpor recurso. Os textos íntegros das resolucións están á disposición dos interesados no propio xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Mounting Blog, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir a forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza