Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 24 Mércores, 5 de febreiro de 2020 Páx. 7771

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo 1. Dar publicidade da relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) no terceiro cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo I a esta resolución.

Artigo 2. Así mesmo, e para os efectos de completar a Resolución do 23 de maio de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 106, do 6 de xuño) e a Resolución do 11 de setembro de 2019 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2019 (DOG núm. 179, do 20 de setembro), dáse publicidade dos convenios de colaboración pendentes de publicar subscritos nos ditos cuadrimestres polo IGVS, que se incorporan como anexos II e III a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de xaneiro de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO I

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no terceiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Acordo de adhesión do Concello de Oia ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

0,00 €

16.9.2019

Acordo de adhesión do Concello de Cortegada ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

0,00 €

16.9.2019

Acordo de adhesión do Concello de Cerceda ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

0,00 €

30.9.2019

Acordo de adhesión do Concello de Porqueira ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

0,00 €

8.10.2019

Acordo de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Valedor do Pobo para o intercambio de información en relación cos afectados por procedementos de execucións hipotecarias e desafiuzamentos por falta de pagamento de rendas.

0,00 €

11.10.2019

Acordo de adhesión do Concello de San Xoán de Río ao Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e a Federación Galega de Municipios e Provincias para o desenvolvemento do Programa de vivendas baleiras no ámbito do Plan galego de rehabilitación, alugamento e mellora de acceso á vivenda 2015-2020.

0,00 €

11.10.2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Mondoñedo para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

450.000,00 €

14.10.2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Rubiá para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

178.000,00 €

17.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Núcleo urbano de Quiroga, 7ª fase (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

27.484,09 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona antiga de Chantada, 14ª fase (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

34.950,63 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Concello rural de Sober, 5ª fase (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

45.360,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona antiga e zona ampliada de Vilalba, 14ª fase (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

45.306,81 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona histórica de Viveiro, 17ª fase (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

88.000,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona antiga de San Cristovo de Ribadavia, 6ª fase (Ourense). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

13.300,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona histórica de Ribadavia, 16ª fase (Ourense). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

56.550,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona histórica de Bouzas en Vigo, 12ª fase (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

20.968,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Rúas Bueu-Moaña, polígono Coia en Vigo, 4ª fase (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

48.966,47 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana. Zona vella de Vigo, 17ª fase (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

69.114,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á promoción de 5 vivendas en alugamento na Coruña (A Coruña). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

0,00 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á promoción de 40 vivendas en alugamento en Ribadeo (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

27.498,80 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á promoción de 11 vivendas en alugamento en Sarria (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

12.317,31 €

22.10.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 22 de outubro de 2019, relativo á promoción de 40 vivendas en alugamento en Sarria (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

905.851,06 €

22.10.2019

Convenio de colaboración entre o Instituto da Vivenda e Solo e o Concello de Celanova para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

252.321,11 €

29.10.2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Outeiro de Rei para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

80.000,00 €

7.11.2019

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Ribeira para o acceso ao Fondo de Cooperación para o apoio ao financiamento de actuacións de rehabilitación e conservación do patrimonio construído en concellos de menos de 50.000 habitantes.

244.943,68 €

7.11.2019

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral do 26 de outubro de 2017, relativo á área de rexeneración e renovación urbana núcleo histórico de Mondoñedo e barrios históricos de San Lázaro e Os Muíños (Lugo). Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

0,00 €

7.11.2019

Modificación do Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Concello de Vigo polo que se prorroga a vixencia do Consorcio da zona vella de Vigo para o incremento do financiamento das actividades do consorcio durante os anos 2020 e 2021.

400.000,00 €

9.12.2019

ANEXO II

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 12 de abril de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana e rural denominada Camiños de Santiago, 5ª fase, nas provincias da Coruña, Lugo, Ourense e Pontevedra. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

500.000,00 €

12.4.2019

Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 12 de abril de 2019, relativo á área de rexeneración e renovación urbana e rural do Parque Nacional das Illas Atlánticas, 1ª fase. Comunidade Autónoma de Galicia. Plan estatal de vivenda 2018-2021. Anualidade 2019.

50.000,00 €

12.4.2019

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 17 de decembro de 2010, relativo á declaración da área de rehabilitación integral dos camiños de Santiago na Comunidade Autónoma de Galicia.

0,00 €

12.4.2019

ANEXO III

Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no segundo cuadrimestre do ano 2019

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de
sinatura

Addenda para a modificación do Acordo da Comisión Bilateral que tivo lugar o 26 de outubro de 2017 relativo á área de rexeneración e renovación urbana do núcleo histórico de Tui (Pontevedra). Comunidade Autónoma de Galicia. Prórroga do Plan estatal de fomento do alugamento de vivendas, a rehabilitación edificatoria e a rexeneración e renovación urbanas 2013-2016.

0,00 €

20.6.2019