Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANUNCIO do 16 de xaneiro de 2020 polo que se notifica a varias persoas interesadas a resolución de cesión temporal de predios con vocación agraria e o requirimento de documentación.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentar a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución de cesión temporal de predios con vocación agraria e o requirimento de documentación.

A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU).

As persoas interesadas poden coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias de Agader (lugar da Barcia, nº 56, Laraño, Santiago de Compostela), desde as 9.00 ata as 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2020

Miguel Ángel Pérez Dubois
Director xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural

ANEXO

Expediente

Procedemento

DNI da persoa interesada

Acto que se notifica

20081500787-2011-2129

Cesión de predios do Banco de Terras de Galicia

32683345T

Notificación da resolución de cesión temporal de predios

20083600177-2017-7547

Cesión de predios do Banco de Terras de Galicia

33288372N

Requirimento de documentación para formalizar a cesión temporal de predios