Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7495

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Resolución do 17 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Medio Rural, pola que se fai pública a convocatoria mediante o procedemento aberto con criterio único (prezo) para un alleamento de madeiras na provincia de Lugo.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 19, do 29 de xaneiro de 2020, cómpre facer a seguinte corrección:

Na páxina 5874, no sétimo parágrafo, onde di: «O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 5 % do prezo de taxación», debe dicir: «O adxudicatario constituirá a fianza definitiva do 5 % do prezo de adxudicación».

Esta corrección de erros non modifica os prazos indicados na devandita resolución.