Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 23 Martes, 4 de febreiro de 2020 Páx. 7314

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

EXTRACTO da Resolución do 30 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía, para as persoas residentes na Arxentina, Uruguai e Venezuela, o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 11 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se regulan e se convocan as subvencións do Programa de axudas económicas individuais para persoas residentes no exterior para o ano 2020.

BDNS (Identif.): 494273.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primero. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación das solicitudes para as persoas residentes na Arxentina, Uruguai e Venezuela rematará o 19 de febreiro de 2020.

Santiago de Compostela, 30 de xaneiro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración