Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 22 Luns, 3 de febreiro de 2020 Páx. 7157

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa xuntanza do 26 de novembro de 2019, acordou por unanimidade dos membros asistentes aprobar as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Empresarial, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, e facultou ao director xeral para a súa convocatoria, a aprobación dos créditos e a publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial e convocar para o ano 2020 as ditas axudas en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408A).

Esta convocatoria finánciase no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante. En particular:

Obxectivo temático 03: mellorar a competitividade das pemes, do sector agrícola (no caso do FEADER) e do sector da pesca e a acuicultura (no caso do FEMP).

Prioridade de investimento 03.04: apoio á capacidade das pemes para crecer nos mercados rexionais, nacionais e internacionais e para implicarse en procesos de innovación.

Obxectivo Específico 03.04.01: promover o crecemento e a consolidación das pemes, en particular mellorando o seu financiamento, tecnoloxía e acceso a servizos de apoio avanzados; incluíndo os sectores agrícola, pesqueiro, mariño, marítimo e turístico, así como ás peme (...).

Actuación 3.4.1.3: apoio a proxectos de investimento empresarial para promover o crecemento e consolidación das pemes.

Campo de intervención CE001: investimento produtivo xenérico en pemes.

Liña de actuación 07: apoio financeiro a proxectos de investimento empresarial.

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento da resolución de concesión.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes de axuda comezará o día seguinte á publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Cuarto. O crédito dispoñible para concesións nesta convocatoria aboarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

Ano 2022

2017 00014

09.A1.741A.7701

3.000.000 €

3.000.000 €

3.000.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo da declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento:

O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será de 5 meses desde a data de presentación de solicitude de axuda e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión de axuda.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida na resolución de concesión, sen que nunca poida exceder do 30 de setembro de 2022.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento no prazo dun mes desde a finalización do prazo de execución fixado na resolución de concesión, cos seguintes límites:

– Para aqueles proxectos cuxo prazo de execución remate entre o 10 e o 30 de setembro de 2020, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 10 de outubro de 2020.

– Para aqueles proxectos cuxo prazo de execución remate entre o 10 e o 30 de setembro de 2021, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 11 de outubro de 2021.

– Para aqueles proxectos cuxo prazo de execución remate entre o 12 e o 30 de setembro de 2022, o beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento como máximo o 10 de outubro de 2022.

O prazo para solicitar anticipos será de tres meses desde a data da notificación da resolución de concesión.

Sexto. Os requisitos das letras c), e), f), h), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras das axudas aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

O Igape, no cumprimento das súas funcións, desempeña un papel esencial no desenvolvemento de programas e iniciativas que contribúen a acadar os obxectivos económicos estratéxicos da comunidade galega.

O obxecto das axudas reguladas nestas bases é o de estimular a posta en marcha de proxectos de investimento empresarial en Galicia, coa finalidade principal de dinamizar a actividade económica na Comunidade Autónoma e potenciar o mantemento e creación de emprego, así como a innovación, a través do desenvolvemento e mellora das empresas existentes, así como coa creación e posta en marcha de novas iniciativas empresariais.

Así mesmo, preséntase como un instrumento axeitado para incidir no desenvolvemento da industria, en liña coa Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0, aprobada polo Consello da Xunta de Galicia en data do 13 de maio de 2015.

Por outra banda, respectando a horizontalidade, as axudas focalízanse nos sectores con maior capacidade de xerar valor engadido e de provocar un efecto tractor sobre o resto de actividades.

Continuando coa aposta polos proxectos innovadores xa incorporada na convocatoria anterior de Galicia Inviste, mantense a subvencionabilidade dos proxectos levados a cabo por pemes que desenvolvan calquera actividade –excepto as excluídas pola regulamentación comunitaria– que teñan carácter innovador, o que deberá quedar acreditado mediante o correspondente informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) e, co mesmo obxectivo de potenciar a importancia da innovación na actividade empresarial, introdúcese como novidade que estes proxectos terán a máxima puntuación no criterio de creación de emprego, con independencia de si o crean ou non.

Tamén como un aspecto novidoso da convocatoria, incorpórase a posibilidade de que os proxectos de pequena dimensión, que se supón teñen mais dificultades para ser financiados, poidan solicitar un anticipo do 50 % da axuda, co límite de 18.000 €, sen necesidade de constituír garantías.

Con carácter xeral as presentes bases ampáranse nas Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para o período 2014-2020 e no Regulamento (UE) nº 651/2014 da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado CE.

Segundo o establecido no artigo 19.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, exclúese o réxime de concorrencia competitiva no procedemento de concesión das axudas. As subvencións outorgaranse a aqueles solicitantes que cumpran os requisitos establecidos nestas bases ata o esgotamento dos créditos habilitados o que, de ser o caso, publicarase no Diario Oficial de Galicia.

Xustifícase a excepcionalidade por canto nestes casos non é necesaria a comparación de proxectos entre si, polo interese especial de promover calquera proxecto de investimento empresarial que, cumprindo os requisitos especificados nas presentes bases se poidan levar adiante en Galicia. Así mesmo, a concorrencia non competitiva é o mecanismo que permite que os proxectos subvencionables poidan ser atendidos en todo momento, mantendo a posibilidade de solicitude aberta de xeito continuo.

Artigo 1. Proxectos obxecto de apoio

1. Estas axudas teñen como obxecto subvencionar aqueles proxectos de investimento en activos fixos vinculados a algunha das seguintes tipoloxías:

1.1. Creación dun novo establecemento.

1.2. Ampliación de capacidade dun establecemento existente.

1.3. Diversificación da produción dun establecemento existente en produtos que anteriormente non se producían no mesmo.

1.4. Transformación fundamental do proceso global de produción dun establecemento existente. Estes proxectos suporán a implementación dunha innovación no proceso global de produción que impliquen o uso por primeira vez de métodos de organización que inclúan melloras nas rutinas e procedementos de xestión do traballo, dos sistemas de produción ou a integración de áreas funcionais da empresa.

1.5. No sector da hostaleira só serán subvencionables os seguintes proxectos de investimento:

– A creación de novos establecementos hoteleiros coas seguintes categorías mínimas: hoteis de catro estrelas, cando os novos establecementos estean ubicados nos termos municipais de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago ou Ferrol, ou hoteis de tres estrelas no resto de localizacións.

– En establecementos hoteleiros xa existentes, os investimentos necesarios para incrementar a categoría preexistente, sempre que a categoría acadada co investimento sexa igual ou superior ás indicadas no parágrafo anterior para as zonas xeográficas indicadas.

2. Dimensión do proxecto de investimento:

O investimento subvencionable deberá ser igual ou superior a 50.000 € e non superior a 2.000.000 €, excluíndo impostos, taxas e arbitrios.

No caso dos proxectos do apartado 1.3. anterior, o investimento subvencionable deberá, ademais, superar o 200 % do valor neto contable dos activos que se reutilizan, de acordo cos rexistros do balance de situación ao fin do exercicio económico anterior ao comezo do proxecto.

Artigo 2. Procedemento e réxime de aplicación

1. O procedemento de concesión destas subvencións tramitarase en réxime de concorrencia non competitiva.

2. Non se poderán outorgar subvencións por contía superior á que se determine na presente convocatoria, salvo que se realice unha nova convocatoria ou se produza un incremento de créditos derivados dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; ou da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito, a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo, ao abeiro do disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007.

3. Estas axudas ampáranse no artigo 14 do Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior (DOUE L 187, do 26 de xuño) (en diante, Regulamento (UE) nº 651/2014).

4. Esta convocatoria de axudas finánciase no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, que ten unha taxa de cofinanciamento do Feder do 80 %, computándose como cofinanciamento nacional o investimento privado elixible dos beneficiarios polo 20 % restante, en particular: obxectivo temático 03, prioridade de investimento 03.04, obxectivo específico 03.04.01, actuación 3.4.1.3, campo de intervención CE001 e liña de actuación 07; e están sometidas ás obrigas de información e difusión establecidas na regulamentación da UE, en particular ás establecidas no anexo XII, apartado 2.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013) (en diante, Regulamento (UE) nº 1303/2013).

5. Os indicadores do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 correspondentes a estas axudas son os seguintes:

– Indicador de produtividade C001–Número de empresas que reciben axudas.

– Indicador de produtividade C002–Número de empresas que reciben subvencións.

– Indicador de resultado R341G–Empresas medianas (entre 50 e 249 traballadores asalariados).

Artigo 3. Concorrencia con outras axudas ou subvencións públicas

1. Estas axudas son compatibles con outras axudas ou subvencións públicas sempre que a contía das axudas acumuladas non supere a contía establecida no artigo 8 destas bases. Non obstante, estas axudas están suxeitas ao réxime de incompatibilidades establecido no artigo 65.11 do Regulamento (UE) 1303/2013, modificado polo Regulamento (UE EURATOM) nº 218/1046, de xeito que unha operación poderá recibir axuda dun ou varios Fondos EIE ou dun ou varios programas e de outros instrumentos da Unión, a condición de que o gasto declarado nunha solicitude de pago correspondente a un dos Fondos EIE non se declare para solicitar axuda doutro Fondo ou instrumento da Unión, ou axuda do mesmo Fondo no marco dun programa operativo distinto. O importe do gasto que deberá consignarse nunha solicitude de pago dun Fondo EIE pode ser calculado para cada Fondo EIE e para o programa ou programas de que se trate a pro rata, conforme ao documento no que se establezan as condicións da axuda.

2. A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan axiña como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa das accións realizadas. Antes de conceder e pagar a axuda, deberá constar no expediente unha declaración sobre calquera axuda recibida para este mesmo proxecto. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 4. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarias destas axudas as pequenas e medianas empresas (pemes), segundo a definición establecida pola Comisión Europea no Anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014, calquera que sexa a súa forma xurídica, polo que tamén poderán acceder á condición de beneficiario as agrupacións de persoas físicas ou xurídicas, públicas ou privadas, as comunidades de bens ou calquera outro tipo de unidade económica ou patrimonio separado que, aínda carecendo de personalidade xurídica, poidan levar a cabo os proxectos, as actividades ou os comportamentos ou se atopen na situación que motiva a concesión da subvención. Neste caso deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude coma na resolución de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe de subvención que se vai aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único da agrupación, con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición previsto nos artigos 35 e 63 da Lei 9/2007.

Ademais deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Que proxecten levar a cabo un investimento nun centro de traballo localizado na Comunidade Autónoma de Galicia para desenvolver algunha das actividades subvencionables que se sinalan nestas bases.

b) Que acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de polo menos un 25 % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

2. Non poderán ter a condición de beneficiarias:

a) As empresas que propoñan un proxecto para unha actividade pertencente a un sector excluído segundo o disposto no artigo 5.1. das presentes bases.

b) As empresas que estean suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

c) As empresas en crise, de acordo coa definición establecida no apartado 18 do artigo 2 do Regulamento (UE) nº 651/2014.

d) As empresas nas que concorra algunha das circunstancias previstas no artigo 10.2 e 3 da Lei 9/2007, ou incumpran as obrigas do artigo 11 da citada Lei.

3. O Igape realizará as comprobacións documentais necesarias para garantir que as empresas beneficiarias teñen a condición de peme, segundo a definición establecida pola Comisión Europea no anexo I do referido Regulamento (UE) nº 651/2014, e que non incorren en ningunha das circunstancias enumeradas no apartado 18 do artigo 2, do mesmo texto normativo, para considerar unha empresa en crise.

Artigo 5. Actividades subvencionables

1. Serán subvencionables os investimentos realizados para o desenvolvemento de actividades relacionadas no anexo II destas bases, excluíndose as seguintes:

a) As recollidas no ámbito de aplicación do Regulamento (UE) nº 1388/2014 da Comisión, do 16 de decembro de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axudas a empresas dedicadas á produción, transformación e comercialización de produtos da pesca e da acuicultura compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea.

b) As actividades de produción e comercialización dos produtos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea e as actividades de transformación de productos agrícolas enumerados no anexo I do Tratado de Funcionamento da Unión Europea en productos agrícolas enumerados no dito anexo I.

c) As actividades do sector do aceiro, do sector do carbón, do sector da construción naval, do sector das fibras sintéticas, do sector do transporte, así como as infraestruturas conexas e a produción e distribución de enerxía e as infraestruturas enerxéticas.

2. Serán subvencionables, así mesmo, os proxectos de carácter innovador levados a cabo por pemes que desenvolvan calquera actividade, excepto as relacionadas nas letras a), b) e c) do apartado 1 do presente artigo. A estes efectos, para que a actividade poida considerarse subvencionable, será preceptivo o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) que acredite o carácter innovador do proxecto.

Artigo 6. Investimento subvencionable

1. Serán subvencionables os investimentos en activos fixos que cumpran os requisitos establecidos pola Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables do programa operativo do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, que estean vinculados ao proxecto e que se materialicen nos conceptos que se relacionan a continuación.

Estes conceptos estarán suxeitos, no seu caso, aos límites máximos de custo subvencionable establecidos nos módulos recollidos no anexo III:

1º. Obra civil (nova construción, reforma ou rehabilitación): acondicionamento e urbanización, oficinas, laboratorios, servizos sociais e sanitarios do persoal, almacenamento de materias primas, edificios de produción, edificios de servizos industriais, almacenamento de produtos terminados e outras obras, levadas a cabo en instalacións ou terreos propiedade do solicitante, ou sobre os que o solicitante teña un dereito de superficie ou unha concesión administrativa –outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante– cunha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

2º. Adquisición de edificacións ou construcións novas ou usadas. Unicamente será subvencionable o valor da construción; non será subvencionable o valor do terreo. A tal efecto, deberá indicarse, separadamente, a parte do prezo de adquisición que corresponde ao solo e a que corresponde á construción. O prezo de adquisición non poderá superar o valor de mercado, polo que se deberá aportar informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada do inmoble que recolla a dita desagregación. O importe da construción que se poderá considerar como subvencionable será o menor entre o importe indicado no informe de taxación e o valor de adquisición.

Admitirase a adquisición da edificación ou construción sen terreo ou solo cando exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa dos que a solicitante pase a ser titular –outorgados por entidades non vinculadas ao solicitante– cunha vixencia mínima de 5 anos, a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas, ademais, estas non poderán ter sido obxecto de ningunha subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

3º. Bens de equipo: maquinaria de proceso, instalacións específicas para a actividade subvencionable, equipos e medios de transporte interno, vehículos especiais de transporte externo, medios de protección do ambiente e outros bens de equipamento.

4º. Outros investimentos en activos fixos materiais incluíndo mobiliario. En ningún caso se subvencionarán os vehículos de transporte externo que non teñan a consideración de vehículo especial.

5º. Activos intanxibles relacionados directamente co proceso produtivo (ou co de prestación de servizos, se é o caso) que cumpran os seguintes requisitos:

1) Empregaranse exclusivamente no establecemento beneficiario da axuda.

2) Deben ter a consideración de activos amortizables.

3) Deberán ser adquiridos a terceiros non relacionados co comprador en condicións de mercado.

4) Figurarán no activo da empresa e permanecerán no establecemento beneficiario da axuda durante un período mínimo de 3 anos.

6º. Os custos de reformas de instalacións levadas a cabo en bens inmobles arrendados. O arrendamento deberá ter unha vixencia mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

7º. As empresas que presenten proxectos de carácter industrial (manufactureiras) deberán de acadar a seguinte simetría entre o investimento subvencionable infraestrutural (obra civil e adquisición de inmobles), que denominaremos “O” e o investimento subvencionable en bens de equipo, que denominaremos “M”: o importe máximo que se subvencionará no conxunto de investimento “O” será de 3 X “M”.

2. Os activos adquiridos deberán ser novos, excepto no caso previsto no punto 2º do apartado 1 anterior, no que poderán ser usados.

3. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade polo beneficiario, admitíndose expresamente, a estes efectos, a obra civil en terreos sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou as reformas de instalacións en inmobles alugados previstas nos puntos 1º e 6º, respectivamente, do apartado 1 anterior. No caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pagamento aprazado, estes deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes do remate do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pagamento das cantidades aprazadas.

4. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos a terceiros. Os provedores non poderán estar asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

5. Quedan excluídos dos investimentos subvencionables:

• Os investimentos de reposición ou mera substitución de elementos, salvo que a nova adquisición corresponda a elementos distintos dos anteriores, ben pola tecnoloxía usada ou polo seu incremento de rendemento manifesto, que estean vinculados coa tipoloxía do proxecto subvencionable.

• Os investimentos non directamente relacionados e vinculados coa tipoloxía de proxecto a executar, segundo as modalidades definidas no artigo 1 destas bases.

• Os custos de traslado de bens equipo que xa sexan propiedade da empresa e non formen parte do proxecto de investimento a realizar.

• As custos de adaptacións á normativa vixente, salvo as directamente relacionadas cos elementos obxecto de investimento.

Artigo 7. Condicións dos proxectos

1. Naqueles casos de subvención ás construcións por cambio de localización dentro da Comunidade Autónoma de Galicia, o coste subvencionable máximo será o que resulte da diferenza entre o prezo de adquisición dos novos activos, unha vez aplicados os módulos e criterios recollidos no Anexo III, e o valor dos da antiga localización, segundo informe de taxación subscrito por sociedade de taxación homologada, sempre e cando as instalacións que se abandonen sexan propiedade do solicitante ou dos seus socios maioritarios, directa ou indirectamente. Se dentro do prazo de execución do proxecto, ou do de mantemento dos investimentos, establecidos na resolución de concesión, fosen alleadas as instalacións da antiga localización do solicitante, e o importe neto da venda resultase superior ao da taxación homologada que se tivo en conta para os efectos do cálculo da subvención, deberá notificarse ao Igape tan pronto se produza a transmisión e procederase ao reaxuste o importe da subvención concedida.

2. A axuda solicitada debe supoñer un efecto incentivador para o proxecto presentado. Existe efecto incentivador cando a axuda cambia o comportamento da empresa de modo que esta non emprendería o proxecto obxecto de solicitude sen a axuda, ou que só a emprendería dunha maneira limitada ou diferente. A axuda non debe subvencionar os custos dunha actuación en que a empresa incorrería en calquera caso.

Para tal efecto, antes de iniciar o proxecto, o solicitante deberá ter presentado a solicitude da axuda. Ningún dos custos alegados sobre os que se solicita subvención poderán ser incorridos con carácter previo á solicitude; de ser así, a totalidade do proxecto será considerado non subvencionable, de acordo coa exixencia de efecto incentivador previsto no artigo 6 do Regulamento (UE) nº 651/2014, da Comisión.

Considérase que o proxecto xa foi iniciado cando exista un primeiro compromiso en firme para a execución das obras ou para a adquisición dalgún dos elementos integrantes do proxecto, entendéndose por proxecto calquera dos investimentos comprendidos na solicitude da axuda. Neste sentido, considérase que existe compromiso en firme no caso da existencia dun contrato ou oferta asinado entre as partes, ou da existencia dun pedido, para calquera dos elementos subvencionables.

Para estes efectos, a compra dos terreos e determinados traballos preparatorios, como a obtención de permisos ou a realización de estudos previos de viabilidade, non se consideran inicio dos traballos.

3. O período de execución dos investimentos subvencionables denomínase prazo de execución do proxecto e abarcará desde a data de presentación da solicitude ata o remate do prazo establecido na resolución de concesión. Este prazo estará baseado no proposto polo solicitante no plan de investimentos e, en todo caso, rematará dentro dos 12 meses seguintes á data de notificación da resolución de concesión, sen que poida exceder o prazo máximo de execución establecido na resolución de convocatoria. Calquera investimento realizado fóra deste período non será subvencionable.

4. Cando o importe subvencionable dos elementos que se van adquirir a un mesmo provedor supere as contías establecidas na Lei 9/2017, de 8 de novembro, de contratos do sector público, (importe igual ou superior a 15.000 € no caso de prestación do servizo ou adquisición do ben e importe igual ou superior a 40.000 € no caso de execución de obra, no momento de publicar estas bases) o beneficiario deberá solicitar, como mínimo, tres ofertas de diferentes provedores independentes (do solicitante e entre si) con carácter previo á contratación da execución da obra, da prestación do servizo ou da adquisición do ben, agás que polas súas especiais características non exista no mercado suficiente número de provedores que as realicen, presten ou subministren. Neste caso, presentarase un escrito acreditativo desta circunstancia, asinado polo representante legal ou por un experto independente.

As ofertas ou orzamentos de provedores deberán conter, como mínimo, os datos identificativos do emisor e do destinatario (razón social, domicilio e número ou código de identificación fiscal), a data de emisión do documento, o importe por concepto (especificando si inclúe ou non o IVE) e a descrición técnica dos elementos ofertados (podendo incorporar anexos coa documentación comercial dos elementos ou as súas especificacións técnicas).

5. En ningún caso o custo de adquisición dos investimentos subvencionables poderá ser superior ao valor de mercado.

6. Non serán subvencionables os proxectos de investimento vinculados a un contrato de xestión de servizos públicos.

Artigo 8. Contía da axuda

A contía da axuda será o resultado de multiplicar a porcentaxe de subvención aprobada polo importe do investimento subvencionable, segundo o disposto no artigo 6.

A porcentaxe de subvención aprobada será a suma das porcentaxes obtidas na baremación dos seguintes criterios:

1. Tamaño da empresa: determinarase de acordo co establecido no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

Concederanse 24 puntos porcentuais no caso de pequenas empresas e 15 puntos porcentuais no caso de medianas empresas.

2. Mantemento do emprego na Comunidade Autónoma de Galicia: determinarase en base á cifra de traballadores con contrato indefinido na data de presentación de solicitude da axuda (estrutura fixa de persoal da empresa).

Concederanse 3 puntos porcentuais, con carácter xeral, por mantemento de emprego.

3. Creación de emprego estable na Comunidade Autónoma de Galicia: determinarase en base ao compromiso de creación neta de postos de traballo con carácter indefinido durante o prazo de execución do proxecto.

a) Concederanse:

– 2 puntos porcentuais pola creación de cada posto de traballo (3 puntos no caso de persoas discapacitadas) no caso de microempresas, cun máximo de 3 puntos porcentuais;

– 1 punto porcentual pola creación de cada posto de traballo (2 puntos no caso de persoas discapacitadas) no caso do resto das pequenas empresas, cun máximo de 3 puntos porcentuais;

– 0,5 puntos porcentuais pola creación de cada posto de traballo (1 punto no caso de persoas discapacitadas) no caso de medianas empresas, cun máximo de 2 puntos porcentuais.

Consideraranse persoas discapacitadas as que acrediten un grado de discapacidade igual ou superior ao 33 % recoñecida polo órgano competente.

b) No caso de novos establecementos nos que non exista emprego que manter e, por tanto, a puntuación do criterio 2 anterior sería igual a cero, os límites máximos de puntuación no presente criterio de creación de emprego serán de 6 puntos porcentuais no caso das pequenas empresas e 5 puntos porcentuais no caso das medianas empresas.

Os proxectos de carácter innovador, acreditado mediante o informe da Axencia Galega de Innovación (Gain) ao que se fai referencia no apartado 4. do artigo 5 destas bases, obterán a puntuación máxima deste criterio con independencia de se crean ou non emprego.

Aos efectos de mantemento e creación de emprego, computarase como 1 posto de traballo os derivados de contratos a tempo completo. No caso de contratos a tempo parcial, computarase a equivalencia correspondente da xornada efectiva respecto á xornada completa.

En todo caso, a intensidade máxima de axuda será de 30 puntos porcentuais no caso das pequenas empresas e de 20 puntos porcentuais no caso das medianas empresas.

Artigo 9. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. Forma e lugar de presentación das solicitudes:

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita a subvención, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es. Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de axuda.

No devandito formulario, a persoa representante deberá realizar as seguintes declaracións relativas á entidade solicitante:

a) Que asumirá a aplicación de medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión, así como a obriga de comunicar ao órgano xestor os casos de sospeita de fraude.

b) Que cumprirá a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións, cando proceda.

c) Que non pode ser considerada unha empresa en crise conforme ao disposto no artigo 2.18 do Regulamento (UE) 651/2014.

d) Que ten capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir os obxectivos do proxecto para o que se solicita a axuda.

e) Que cumpre cos criterios de definición de peme, segundo a definición establecida no anexo I do Regulamento (UE) nº 651/2014.

f) Que non iniciou os investimentos e que non existe acordo irrevogable para realizar o proxecto.

g) Que manterá un sistema de contabilidade separada ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados con fondos Feder.

h) Que conservará os libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos gastos e investimentos subvencionables durante un período de tres anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas anuais nas que estean incluídos os gastos da operación, ou dous anos no caso de operacións cun investimento subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída (art. 125.4.d e 140.1 do Regulamento 1303/2013).

i) Que terá unha permanencia mínima ininterrompida na actividade e manterá as infraestruturas e equipamentos subvencionados destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu a subvención durante o período de 5 ou 3 anos segundo o establecido no artigo 16.a) das bases reguladoras.

j) Que os provedores non están asociados nin vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores, entendéndose esta vinculación nos termos especificados no artigo 43.2 do Decreto 11/2009.

2. A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (anexo I) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, e concederáselles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal teráselles por desistidos da súa petición, previa resolución de arquivo.

No caso de presentala de xeito presencial, o Igape requirirá ao solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considerarase como data de presentación da solicitude aquela en que fose realizada a emenda.

3. Para poder presentar a solicitude por medios electrónicos, os solicitantes deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación legal da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación: http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a sinatura da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá necesariamente anexar un documento en que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con sinaturas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude co IDE, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante da recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar no enderezo de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e o enderezo de correo electrónico no que desexan recibir o xustificante.

4. A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) Documentación do expediente administrativo:

1º. Certificado de situación censual expedido pola AEAT.

No caso de novos establecementos ou novas actividades subvencionables, compromiso de alta no IAE dentro do período de execución do proxecto.

2º. Para sociedades xa constituídas:

– Escritura ou documento xuridicamente válido de constitución, estatutos debidamente inscritos no rexistro competente, modificacións posteriores destes e acreditación da representación con que se actúa, no caso de entidades non inscritas no Rexistro Mercantil ou as inscritas que se opoñan expresamente a que o Igape consulte estes datos. No caso de agrupacións referirase ao representante ou apoderado único da agrupación.

– No caso de entidades obrigadas a formular e aprobar contas anuais, contas anuais correspondentes ao último exercicio pechado para o que se cumpriu o prazo de aprobación legalmente establecido, ou de depósito, no caso de obriga de depósito no Rexistro Mercantil, xunto co informe de auditoría no caso de que a entidade estea obrigada a someter as súas contas a auditoría. Achegaranse, igualmente, as contas anuais de todas as entidades que deban ser tidas en conta aos efectos de determinar a consideración ou non de peme da entidade solicitante.

– No caso de persoas físicas ou sociedades non obrigadas a formular e aprobar contas anuais, declaración do IRPF do empresario e/ou dos socios, segundo o caso, referida ao último período impositivo para o que estivese vencido o prazo para a súa presentación voluntaria.

3º. Para sociedades en constitución:

– Certificado do Rexistro Xeral de Sociedades Mercantís da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado do Ministerio de Xustiza, ou do rexistro competente, de non figurar inscrita a futura denominación social da entidade que se vai constituír.

– Proxecto de estatutos da sociedade.

Nestes casos deberá acreditarse a válida constitución da sociedade con anterioridade a ditarse a proposta de resolución. A tal fin, a documentación establecida no primeiro punto do apartado 2º anterior, deberá ser presentada no Igape no prazo máximo de tres meses dende a presentación da instancia de solicitude. Transcorrido o dito prazo sen tela presentada ou se a documentación presentada fose incorrecta, e previo requirimento para a súa emenda no prazo de dez días, sen que esta se producise, o Igape arquivará o expediente.

4º. Memoria descritiva do investimento proxectado, que deberá ser cuberta no formulario electrónico de solicitude.

No caso dos proxectos de carácter innovador que deban ser avaliados pola Axencia Galega de Innovación, a memoria deberá conter unha descrición dos seguintes aspectos:

i) Contido tecnolóxico do proxecto:

– Obxectivos xerais e técnicos do proxecto.

– Antecedentes e estado do arte da tecnoloxía a nivel nacional e internacional en relación cos investimentos proxectados.

– Carácter innovador do proxecto dentro do seu sector de actividade.

ii) Interese, beneficios e impacto económico que os investimentos proporcionarán á empresa, sobre todo de cara á diversificación da produción e/ou mellora significativa no proceso global de produción. Incremento da produtividade e mellora da conta de resultados.

iii) Capacidade técnica e experiencia da empresa para o desenvolvemento de proxectos de innovación. Recursos e experiencia da empresa e capacitación do persoal para desenvolver proxectos de innovación.

5º. No caso de investimentos de diversificación da produción en establecementos existentes, deberán achegar o inventario de inmobilizado que serviu de base para a formulación das contas anuais correspondentes ao último exercicio económico pechado con indicación, para cada elemento do inventario, da data de adquisición ou incorporación, valor ou coste de adquisición, importe da amortización acumulada á data do inventario e, no seu caso, doutras depreciacións por perda de valor, e o valor neto contable á data do inventario. Deberanse indicar os activos que se pretende reutilizar. Deberá achegarse un informe dun experto independente colexiado que identifique os activos do inventario que se pretende reutilizar.

6º. En relación á declaración doutras axudas para o mesmo proxecto, cando teña axudas concedidas, deberá achegar copia das resolucións das mesmas.

b) Documentación relativa aos investimentos:

1º. As tres ofertas que, en aplicación do artigo 29.3 da Lei 9/2007, deba ter solicitado o solicitante, de acordo co establecido no artigo 7.4 destas bases reguladoras.

2º. No caso de investimentos en obra civil deberán achegar os seguintes planos:

i) Esbozo de localización dentro do termo municipal.

ii) Plano xeral acoutado das instalacións, diferenciando a situación anterior da posterior ao investimento –nos que deberá poder verificarse a superficie correspondente á obra civil diferenciando a que corresponde a cada módulo dos previstos no Anexo III-.

iii) Planos de distribución en planta, nos que se aprecien os espazos da nova construción e a instalación dos novos bens de equipo.

3º. No caso de adquisición de edificacións ou construcións usadas deberán achegar:

i) Declaración do vendedor sobre que a edificación ou construción non foi obxecto de ningún tipo de subvención autonómica, nacional ou comunitaria.

ii) Taxación de experto independente que certifique o valor de mercado dos bens a adquirir e que este é inferior ao custo de bens novos similares.

4º. No caso de adquisición de edificacións ou construcións novas, deberá achegarse taxación de experto independente que certifique o valor de mercado dos bens a adquirir.

5º. No caso de reforma en inmobles arrendados, ademais da documentación do apartado 2º anterior, o solicitante deberá presentar contrato de arrendamento do inmoble cunha duración mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

6º. No caso de reforma en inmobles que sexan propiedade do solicitante, documentación acreditativa da titularidade dos mesmos.

c) Documentación relativa aos criterios baremables de mantemento e creación de emprego:

No caso de que as persoas interesadas se opoñan á consulta do informe de vida laboral, deberán achegar certificado de estar ao corrente nas obrigas da Seguridade Social (co obxecto de obter a relación das contas de cotización da empresa).

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

5. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude: todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://tramita.igape.es.

Artigo 10. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no imposto de actividades económicas (IAE) da entidade solicitante.

f) Certificado de estar ao día nas obrigas tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

i) Informes da vida laboral necesarios para a comprobación do mantemento e da creación do emprego.

j) Documentación depositada no Rexistro Mercantil segundo o artigo 9.4 destas bases.

k) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

l) Resolución da Axencia Galega de Turismo, ou entidade equivalente, respecto da categoría do establecemento na data de solicitude de axuda e na data de finalización do prazo de execución do proxecto, no caso de actividade hostaleira preexistente.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de inicio (anexo I) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 11. Órganos competentes

O órgano competente para a instrución do procedemento de concesión da subvención será a Área de Investimento do Igape e a competencia para ditar a resolución, que poña fin ao procedemento na vía administrativa, correspóndelle á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. A solicitude de axuda será avaliada polos servizos do órgano instrutor do Igape en función dos datos relativos ao solicitante e ao proxecto declarados na solicitude de axuda e no formulario e na documentación presentada. Logo do informe dos servizos técnicos, as solicitudes serán avaliadas por un comité de avaliación formado pola persoa titular da Dirección da Área de Investimento, a persoa titular da Subdirección de Investimento e o/a técnico/a Responsable do Programa. Así mesmo, poderase convocar ao persoal dos servizos técnicos, a representantes das consellerías sectoriais así como a técnicos/as especializados/as.

2. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou información previstas nas bases, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese:

a) Se a documentación non achegada corresponde á esixida para o expediente administrativo, terase por desistido na súa petición e arquivarase o expediente, logo da correspondente resolución.

b) Se a documentación non achegada corresponde á relativa aos investimentos, detraerase do investimento atendible o importe dos investimentos afectados.

c) Se a documentación non achegada corresponde á acreditación dos criterios baremables, non se obterá puntuación algunha nos correspondentes criterios.

3. Os expedientes que non cumpran as esixencias contidas nestas bases ou na normativa de aplicación, quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución de denegación, na que se indicarán as causas desta.

4. Instruído o procedemento e inmediatamente antes de ditar proposta de resolución, porase de manifesto aos interesados para que, no prazo de dez días, poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións pertinentes. Non obstante, poderase prescindir deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento nin se teñan en conta na resolución outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polos interesados.

En todo caso utilizarase este trámite de audiencia cando, tras a avaliación do expediente, resulte un investimento subvencionable superior a 2.000.000 €.

Artigo 13. Resolución

1. A Área de Investimento do Igape ditará proposta de resolución en base a este procedemento, e elevaraa á persoa titular da Dirección Xeral do Igape, quen resolverá a concesión das subvencións por delegación do Consello de Dirección do Igape.

2. A resolución de concesión da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que correspondan á entidade beneficiaria, os requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, con indicación do método que se aplica para determinar os custos da operación, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o Documento polo que se Establecen as Condicións de Axuda (DECA).

Tamén incluirá a comunicación de que a aceptación da axuda implica a aceptación da inclusión das entidades beneficiarias na lista de operacións, que se publicará no portal da Dirección General de Fondos Comunitarios Europeos do Ministerio de Hacienda, co contido previsto no apartado 1 do anexo XII e o artigo 115.2 do Regulamento (UE) nº 1303/2013. http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es/sitios/dgfc/es-ES/loFEDER1420/porFEDER/Paginas/inicio.aspx

3. Na resolución denegatoria de axuda farase constar o motivo da denegación.

4. As notificacións das resolucións e actos administrativos do procedemento practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no enlace tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a sinatura electrónica dun acuse de recibo das notificacións (xustificante de recepción electrónico).

5. O prazo máximo para resolver e notificar a resolución será o establecido na resolución de convocatoria, transcorrido o cal poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión da axuda.

Artigo 14. Réxime de recursos

As resolucións ditadas ao abeiro destas bases porán fin á vía administrativa e contra elas poderán interporse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

b) Potestativamente, recurso previo de reposición, ante o director xeral do Igape, por delegación do Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación da resolución, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 15. Modificación da resolución

1. Unha vez ditada a resolución de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009. Admitiranse modificacións dentro dos límites xerais establecidos nestas bases relativas ao gasto subvencionable, á data de execución do proxecto, á localización, ao emprego no seu caso, e á titularidade do proxecto, sempre e cando estes cambios non alteren ou desvirtúen o proxecto. Nomeadamente, non se admitirán modificacións que supoñan unha maior subvención para o proxecto.

En canto á prórroga da data de execución do proxecto, só se poderá autorizar por un prazo máximo da metade do prazo inicial e exclusivamente nos casos nos que se acredite que o retraso non é por causa imputable ao beneficiario, sen que poida exceder do prazo máximo de execución establecido no punto quinto do Resolvo.

2. A solicitude de modificación deberá presentala con anterioridade á finalización do prazo de execución do proxecto establecido na resolución de concesión.

3. O beneficiario deberá comunicar ao Igape a modificación das condicións establecidas na resolución. Para solicitar a modificación deberá cubrir previamente o formulario electrónico sinalado no artigo 9 das bases e presentar a instancia de modificación xerada pola aplicación dirixida á persoa titular da Dirección Xeral do Igape. O acto polo que se acorde ou se denegue a modificación da resolución será ditado, por delegación do Consello de Dirección do Igape, pola persoa titular da Dirección Xeral do Igape, logo da instrución do correspondente expediente, no cal se dará audiencia aos interesados.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

Son obrigas dos beneficiarios:

a) Executar o proxecto que fundamenta a concesión da subvención no prazo establecido na resolución de concesión e manter os investimentos e, se é o caso, o emprego durante os seguintes prazos:

1º. Manter os investimentos, vinculados á actividade económica subvencionable, no centro de traballo en Galicia, durante 3 anos desde a finalización do prazo de execución do proxecto, salvo que se trate de bens inscritibles nun rexistro público, que deberán manterse durante 5 anos. O investimento subvencionado poderá ser substituído dentro deste período, no caso de obsolescencia ou avaría, sempre e cando a actividade económica da beneficiaria se manteña en Galicia durante o período mencionado, non podendo ser obxecto de subvención. No caso de reforma en inmobles arrendados, deberá manterse o arrendamento ata transcorrido o período de 5 anos desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto. No caso de edificación ou adquisición de inmobles en terreo alleo, deberá manterse o dereito de superficie ou a concesión administrativa durante 5 anos dende a finalización do prazo de execución do proxecto.

2º. No caso de compromiso de mantemento de emprego na Comunidade Autónoma de Galicia, manter a cifra de emprego determinada segundo o disposto no artigo 8.2 das presentes bases durante todo o período de execución do proxecto e durante os 2 anos posteriores ao dito prazo. A empresa deberá contar coa cifra de mantemento establecida na resolución de concesión á data de finalización do prazo de execución do proxecto.

3º. No caso de compromiso de creación de emprego estable deberán crearse, na Comunidade Autónoma de Galicia, durante o prazo de execución do proxecto, os postos de traballo comprometidos e contar, á data de finalización do prazo de execución do proxecto fixada na resolución de concesión, con ese incremento neto de postos de traballo indefinidos con respecto á cifra de emprego a manter establecida. Así mesmo, deberán manter o emprego acadado á data de finalización do prazo de execución do proxecto (o que está obrigado a manter, no seu caso, mais o de nova creación) durante os 2 anos posteriores á finalización do dito prazo.

A obriga de mantemento do emprego durante o prazo de execución do proxecto, e a obriga de creación de emprego, comprobaranse á finalización do prazo de execución do proxecto, debéndose acreditar a creación neta de postos de traballo con contratos indefinidos, a tempo completo ou a tempo parcial, segundo proceda.

Para a comprobación do mantemento da cifra de emprego establecida na resolución de concesión e, no seu caso, a creación de emprego comprometido, calcularase a media correspondente ao prazo de execución do proxecto. Ao final do dito prazo o beneficiario deberá acreditar os postos de traballo que se van manter máis os de nova creación para o emprego indefinido. Así mesmo, nos dous anos seguintes ao fin do prazo de execución do proxecto terase que manter a media do emprego para os empregos indefinidos.

A axuda concedida só será definitiva se a situación inicial tida en conta para a concesión non sofre unha modificación substancial que afecte á natureza do investimento, ao cesamento da actividade ou aos postos de traballo. A axuda está condicionada ao cumprimento desas condicións e será obxecto dun procedemento de inicio de expediente de incumprimento, que poderá derivar en reintegro, noutro caso.

b) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en especial a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas, ás comprobacións e verificacións a realizar polo Organismo Intermedio, a Autoridade de Xestión ou a Autoridade de Certificación e, se é o caso, os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores, e ás verificacións previstas no artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Consello. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e aboamento dos custos subvencionables, coa finalidade de garantir o axeitado exercicio das facultades de comprobación e control, polo menos, un período de 3 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación ou, no caso de operacións cun gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, de 2 anos a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos definitivos da operación concluída. O Igape informará os beneficiarios da data a partir da cal se iniciará o cómputo do prazo.

d) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos investimentos subvencionados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os investimentos financiados con fondos Feder.

e) Comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da subvención. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, coa solicitude de cobramento da subvención. En ningún caso o importe da subvención poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere as porcentaxes máximas establecidas no artigo 8 destas bases.

f) Cumprir os requisitos de comunicación do financiamento público do proxecto polo Igape, a Xunta de Galicia e o Feder segundo o establecido no anexo V a estas bases.

g) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007.

h) No caso de non ser quen de realizar o proxecto para o que se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución e, en todo caso, sempre con anterioridade ao vencemento do prazo de execución concedido para o proxecto.

i) Todo isto sen prexuízo das demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007.

Artigo 17. Xustificación da subvención

1. Para o cobramento da subvención concedida, o beneficiario, dentro do prazo establecido na resolución de convocatoria, deberá cubrir previamente o formulario electrónico de liquidación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de cobramento. O dito formulario conterá os requisitos establecidos no artigo 48 do Decreto 11/2009 para a presentación da conta xustificativa, incluíndo unha relación detallada dos outros ingresos ou subvencións que financiasen a actividade subvencionada.

2. O beneficiario deberá presentar a solicitude de cobramento mediante o formulario normalizado (anexo IV) que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática https://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de cobramento que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao inicio do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, previo requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de cobramento na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de cobramento non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase ao beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención, a esixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei 9/2007, segundo o disposto no artigo 45.2 do seu Regulamento. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao beneficiario das sancións que, conforme á lei, correspondan. A xustificación cumprirá, en todo caso, os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da devandita Lei 9/2007.

5. Xunto coa solicitude de cobramento, o beneficiario da axuda presentará a seguinte documentación:

a) Documentación xustificativa do investimento: documentos acreditativos dos investimentos consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberá conter suficiente información que permita relacionala co gasto xustificado.

Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

No caso de adquisición, construción, rehabilitación ou mellora de inmobles en propiedade requirirase escritura pública que terá que facer constancia de que o ben destinarase ao fin concreto para o que se concedeu a subvención ata finalizado o prazo de obrigado mantemento deses bens e o importe da subvención concedida, debendo ser obxecto estes extremos de inscrición no rexistro público correspondente, de acordo co establecido no artigo 29.4 da Lei 9/2007.

No suposto de adquisición de bens inmobles aportarase, ademais, un certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial, segundo establece o artigo 28.7 da referida Lei, no que deberá aparecer desagregado o valor do terreo e o valor da construción.

No caso de reforma de inmobles arrendados deberá achegarse o contrato de arrendamento cunha duración mínima de 5 anos a contar desde a data de finalización do prazo de execución do proxecto.

b) Documentación xustificativa do pagamento, conforme o pago ten sido realizado efectivamente dentro do prazo de execución, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria no que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pagamento dos gastos alegados, así como sobre a existencia ou non de aboamentos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados coma subvencionables no expediente.

No suposto de que o xustificante de pagamento inclúa varias facturas, deberase xuntar unha relación delas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ás accións subvencionadas, a xustificación do pagamento débese realizar sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas nas accións e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagamentos realizados, orde de pagamentos da empresa selada polo banco ou recibín asinado polo provedor, para os efectos de identificar as facturas non referidas ás accións subvencionadas.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con copia dos documentos bancarios de cargo nos que conste o cambio empregado.

c) Licenza municipal de obra no caso de proxectos subvencionados que inclúan obra civil. No caso de obras acollidas ao sistema de comunicación previa segundo o previsto no art. 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia (en diante, Lei 9/2013), deberá achegarse a dita comunicación acompañada dun certificado emitido polo Concello indicando que dita comunicación é eficaz.

d) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento segundo o previsto no art. 24 da Lei 9/2013, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento ou de inicio dunha nova actividade.

e) No caso de investimentos en activos intanxibles, deberán acreditarse as condicións establecidas no apartado 5º do artigo 6.1 destas bases, mediante informe de auditor inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que verifique o cumprimento das condicións 1), 2), 3) e 4) do citado artigo.

f) No caso de establecementos hoteleiros, resolución da Axencia Galega de Turismo respecto da categoría do establecemento na data de finalización do prazo execución do proxecto.

g) A copia –que permita a súa lectura–, de material onde se aprecie que se cumpriu a obrigatoriedade de publicidade do financiamento público citada no artigo 16.f) destas bases.

h) Nos casos de mantemento e creación de emprego indefinido por conta allea e, sempre que o solicitante se opoña á consulta do informe de vida laboral, informe da vida laboral de todas as contas de cotización da empresa en Galicia durante todo o prazo de execución do proxecto.

Para xustificar a creación de emprego de persoas con discapacidade, o beneficiario deberá achegar o certificado ou resolución expedida polo Instituto de Migracións e Servizos Sociais (IMSERSO) ou polo órgano competente da Comunidade Autónoma que corresponda.

i) Memoria técnica, que se deberá cubrir no formulario electrónico de liquidación.

j) Copia das tres ofertas que deba ter solicitado o beneficiario, de acordo co establecido no artigo 7.4 das bases reguladoras, no caso de non achegalas coa solicitude de axuda.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada.

O beneficiario tamén deberá cubrir na ficha resumen de facturas do formulario de liquidación os seguintes datos relativos á contabilidade nos que se reflictan os custos subvencionados para acreditar a obriga establecida no artigo 16.e), número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación subvencionada.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 9 para a presentación da documentación complementaria á solicitude.

O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo ca copia electrónica presentada.

6. En todos os casos, os beneficiarios deberán estar ao día das súas obrigas coa Facenda Pública, coa Comunidade Autónoma de Galicia e coa Seguridade Social. No caso de que o beneficiario se opoña expresamente a que o Igape solicite as certificacións, deberán achegarse xunto co resto da documentación xustificativa.

7. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que, se é o caso, poderá supor a modificación ou revogación da concesión e o reintegro, total ou parcial, das cantidades previamente aboadas.

8. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de investimento aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non varíe o importe total de investimento aprobado nin da axuda concedida, nin desvirtúe as características do proxecto e condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

9. Cando o beneficiario da subvención poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a concesión desta que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da subvención, e que puidesen dar lugar á modificación da resolución conforme ao artigo 15 destas bases, despois de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente da subvención poderá aceptar a xustificación presentada, sempre e cando tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime ao beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme á Lei 9/2007.

Artigo 18. Aboamento das axudas

1. O aboamento da axuda realizarase unha vez que o Igape considere xustificada a realización e o pagamento do proxecto e o cumprimento das condicións dentro do prazo establecido na resolución de concesión.

Os órganos competentes do Igape poderán solicitar as aclaracións, orixinais da documentación ou informes relativos á xustificación do proxecto que consideren convenientes. Transcorrido o prazo concedido para o efecto sen que o beneficiario os presentase o Igape iniciará o correspondente procedemento de incumprimento.

O réxime de pagamento deberá cumprir o establecido no artigo 31 da Lei 9/2007 e no título IV do seu regulamento.

2. No caso de subvencións concedidas por importe igual ou inferior a 36.000 €, os beneficiarios poderán solicitar anticipos de ata o 50 % do importe da subvención, co límite da anualidade prevista no exercicio orzamentario correspondente, dentro do prazo indicado na resolución de convocatoria. A solicitude de anticipo será obxecto de resolución motivada polo órgano concedente da subvención. Exímese aos beneficiarios da obriga de constituír garantías, segundo o establecido no artigo 65.4.i) do Decreto 11/2009.

Artigo 19. Perda do dereito á subvención e reintegro das axudas

1. Producirase a perda do dereito ao cobramento total ou parcial da subvención no suposto de falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas na resolución de concesión, das obrigas contidas nestas bases reguladoras, das obrigas contidas no artigo 33 da Lei 9/2007, ou na restante normativa aplicable, o que dará lugar, se é o caso, á obriga de reintegrar total ou parcialmente a subvención percibida, así como os xuros de demora correspondentes.

2. O procedemento para declarar a procedencia da perda do dereito de cobramento da subvención e para facer efectivo o reintegro ao que se refire o punto anterior será o establecido no título II da Lei 9/2007.

3. Procederá a perda total do dereito ao cobramento da axuda concedida, sen prexuízo da incoación do oportuno expediente sancionador, nos seguintes casos:

a) Obter a subvención sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou desfrute da subvención.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, nomeadamente a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, o Consello de Contas e os órganos de control da Comisión Europea, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

d) Non dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos exixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso.

e) Non acreditar estar ao día nas obrigas fiscais, coa Seguridade Social e coa Comunidade Autónoma.

f) Incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25  % dos custos subvencionables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo.

g) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento subvencionable quede por debaixo do mínimo establecido nestas bases reguladoras para o acceso ás axudas ou supere os criterios para a determinación de incumprimento parcial establecidos no artigo 19.4.

h) Non comunicar ao Igape a obtención doutras subvencións e axudas que financien as actividades subvencionadas.

i) Non darlle publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16 destas bases.

j) Non comunicar ao Igape a modificación das circunstancias que fundamentasen a concesión da subvención.

k) Non manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable axeitado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos subvencionables, sen prexuízo das normas xerais de contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados co Feder.

4. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión das axudas, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida na resolución de concesión e, se é o caso, establecendo a obriga de reintegro cos seguintes criterios:

No caso de condicións referentes á contía ou conceptos da base subvencionable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente aos conceptos subvencionables deixados de practicar ou aplicados a outros distintos dos considerados subvencionables debendo, se é o caso, reintegrarse as cantidades percibidas na dita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50 % da base subvencionable do proxecto, entenderase que o dito incumprimento é total, debendo reintegrarse todas as cantidades percibidas e os seus xuros de demora.

No caso de condicións referidas ao mantemento e creación de emprego dentro do período de execución do proxecto, o incumprimento suporá a perda dos puntos porcentuais concedidos ao emprego non mantido ou non creado no período.

5. No período de mantemento dos investimentos e do emprego, nos casos nos que se aplique o artigo 6.1, e o artigo 16 a) destas bases reguladoras, procederá a incoación dun procedemento de reintegro nos supostos e co alcance que se indica a continuación:

a) Non manter a publicidade ao financiamento do proxecto, de acordo co establecido no artigo 16 destas bases, suporá o reintegro dun 2 % da subvención concedida.

b) Non manter os investimentos ou os arrendamentos obxecto da subvención durante o período establecido suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período no que se incumprira este requisito.

c) No que se refire ao mantemento do emprego no período posterior á data de execución do proxecto, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente atendendo á media de emprego non mantido durante o período e aplicándolle a mesma ponderación outorgada na resolución de concesión nunha porcentaxe equivalente ao tempo non cumprido.

Artigo 20. Réxime sancionador

Aos beneficiarios das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007.

Artigo 21. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas subvencións someteranse ás actuacións de control que realice o Igape para o seguimento dos proxectos aprobados e do efectivo cumprimento das obrigas e compromisos do beneficiario fixados no artigo 16, e ás de control financeiro que correspondan á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas, así como ás dos servizos financeiros da Comisión Europea e do Tribunal de Contas Europeo e ás verificacións do artigo 125 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Calquera persoa que teña coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea no marco da presente convocatoria poderá poñer ditos feitos en coñecemento do Servizo Nacional de Coordinación Antifraude da Intervención Xeral da Administración do Estado, por medios electrónicos a través do canal habilitado para o efecto http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/planificacion-e-fondos/periodo-comunitario-2014-2020/medidas-antifraude/snca-olaf, e nos termos establecidos na Comunicación 1/2017.

Artigo 22. Comprobación de subvencións

1. O Igape comprobará a axeitada xustificación da subvención, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou o desfrute da subvención.

O prazo para a comprobación material de facturas e xustificantes de investimento será de tres anos, ou dous anos no caso de operacións con gasto subvencionable igual ou superior a 1.000.000 €, a partir do 31 de decembro seguinte ao do ano de presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación; o órgano concedinte informará da data de inicio á que se refire esta obriga de acordo co disposto no artigo 140.1 do Regulamento (UE) nº1303/2013.

2. Nas subvencións de capital superiores a 60.000 euros, no seu cómputo individual, destinadas a investimentos en activos tanxibles, será de aplicación o establecido no artigo 60.2 do Decreto 11/2009.

3. Para todo o non previsto nos puntos anteriores será aplicable o disposto no artigo 30 da Lei 9/2007 e nos artigos 57 e seguintes do seu Regulamento.

Artigo 23. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, o Igape publicará na súa páxina web oficial e no Diario Oficial de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o beneficiario da subvención está obrigado a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

3. Por outra parte, de conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de Datos Nacional de Subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

Artigo 24. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia–Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento, todo elo de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás Administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, información, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de Organismo Intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola Autoridade de Xestión dos programas operativos segundo o disposto nos artigos 125, apartado 2, artigo 140, apartados 3 a 5, e Anexo XIII, apartado 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

A fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nas presentes bases reguladoras a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 25. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase a seguinte normativa:

a) Regulamento (UE) 651/2014, da Comisión, do 17 de xuño de 2014, polo que se declaran determinadas categorías de axuda compatibles co mercado interior en aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado (DOUE L 187, do 26 de xuño).

b) Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello (DOUE L 347, do 20 de decembro de 2013).

c) Regulamento (UE) nº 1301/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006.

d) A normativa comunitaria de desenvolvemento dos citados regulamentos.

e) Directrices sobre as axudas estatais de finalidade rexional para o período 2014-2020 (DOUE C 209, do 23 de xullo de 2013).

f) Orde HFP/1979/2016 do Ministerio de Facenda e Función Pública, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

g) Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento.

h) Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e o seu regulamento, aprobado polo Real decreto 887/2006, do 21 de xullo.

i) Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

j) No resto da normativa que resulte de aplicación.

missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO II

Actividades incentivables-CNAE 2009

Axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Sección

CNAE

Actividade

Observacións

Industrias extractivas

08.

Outras industrias extractivas

09.

Actividades de apoio ás industrias extractivas

Só para as actividades do CNAE 08

Industria manufactureira

10.

Industria da alimentación

Excepto as sinaladas no artigo 5.1.a) e b)

 

11.

Fabricación de bebidas

Excepto as sinaladas no artigo 5.1.a) e b)

 

13.

Industria téxtil

 

14.

Confección de prendas de vestir

 

15.

Industria do coiro e do calzado

 

16.

Industria da madeira e da cortiza, agás mobles; cestería e espartería

 

17.

Industria do papel

 

18.

Artes gráficas e reprodución de soportes gravados

 

20.

Industria química

Excepto as actividades do CNAE 20.6

 

21.

Fabricación de produtos farmacéuticos

 

22.

Fabricación de produtos de caucho e plásticos

 

23.

Fabricación doutros produtos minerais non metálicos

 

24.

Metalurxia; fabricación de produtos de ferro, aceiro e ferroaleacións

 

25.

Fabricación de produtos metálicos, agás maquinaria e equipo

 

26.

Fabricación de produtos informáticos, electrónicos e ópticos

 

27

Fabricación de material e equipo eléctrico

 

28

Fabricación de maquinaria e equipo n.c.o.p

 

29.

Fabricación de vehículos de motor, remolques e semirremolques

 

30.

Fabricación doutro material de transporte

 

31.

Fabricación de mobles

 

32.

Outras industrias manufactureiras

33.

Reparación e instalación de maquinaria e equipamento

Tratamento e eliminación de residuos. Valorización

38.2

Tratamento e eliminación de residuos

 

38.32

Valorización de materiais xa clasificados

Reparación de vehículos de motor e motocicletas

45.2

Mantemento e reparación de vehículos de motor

45.4

Venda, mantemento e reparación de motocicletas e dos seus recambios e accesorios

Só mantemento e reparación

Almacenamento e manipulación de mercadorías

52.10

Depósito e almacenamento

52.24

Manipulación de mercadorías

Excepto equipaxes de pasaxeiros

Hoteis e aloxamentos similares

55.1

Hoteis e aloxamentos similares

Coas limitacións establecidas no artigo 1.1.5

Información e comunicacións

59.

Actividades cinematográficas, de vídeo e programas de televisión, gravación de son e edición musical

Excepto as actividades dos apartados 14, 17 e 18

 

61.

Telecomunicacións

 

62.

Programación, consultaría e outras actividades relacionadas coa informática

63

Servizos de información.

Servizos técnicos

71.12

Servizos técnicos de enxeñería e outras actividades relacionadas co aconsellamento técnico

71.20

Ensaios e análises técnicas

73

Publicidade e estudos de mercado

74

Outras actividades profesionais, científicas e técnicas

Servizos auxiliares

77.31

Aluguer de maquinaria e equipamento de uso agrícola

Só será subvencionable o aluguer de maquinaria e equipamento de uso forestal.

77.32

Aluguer de maquinaria e equipamento para a construción e enxeñaría civil

77.39

Aluguer doutra maquinaria, equipamentos e bens tanxibles n.c.n.

Só será subvencionable o aluguer de motores e turbinas, máquinas ferramenta, equipamentos de extracción mineira, equipamentos de radio, televisión e comunicación, equipamentos profesionais de produción cinematográfica, equipos de medición y control, e outra maquinaria de uso industrial.

80

Actividades de seguridade e investigación

81

Servizos a edificios e actividades de xardiñería

82.20

Actividades dos centros de chamadas

82.30

Organización de convencións e feiras de mostras

82.92

Actividades de envase e empaquetamento

ANEXO III

Criterios de módulos de custos subvencionables máximos

Axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

1. Obra civil

Neste concepto, considéranse incluídos os investimentos descritos nos artigos 6.1º e 6.6º das bases reguladoras.

Admitirase como superficie subvencionable asociada ao acondicionamento e urbanización, un máximo de 5 veces a superficie construída en planta baixa.

Na obra civil, terá diferente consideración segundo se trate de: acondicionamento e urbanización de terreos; naves industriais; oficinas en naves industriais; naves frigoríficas; establecementos turísticos ou edificios destinados a actividades de servizos.

Admítese como investimento subvencionable neste concepto o máximo dos módulos que se establecen a continuación:

Concepto

Valor

Acondicionamento e urbanización de terreos

36 €/m2

Sector industrial

Naves industriais

252 €/m2

Oficinas, laboratorios e zonas comúns

303 €/m2

Naves frigoríficas

315 €/m2

Hoteis

Hotel de 5 estrelas

1.003 €/m2

Hotel de 4 estrelas

821 €/m2

Hotel de 3 estrelas

730 €/m2

Aparcadoiros ubicados no edificio

Aparcadoiros externos

252 €/m2

36 €/m2

Sector servizos

Edificios

730 €/m2

Aparcadoiros ubicados no edificio

Aparcadoiros externos

252 €/m2

36 €/m2

No caso de reforma ou rehabilitación: aplícase o 60 % dos módulos de obra civil anteriores.

2. Outros investimentos materiais no sector turístico

Para o sector turístico, estarán suxeitos a módulos os investimentos que se corresponden cos seguintes elementos: mobiliario, decoración, enxoval, televisores, menaxe, etc., segundo o disposto a continuación:

Concepto

Valor

Hoteis

Hotel de 5 estrelas

16.672 €/habitación

Hotel de 4 estrelas

11.670 €/habitación

Hotel de 3 estrelas

8.336 €/habitación

missing image file

ANEXO V

Requisitos de comunicación do financiamento público

Axudas do Igape aos proxectos de investimento empresarial, cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do Programa Operativo Feder Galicia 2014-2020

Responsabilidade do beneficiario

Ao tratarse de subvencións cofinanciadas con fondos estruturais da Unión Europea, en relación á publicidade do financiamento, de conformidade co previsto no Anexo XII, apartado 2.2, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, o beneficiario deberá cumprir os seguintes requisitos de publicación e comunicación:

1. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio do Igape, da Xunta de Galicia e do Feder ao proxecto, incluíndo a imaxe institucional do Igape e da Xunta de Galicia e a marca turística de Galicia e mostrando:

a) O emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea.

b) Referencia ao Fondo Feder que da apoio ao proxecto.

c) Referencia ao lema do Fondo “Unha maneira de facer Europa”.

O formato a utilizar é o seguinte:

PROXECTO COFINANCIADO POR IGAPE, XUNTA DE GALICIA E FONDO EUROPEO DE DESENVOLVEMENTO REXIONAL DO PROGRAMA OPERATIVO 2014-2020

missing image file

2. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego:

a) Breve descrición no seu sitio de Internet, no caso de que dispoña dun, do proxecto, de xeito proporcionado ao nivel de apoio prestado, cos seus obxectivos e resultados, e destacando o apoio financeiro do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión e a marca turística de Galicia. Para cumprir con este requisito pode incluírse, integrado no espazo web da empresa, a seguinte imaxe:

http://www.igape.es/images/PublicidadComunitaria/FEDER_InvestimentoEmpresarial.png

b) Para os proxectos subvencionados por importe inferior a 500.000 €, o beneficiario deberá colocar polo menos un cartel con información sobre o proxecto (dun tamaño mínimo A3), no que se mencionará a axuda financeira do Igape, da Xunta de Galicia e da Unión e a marca turística de Galicia, nun lugar visible para o público, por exemplo, na entrada do edificio. Para proxectos subvencionados por importe igual ou superior a 500.000 €, o beneficiario deberá colocar un cartel temporal de tamaño significativo nun lugar ben visible para o público durante o prazo de execución do proxecto.

O formato que se deberá utilizar é o seguinte:

missing image file

3. Para proxectos cunha subvención superior a 500.000 €, ademais, o beneficiario colocará, nun lugar ben visible para o público, un cartel ou placa permanente de tamaño significativo nun prazo de tres meses a partir da data de finalización do proxecto. O cartel ou a placa indicarán o nome e o obxectivo principal da operación. Prepararanse de acordo coas características técnicas adoptadas pola Comisión de conformidade co artigo 115, apartado 4 do Regulamento 1303/2013.

O contido e modelos da placa permanente serán idénticos aos do cartel temporal. Recoméndase a reprodución da placa permanente en material auto-adhesivo para contra-colage nunha base de metacrilato ou aceiro pulido, latón ou similar.

Características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo

De acordo co establecido no artigo 4 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014:

1. O emblema da Unión deberá figurar en color nos sitios web. En todos os demais medios de comunicación, a cor utilizarase sempre que sexa posible.

2. O emblema será sempre claramente visible e ocupará un lugar destacado. A súa posición e tamaño serán os adecuados á escala do material ou documento empregados. En pequenos artigos de promoción non será obrigatorio facer referencia ao Fondo.

3. Cando o emblema da Unión e a referencia á Unión e ao Fondo correspondente se presenten nun sitio web serán visibles ao chegar ao dito sitio web, na superficie de visión dun dispositivo dixital, sen que o usuario teña que despregar toda a páxina.

4. O nome “Unión Europea” sempre aparecerá sen abreviar. O tipo de letra debe ser: arial, auto, calibri, garamond, trebuchet, tahoma, verdana ou ubuntu. Non se empregará a cursiva, o subliñado nin outros efectos. O corpo do tipo utilizado deberá ser proporcional ao tamaño do emblema e de xeito que non interfira. A cor do tipo será azul reflex, negro ou blanco, en función do contexto.

5. Se se exhiben outros logotipos ademais do emblema da Unión, este terá como mínimo o mesmo tamaño, medido en altura e anchura, que o maior dos demais logotipos.

Características técnicas das placas fixas e dos carteis publicitarios temporais

De acordo co establecido no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014:

1. O nome do proxecto, o principal obxectivo desta e o emblema da Unión, xunto cunha referencia á Unión e a referencia ao Fondo deben figurar no cartel temporal ao que se refire o anexo XII, sección 2.2, punto 4, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e ocupar polo menos o 25 % do cartel.

2. O nome do proxecto e o principal obxectivo da actividade apoiada por aquel, e o emblema da Unión, xunto cunha referencia á Unión e a referencia ao Fondo que deben figurar na placa ou cartel permanentes a que se refire o punto 5 da sección 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 ocupará polo menos o 25 % da dita placa ou cartel.

Utilización do logotipo da Unión Europea

O único logotipo válido é o formado polo emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea situada debaixo do mesmo.

missing image file

Se ben, en toda comunicación relativa a fondos europeos deberase incorporar ademais unha referencia ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional. Adicionalmente, empregarase o lema “Unha maneira de facer Europa”.