Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 21 Venres, 31 de xaneiro de 2020 Páx. 6209

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos por esta consellería no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

En virtude do establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Facenda nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de xaneiro de 2020

María del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Facenda
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019

Convenio

Achega consellería (€)

Data sinatura

Convenio de colaboración entre a Consellería de Facenda e a Universidade de Vigo para o desenvolvemento das actividades da Rede de investigadores sobre financiamento autonómico e descentralización fiscal en España (Rifde).

15.000

27.9.2019

Protocolo de Adhesión do Concello do Barco de Valdeorras ao Convenio de colaboración asinado o 8 de abril de 2015 entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga), e a Federación Galega de Municipios e Provincias para a cesión de información de carácter tributario así como dos demais ingresos de dereito público para a concesión de axudas e subvencións e a contratación coa Administración.

Sen achega económica

31.10.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriba) e o Concello de Allariz en materia de recadación en vía executiva.

Sen achega económica

31.10.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación de Asesores Excelentes Fiscais e Laborais para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.10.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e Asesorlex, Asociación Profesional de Asesorías de pemes, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.10.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Forestais de Galicia, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

31.10.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Agrupación de Asesorías de Empresas (Grupo Adade), para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

20.11.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Consello Galego de Economistas, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

20.11.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Española de Sociedades de Externalización de Procesos e Servizos para Entidades Financeiras e Corporacións (Aeproser), para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

20.11.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Española de Asesores Fiscais e Xestores Tributarios (Asefiget), para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria

Sen achega económica

20.11.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e a Asociación Europea de Asesores de Empresa, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

20.11.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Tributaria de Galicia (Atriga) e o Consello Xeral de Colexios de Xestores Administrativos de España, para a aplicación das novas tecnoloxías da información nos procedementos de xestión tributaria.

Sen achega económica

5.12.2019

Convenio de colaboración subscrito entre a Axencia Tributaria de Galicia e as Oficinas Liquidadoras de Distrito Hipotecario da provincia de A Coruña.

629.200 anuais

27.12.2019