Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6044

III. Outras disposicións

Consello de Contas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios e protocolos de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

Coa finalidade de incrementar a transparencia e a difusión da actividade desenvolvida polo Consello de Contas,

DISPOÑO:

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

José Antonio Redondo López
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Consello de Contas de Galicia nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019

Protocolo

Importe €

Data da sinatura

Addenda de prórroga e inclusión dunha nova cláusula ao convenio de colaboración para a incorporación do Consello de Contas de Galicia ao sistema autonómico de prestacións homologadas de contratación centralizada da Xunta de Galicia.

0 €

17.12.2019