Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6064

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (notificación PMC 288/2019-0001).

Eu, Belén Menéndez Medel, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de peza de medidas cautelares 288/2019-0001 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Muñoz Rodríguez contra Óscar Pérez López, S.L., sobre despedimento, se ditou o Auto co número 8/2019, do 17 de decembro de 2019, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Acórdase a adopción da medida cautelar de eximir o demandante de acudir a prestar servizos, con mantemento da obrigación do empresario de aboar o salario e a cotización correspondente, durante a tramitación da causa principal, sen prexuízo do que se poida resolver na sentenza que se dite nela.

Lévese testemuño desta resolución aos autos número 288/2019 deste xulgado, para a súa constancia para os efectos oportunos.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, coa advertencia de que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres días.

Así o acorda, manda e asina. Dou fe.

Maxistrada xuíza. Letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa fixación no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza