Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6093

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas, conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

a) La Espiñeira-Cospeito, SAT nº 728, disolta e cancelada por acordos adoptados nas asembleas xerais do 19 e 20 de marzo de 2019.

b) Mel do Tambre, SAT nº 561 XUGA, disolta e cancelada por acordos adoptados na asembleas xerais do 31 de agosto de 2019.

c) Vilamoa, SAT nº 969 XUGA, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 16 de decembro de 2019.

d) O Campo, SAT nº 1032 XUGA, cancelada por transformación da entidade en O Campo Gulfar, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 4 de decembro de 2019, realizada ante notario.

e) Xerlea, SAT nº 1083 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Xerlea, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 15 de xuño de 2019, realizada ante notario.

f) Estrella de Nogaredo, SAT nº 1105 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 12 de decembro de 2019.

g) Mogo, SAT nº 1143 XUGA, cancelada por transformación da entidade nunha sociedade limitada, mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de xullo de 2019, realizada ante notario.

h) Corcoesto, SAT nº 1194 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 1 de outubro de 2019.

i) Pose e García, SAT nº 1392 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Pose e García, S.L., mediante acordo adoptado na asemblea xeral do 12 de novembro de 2019.

j) Fozara, SAT nº 3619, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 12 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias