Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 20 Xoves, 30 de xaneiro de 2020 Páx. 6067

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, polo que se notifica o acordo de inicio do procedemento para a revogación da condición de comunidade galega.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado á presidencia da entidade citada no anexo sin que fose posible, polo que se lle notifica por medio deste anuncio o acordo de inicio do procedemento para a revogación da condición de comunidade galega.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia. O interesado dispón dun prazo de quince (15) días hábiles, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, para alegar o que considere oportuno.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Interesado: Centro Cultural Galego de Francfort del Meno E.V.

Nº de rexistro: CG_0060/2015.

Data da comunicación: 27 de setembro de 2019.