Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5825

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (DSP 392/2019-A).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 392/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Salvador Lema Rodríguez contra a empresa Construcciones Vilariño, S.A., sobre despedimento, se ditou a Sentenza do 8 de novembro de 2019 contra a cal se pode interpor o oportuno recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita resolución na Secretaría do dito órgano xudicial.

Para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Vilariño, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza