Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5809

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ORDE do 27 de xaneiro de 2020 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería.

Convocada a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, pola Orde do 17 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro), de conformidade co disposto na base e sexta da referida orde, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro

Resolver a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 17 de decembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 246, do 27 de decembro).

Segundo

Adxudicar destino, no posto de traballo que se indica, e seleccionar a persoa que se relaciona no anexo da presente orde.

Terceiro

O cesamento no destino actual da persoa que obtivo praza deberá efectuarse o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

O prazo para a toma de posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, na súa nova redacción dada polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro, e o disposto na base sétima da convocatoria.

Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

O cómputo de prazos de posesión iniciarase cando rematen os permisos ou licenzas que, de ser o caso, lle fosen concedidas á dita persoa. Nos supostos de baixa temporal ou transitoria iniciarase a partir da correspondente alta.

Cuarto

O xefe/a do centro en que cause baixa a persoa seleccionada, así como o/a daquel en que obteña destino, consignarán no título administrativo, dentro do prazo sinalado no punto anterior, as correspondentes dilixencias de cesamento e toma de posesión.

Quinto

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso potestativo de reposición ante a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou poderán impugnala directamente ante o xulgado do contencioso-administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir da mesma data, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de xaneiro de 2020

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Apelidos e nome: Calvo Rodríguez, Rafael Alberto.

NRP: 3328558657A2059.

Denominación do posto de traballo: secretario/a do/da secretario/a xeral.

Código do posto de traballo: IV.C02.00.000.15770.002.

Centro directivo: Secretaría Xeral Técnica.

Localidade: Santiago de Compostela.

Corpo/escala: 2059 corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia.

Grupo: C1, C2.

Nivel: 18.

Complemento específico: 6.842,92 euros.

Tipo de adscrición: adscrición indistinta a funcionarios/as da Xunta de Galicia, Estado e comunidades autónomas.