Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 19 Mércores, 29 de xaneiro de 2020 Páx. 5592

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 20 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáse publicidade da relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde no segundo cuadrimestre do ano 2019, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de xaneiro de 2020

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data da sinatura

Protocolo xeral de actuación entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Fuerzas Armadas, a Mutualidade Xeral Xudicial e a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para a integración do colectivo dos seus titulares e beneficiarios no sistema de receita electrónica do Servizo Galego de Saúde.

Sen achega económica

10.5.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Consellería de Cultura e Turismo e o Colexio Oficial de Médicos da Coruña, para a participación institucional galega no Congreso da cooperación internacional da OMC.

10.000,00 €

22.7.2019

Acordo bilateral entre o Banco de Sangue de Cordón Umbilical da Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos e a Fundación Internacional Josep Carreras.

Sen achega económica

5.8.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a realización dun estudo sobre a epidemioloxía do suicidio en Galicia: fase I.

21.500,00 €

3.9.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello do Porriño para a execución das obras de ampliación do Centro de Saúde do Porriño.

Sen achega económica

3.9.2019

Convenio entre a Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios e a Consellería de Saúde da Comunidade Autónoma de Galicia (Xunta de Galicia) para a implementación dos programas de optimización de uso de antibióticos (Proa) no ámbito hospitalario, de atención primaria e sociosanitario.

Sen achega económica

11.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Farmacéuticos da Coruña para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Farmacéuticos de Pontevedra para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Enfermería de Lugo para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Enfermería de Ourense para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Enfermería de Pontevedra para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

17.9.2019

Convenio para o ano 2019 entre a Delegación do Goberno para o Plan Nacional sobre Drogas e a Comunidade Autónoma de Galicia en materia de drogodependencias e con cargo ao fondo de bens comisados.

Sen achega económica

18.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Asociacións de atención ás persoas con parálise cerebral (Aspace Galicia) para a realización de actividades de asesoramento e apoio na inserción laboral de persoas con discapacidade intelectual no Sistema sanitario público de Galicia.

Sen achega económica

20.9.2019

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, a Consellería de Medio Rural e a Universidade de Santiago de Compostela para a vixilancia das carrachas vectores de enfermidade humana e animal en Galicia.

41.140,00 €

23.9.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño de Galicia para Análise de biotoxinas dentro do control oficial de moluscos bivalvos.

150.000,00 €

1.10.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Vilar de Santos para a cesión do uso ao Departamento de Servizos Sociais do Concello, dunha sala no Centro de Saúde de Vilar de Santos.

Sen achega económica

1.10.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Anxiños para o desenvolvemento de programas psicoeducativos e de apoio, e actividades de divulgación e desestigmatización social dos trastornos mentais en nenos, nenas e adolescentes.

Sen achega económica

2.10.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Portomarín no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Portomarín.

14.544,35 €

3.10.2019

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol e a Asociacón Galega de Transplantados de Médula Ósea.

Sen achega económica

11.10.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Avelaíña de axuda ás persoas con problemas de saúde mental para achegar a atención sociosanitaria ás persoas con enfermidade mental e aos seus familiares nas comarcas de Condado e Paradanta. Proxecto Achego.

25.000,00 €

15.10.2019

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Residencia Val de Monterrei.

Sen achega económica

15.10.2019

Convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Valdegodos.

Sen achega económica

15.10.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e o Colexio Oficial de Enfermaría da Coruña para o desenvolvemento de accións de formación especializada a profesionais sanitarios sobre atención a mulleres e menores que sofren violencia de xénero no marco do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

15.000,00 €

23.10.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Lobios no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Lobios.

1.279,57 €

31.10.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Coristanco no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Coristanco.

14.948,20 €

7.11.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Xermade no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Xermade.

18.020,42 €

7.11.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Triacastela no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do centro de saúde de Triacastela.

6.443,93 €

7.11.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Cee no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Cee.

16.740,57 €

7.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Clúster Saúde de Galicia para a promoción desde o Clúster Saúde de Galicia do desenvolvemento e difusión da innovación en saúde de empresas do sector saúde e o sector sociosanitario.

60.000,00 €

8.11.2019

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Becton Dickinson, S.A.U. para a promoción da investigación e a formación científica orientadas á mellora da atención ao paciente.

Sen achega económica

11.11.2019

Convenio marco de colaboración en materia de esclerose múltiple entre o Servizo Galego de Saúde e Merck, S.L.U.

Sen achega económica

12.11.2019

Convenio de colaboración entre a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp), para a realización de programas de atención e protección da saúde.

3.979.799,92 €

13.11.2019

Addenda ao acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela para a colaboración na dotación de prazas de profesorado universitario en áreas de ciencias da saúde.

958.231,90 €

13.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a empresa de transportes Autos Cal Pita, S.A. para a inserción de publicidade institucional sobre a campaña de vacinación antigripal 2019/20 en autobuses.

Sen achega económica

21.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a empresa de transportes Autocares Rías Baixas, S.L. para a inserción de publicidade institucional sobre a campaña de vacinación antigripal 2019/20.

Sen achega económica

21.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a empresa de transportes Arriva Galicia, S.L.U., para a inserción de publicidade institucional sobre a campaña de vacinación antigripal 2019/20.

Sen achega económica

21.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a empresa de transportes Atsa Automóviles de Tuy, S.A., para a inserción de publicidade institucional sobre a campaña de vacinación antigripal 2019/20.

Sen achega económica

21.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a empresa de transportes Autos Morán, S.L., para a inserción de publicidade institucional sobre a campaña de vacinación antigripal 2019/20.

Sen achega económica

21.11.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Compañía de Tranvías da Coruña para a inserción de publicidade institucional sobre a campaña de vacinación antigripal 2019/20.

Sen achega económica

21.11.2019

Convenio de colaboración entre a Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Cruz Roja Española e a Sociedad Española de Cardiología para o fomento da formación en resucitación cardiopulmonar e incremento da capacitación no uso de desfibrilación semiautomática.

Sen achega económica

22.11.2019

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Universidade de Santiago de Compostela relativo á unidade docente de enfermaría obstétrico-xinexolóxica.

122.100,00 €

2.12.2019

Addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Portomarín no que se establecen as bases para o desenvolvemento das obras de reforma do Centro de Saúde de Portomarín.

Sen achega económica

12.12.2019

Addenda de prórroga e modificación do convenio entre a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas, a Mutualidade Xeral Xudicial e o Servizo Galego de Saúde para a prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos ás entidades de seguro de asistencia sanitaria concertada coas ditas mutualidades.

Sen achega económica

16.12.2019

Acordo de prórroga do Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde (EOXI de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Xaime Quesada Blanco para a cesión de uso de cadros para a súa exposición no Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.

Sen achega económica

26.12.2019