Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5478

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2020 pola que se aproba e se fai pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para cubrir seis prazas vacantes da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde.

Mediante Resolución reitoral do 3 de outubro de 2019 (DOG do 16 de outubro e BOE do 25 de novembro) convocáronse probas selectivas para cubrir seis prazas da categoría profesional técnico/a de investigación, área bioloxía-saúde, dúas pola quenda de promoción interna e catro pola quenda de acceso libre. Finalizado o prazo de presentación de solicitudes,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar aprobada e facer pública a listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas pola quenda de acceso libre ás citadas probas.

Segundo. Declarar que non hai persoas aspirantes pola quenda de promoción interna.

Terceiro. Indicar que a citada listaxe provisional está exposta no taboleiro electrónico da USC e na web:

http://www.usc.es/gl/servizos/plan_pas/convocatorias.html.

Cuarto. As persoas aspirantes excluídas ou que non figuren na relación de admitidas, dispoñen dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para poder emendar os defectos que motivaron a exclusión ou a omisión.

Quinto. Para emendar a exclusión ou omisión cubrirase o formulario de emendas do catálogo de procedementos na seguinte ligazón:

https://sede.usc.es/formularios/solicitudes/emendaSelecPersoalLaboral.htm.

Sexto. As persoas aspirantes que, dentro do prazo sinalado, non emenden a exclusión ou aleguen a omisión, xustificando o dereito a ser incluídas na relación de persoas admitidas, serán definitivamente excluídas da realización das probas.

Santiago de Compostela, 14 de xaneiro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela