Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 18 Martes, 28 de xaneiro de 2020 Páx. 5489

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 1/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 1/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José González Rodríguez contra Hidrobarro, S.L., sobre ordinario, se ditaron o Auto en que se despacha execución, impugnable en reposición no prazo de tres días, e o Decreto de adopción de medidas de execución, impugnable en revisión no prazo de tres días, ambos do 8 de xaneiro de 2020, os cales están á súa disposición na sede deste xulgado.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hidrobarro, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 8 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza