Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4797

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

EXTRACTO da Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2020 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF318A).

BDNS (Identi.): 492539.

De conformidade co previsto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Beneficiarios

Poderán ser beneficiarios das axudas, sen prexuízo de reuniren os demais requisitos establecidos nesta orde, as asociacións profesionais de transportistas ou de empresarios de actividades auxiliares ou complementarias do transporte, ou as federacións destas, que teñan xustificado ante a Dirección Xeneral de Mobilidade, con anterioridade á data de publicación desta orde, a súa representatividade no marco do sector profesional, para os efectos do regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro, polo que se crea o Comité Galego de Transporte por Estrada e se regula o Rexistro de Asociacións Profesionais de Transportistas e de Empresas de Actividades Auxiliares e Complementarias do Transporte, participen ou non de xeito efectivo no referido órgano de representación.

As entidades referidas terán que ter acreditada unha representatividade que lles outorgue ou poida outorgar, cando menos, un vinte e cinco por cento dos dereitos de voto correspondentes ao ámbito provincial en que desenvolven a súa actividade ou, alternativamente, un quince por cento, no ámbito do conxunto da Comunidade Autónoma.

Segundo. Obxecto

O outorgamento de subvencións da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade para facilitar a realización de cursos de interese público para o colectivo do transporte en Galicia, ofertados ás entidades colaboradoras da Administración que se integran no Comité Galego de Transportes por Estrada, regulado polo Decreto 251/1998, do 10 de setembro.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 23 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras para conceder axudas para a formación no ámbito do transporte por estrada en Galicia e se convocan para 2020 (tramitación anticipada) (código de procedemento IF318A).

Cuarto. Importe

A concesión das axudas farase con cargo á aplicación orzamentaria 08.02.512A.481.1 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, por un importe de 400.000 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

Para poder ser beneficiario das subvencións deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que, a título exclusivamente informativo, figura como anexo II a esta orde, e que estará dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal) co código IF318A.

Entre outra documentación, a solicitude deberá ir acompañada dunha descrición detallada dos cursos que se pretenden ofertar, que deberá presentarse necesariamente en formato xls, xlsx ou compatible, e de acordo co modelo facilitado para tal fin pola Dirección Xeral de Mobilidade.

Santiago de Compostela, 23 de decembro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade