Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4903

III. Outras disposicións

Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2020 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración suscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Dar publicidade á relación de convenios subscritos pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro do ano 2019 e que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2020

Beatriz Allegue Requeijo
Xerente da Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde

Anexo

Convenio

Importe económico

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Biomédica Galicia Sur (FBGS) para a posta en marcha do terceiro programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación do Sistema público de saúde de Galicia (PRIS3)

60.000,00 €

2.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (FIDIS) para a posta en marcha do terceiro programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación do Sistema público de saúde de Galicia (PRIS3)

140.000,00 €

2.9.2019

Convenio de colaboración entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS) e a Fundación Profesor Novoa Santos (FPNS) para a posta en marcha do terceiro programa de desenvolvemento precomercial dos resultados da investigación do Sistema público de saúde de Galicia (PRIS3)

100.000,00 €

2.9.2019

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Roche Farma, S.A. para a colaboración na organización da xornada de entrega de premios de innovación sanitaria

Ingreso 30.000,00 €

27.9.2019

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Axencia para a Xestión do Coñecemento en Saúde e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a realización dunha pílula formativa e-learning sobre cancro de ovarios

Ingreso 4.912,00 €

25.9.2019

Convenio de colaboración empresarial en actividades de interese xeral entre a Axencia para a Xestión do Coñecemento en Saúde e AstraZeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a realización unha pílula formativa e-learning sobre coidados en diabetes

Ingreso 5.666,43 €

25.9.2019

Convenio entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e o Instituto de Salud Carlos III para a colaboración no mantemento do Centro Español para os Coidados de Saúde baseados na Evidencia

8.000,00 €

8.10.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde, e o Clúster de Saúde de Galicia, para a promoción desde o Clúster de Saúde de Galicia do desenvolvemento e difusión da innovación en saúde de empresas do sector da saúde e do sector sociosanitario

Sen achega

económica

8.11.2019