Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 4893

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no terceiro cuadrimestre do ano 2019 e un subscrito no segundo cuadrimestre do mesmo ano.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro de 2019, así como tamén darlle publicidade a outro convenio subscrito no mes de agosto do mesmo ano, que se incorporan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar
nos meses de setembro, outubro, novembro e decembro
do ano 2019 e no mes de agosto do mesmo ano

anexo

Descrición

Importe

Data

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), para o desenvolvemento e implantación dunha plataforma dixital para a rede de observadores do medio mariño galego (Redogal).

60.000 €

26.8.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Fundación Pública Artesanía de Galicia para o desenvolvemento de accións formativas ao colectivo de Redeiras Artesás no marco do seu proceso de diversificación profesional.

35.300 €

30.9.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización da acción de investigación: optimización da produción de semente de moluscos bivalvos: descrición de cambios anatómicos e estruturais durante o desenvolvemento larvario e metamorfose. Identificación e caracterización de receptores que determinan a competencia larvaria.

36.650 €

2.10.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) para o financiamento e a sustentabilidade do desenvolvemento evolutivo do proxecto de modernización tecnolóxica das lonxas.

1.605.000 €

16.10.2019

Addenda ao acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) para a realización da acción de investigación: mellora analítica da detección de toxinas en moluscos bivalvos para maximizar o fluxo de traballo en sistemas de control (MADeTox).

51.957 €

7.11.2019

Addenda ao convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Universidade de Santiago de Compostela, para a realización do proxecto Táboas input-output da pesca galega 2019.

Sen custo económico

5.12.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella para colaborar en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

30.000 €

29.10.2019

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación de Fabricantes de Conservas de Peixes e Mariscos (Anfaco-Cecopesca), para a promoción e mellora da comercialización das conservas de produtos pesqueiros no ano 2020.

149.000 €

20.12.2019

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e o Consorcio de Bibliotecas Universitarias de Galicia, para a xestión conxunta de recursos electrónicos de información científica ao Centro de Investigacións Mariñas

47.177,89

26.12.2019