Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5035

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 13 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican diversas resolucións ditadas no procedemento BS210A (expediente VI-64978 e tres máis).

De conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación das resolucións ditadas pola xefatura territorial no último domicilio coñecido dos interesados sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles as resolucións ás persoas citadas no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), comparezan nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, na Praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñeceren o texto íntegro da resolución e advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas.

Contra estas resolucións, que non esgotan a vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa notificación, dirixido á persoa titular da Consellería de Política Social, conforme os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Vigo, 13 de decembro de 2019

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do acto administrativo

BS210A/VI-64978

36024192M

Resolución por falecemento e arquivamento

15.10.2019

BS210A/PO-71435

35401896C

Resolución por falecemento e arquivamento

14.11.2019

BS210A/VI-73924

35806660F

Resolución por falecemento e arquivamento

11.11.2019

BS210A/VI-75455

32565506J

Resolución por falecemento e arquivamento

13.10.2019