Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 17 Luns, 27 de xaneiro de 2020 Páx. 5054

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 19 de decembro de 2019, da Zona Norte, polo que se somete á información pública a solicitude dunha concesión administrativa dentro do porto de Cedeira, por parte da Confraría de Pescadores de Cedeira, para a ocupación de instalacións portuarias con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa.

A persoa con DNI 32684420V, en calidade de patrón maior da Confraría de Pescadores de Cedeira, solicita unha concesión administrativa para a ocupación de instalacións portuarias con destino ao desenvolvemento das actividades portuarias inherentes á explotación indirecta do servizo de lonxa no porto de Cedeira.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 69 da Lei 6/2017, do 12 de decembro, de portos de Galicia, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nas oficinas da Xefatura da Zona Norte, sitas na rúa Nicomedes Pastor Díaz, nº 13, 27001 Lugo, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 19 de decembro do 2019

Antonio López Fernández
Xefe da Zona Norte de Portos de Galicia