Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4534

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 20 de decembro de 2019 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras de préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG408B).

O Consello de Dirección do Instituto Galego de Promoción Económica (en diante, Igape), na súa reunión do 29 de outubro de 2019, acordou aprobar as bases reguladoras dos préstamos directos para o financiamento empresarial en Galicia, e facultou ao seu director xeral para a súa convocatoria, aprobación de créditos e publicación no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Publicar as bases reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial en Galicia, e convocar os ditos préstamos para o ano 2020 en réxime de concorrencia non competitiva (Procedemento IG408B).

Segundo. Esta convocatoria tramítase de conformidade co disposto no artigo 25 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Decreto 11/2009), no cal se establece a tramitación anticipada de expedientes de gasto, condicionando a concesión destas axudas á existencia de crédito adecuado e suficiente no momento do acordo de concesión.

Terceiro. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e finalizará o 30 de decembro de 2020, agás que se produza o suposto de esgotamento do crédito.

Cuarto. Os créditos dispoñibles para concesión nesta convocatoria aboarase con cargo á seguinte aplicación orzamentaria e polos seguintes importes e distribución plurianual:

Partida orzamentaria

Ano 2020

Ano 2021

TOTAL

09.A1-741A-8310

10.000.000 €

8.000.000 €

18.000.000 €

O director xeral do Igape poderá ampliar os créditos, logo de declaración da súa dispoñibilidade, como consecuencia das circunstancias establecidas no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto.

Quinto. Prazos de duración do procedemento, de execución do proxecto e para solicitar o cobramento.

O prazo máximo para resolver e notificar o acordo de concesión/denegación será de cinco meses desde a data de presentación da solicitude e, transcorrido este, poderase entender desestimada por silencio administrativo a solicitude de concesión.

O prazo de execución dos proxectos rematará na data establecida no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 31.03.2022.

O beneficiario deberá presentar a solicitude de disposición antes do prazo establecido no acordo de concesión, sen que nunca poida exceder do 30.11.2021.

Sexto. As modalidades de préstamo que se habiliten conforme ao Anexo I das bases reguladoras, poderán incorporar, se é o caso, unha axuda de estado implícita polo aforro de carga financeira para o beneficiario respecto a un préstamo que se podería obter no mercado. Para estes casos:

a) De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información requirida por esta, o texto da convocatoria para a súa publicación na citada base e o seu extracto no Diario Oficial de Galicia. A cesión de datos de carácter persoal que debe efectuarse á Intervención Xeral da Administración do Estado para os efectos de publicar as subvencións concedidas na Base de Datos Nacional de Subvencións, non requirirá o consentimento do beneficiario.

b) Os requisitos das letras c), e), f), i), k), l), m) e n) do artigo 20.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (en diante, Lei 9/2007), indícanse nas bases anexas a esta resolución.

Santiago de Compostela, 20 de decembro de 2019

Juan Manuel Cividanes Roger
Director do Instituto Galego de Promoción Económica

Bases reguladoras de préstamos directos
para o financiamento empresarial en Galicia

O Igape é o instrumento básico de acción da Xunta de Galicia para impulsar o desenvolvemento competitivo do sistema produtivo galego, planeando e executando as actuacións do goberno autónomo para o apoio aos investimentos considerados estratéxicos no ámbito de Galicia.

O Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos Decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro) e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo de 2009) habilita ao Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas de acordo cos requisitos e características establecidos nos programas que, con carácter xeral, para ese efecto aprobe.

Historicamente, o Igape puxo en marcha diversos programas de préstamos, con recursos do Banco Europeo de Investimentos, con fondos estruturais europeos, e con cargo aos seus orzamentos, tanto mediante liñas específicas para emprendedores, sector audiovisual, Industria 4.0 e innovación, como con liñas horizontais para facilitar o investimento e o financiamento de circulante para o crecemento, demostrándose que estes programas constitúen unha ferramenta eficaz para favorecer o acceso ao crédito das empresas galegas, ao complementar o mercado bancario con produtos de financiamento público axeitados ao desenvolvemento de proxectos.

Mediante Resolución do 2 de xullo de 2019 publicáronse as bases reguladoras de préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial de Galicia, para cubrir aquelas necesidades financeiras para a implantación e desenvolvemento de determinados proxectos empresariais de interese para Galicia, que queden fóra do ámbito de aplicación do Instrumento financeiro de préstamos Galicia-programa operativo Feder Galicia 2014-2020 polos requisitos de elixibilidade dos proxectos. O prazo de presentación de solicitudes desta liña remata o 31 de decembro de 2019, e o prazo máximo de disposición dos préstamos concedidos remata o 31 de decembro de 2020. Considérase oportuno manter esta liña de financiamento aberta a solicitudes para o ano 2020, axustando os períodos máximos de disposición ata finais do 2021.

En coherencia co anterior, o Consello de Dirección do Igape, na súa reunión de data 29 de outubro de 2019, acordou aprobar as bases Reguladoras dos préstamos directos do Igape para o financiamento empresarial, establecendo varias modalidades de préstamos e de acordo cos seguintes artigos.

A convocatoria desta liña de préstamos será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia mediante resolución da Dirección Xeral do Igape. A convocatoria incluirá o procedemento de tramitación, o prazo de presentación de solicitudes e os créditos asignados.

Estas bases outorgaranse en réxime de concorrencia non competitiva ao abeiro do disposto no artigo 19.2 da Lei 9/2007.

Na súa consecuencia, serán financiables todos os proxectos que cumpran os requisitos establecidos nestas bases reguladoras, sen necesidade de establecer comparacións entre os proxectos nin unha orde de prelación entre eles, tendo en conta, ademais, a oportunidade de que a tramitación dos expedientes sexa rápida e con prazos de solicitude abertos, pola dificultade para os potenciais beneficiarios de planificar as accións a financiar e a urxencia da súa implementación, a medida que xorden as necesidades.

O Igape, como entidade que concede préstamos no exercicio das súas competencias de fomento empresarial, ten a consideración de suxeito obrigado aos efectos do disposto na Lei 10/2010 para a prevención do branqueo de capitais e financiamento do terrorismo, en materia de dilixencia, información e adopción de medidas de control. As operacións que o Igape tramite ao abeiro destas bases, someteranse ao previsto na dita Lei, no Real Decreto 304/2014, do 5 de maio, polo que se aproba o seu Regulamento, e demais normativa de aplicación.

Artigo 1. Beneficiarios

1. Poderán ser beneficiarios dos préstamos regulados nestas bases aquelas empresas que cumpran os seguintes requisitos:

a) Realicen unha iniciativa empresarial nun centro de traballo, obxecto do proxecto de investimento, localizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

b) Cumpran as condicións establecidas especificamente para a correspondente modalidade de préstamo, conforme aos requisitos que se detallan no Anexo I.

c) Acheguen para o proxecto de investimento unha contribución financeira mínima do 25 % do proxecto, exenta de calquera tipo de apoio público.

2. Para as modalidades de préstamo especificamente indicadas no Anexo I, poderán ser tamén beneficiarias as persoas físicas, agrupacións e as sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do anterior apartado 1. Neste caso, deberán facerse constar expresamente, tanto na solicitude como no acordo de concesión, os compromisos de execución asumidos por cada membro da agrupación, así como o importe das axudas que se van a aplicar por cada un deles, que terán igualmente a consideración de beneficiarios. En calquera caso, deberá nomearse un representante ou apoderado único con poder suficiente para cumprir as obrigas que como beneficiaria correspondan á agrupación. Non poderá disolverse a agrupación ata que transcorra o prazo de prescrición de catro anos previsto no art. 35 e 63 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

3. Non poderán ter a condición de beneficiarios dos préstamos:

a) As empresas suxeitas a unha orde de recuperación de axudas, consecuencia dunha decisión da Comisión Europea.

b) As empresas en crise. A estes efectos, terase en conta a definición de empresa en crise establecida nas Directrices sobre axudas estatais de salvamento e reestruturación de empresas non financeiras en crise (Comunicación Comisión 2014/C 249/01) ou normativa que a substitúa.

c) As entidades nas que concorrese algunha das circunstancias previstas no art. 10.2 da Lei 9/2007.

Artigo 2. Características dos proxectos que se van financiar

1. O Igape poderá financiar proxectos empresariais viables a implantar na Comunidade Autónoma de Galicia, que cumpran ademais os requisitos específicos establecidos no Anexo I para cada modalidade de préstamo.

Serán financiables os investimentos e gastos que cumpran os requisitos destas bases, realizados e pagados unha vez presentada a solicitude, e dentro do prazo concedido para a execución do proxecto.

2. Non serán financiables as meras substitucións de bens sen unha mellora produtiva, os traslados de centros produtivos que non supoñan unha mellora na capacidade produtiva ou na competitividade, os gastos de amortización, o saneamento de contas, nin o financiamento ou o refinanciamento de débedas.

3. Actividades financiables: os proxectos financiables deberán estar vinculados ás actividades establecidas como financiables, que serán as sinaladas no Anexo I para cada unha das modalidades de préstamo, independentemente de calquera outra que, ademais, desempeñe o solicitante.

Artigo 3. Conceptos de gasto financiables

1. Sen prexuízo das limitacións establecidas no Anexo I para cada una das modalidades de préstamo, poderán ser financiados os seguintes elementos:

a) Bens tanxibles cuxo uso previsto pola beneficiaria sexa a produción ou subministro de bens ou servizos, ou ben para fins administrativos: terreos e bens naturais, construcións, instalacións técnicas, maquinaria, utillaxe, outras instalacións, mobiliario, equipos para proceso de información e elementos de transporte, así como outro inmobilizado material necesario para o desenvolvemento da actividade. Exclúense os investimentos inmobiliarios, entendendo como tales os activos inmobles que se adquiran ou constrúan para obter rendas, plusvalías ou ambas.

b) Bens intanxibles, tales como investigación, desenvolvemento, concesións administrativas, propiedade industrial ou intelectual, dereitos de traspaso e aplicacións informáticas.

c) Gastos de investigación, desenvolvemento e innovación, aínda que contablemente teñan a consideración de gasto corrente, por non cumprirse as condicións para a súa activación previstas nas normas particulares sobre o inmobilizado intanxible recollidas no vixente Plan Xeral de Contabilidade, por canto unha vez finalizado o prazo para xustificar o proxecto poidan non presentarse motivos fundados de éxito técnico e rendibilidade económico-comercial.

d) Capital de explotación: entendendo como tal o incremento permanente de capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, que deberá cumprir o seguintes tres requisitos:

1º. A contía financiable por este concepto será calculado pola solicitante, sustentando as súas necesidades cunha metodoloxía analítica, sobre a base das previsións de incremento de actividade a consecuencia do proxecto, detallando custos, marxes e períodos medios de pagos a provedores, almacenamento, fabricación, venda e cobro a clientes.

2º. Á finalización do período de execución do proxecto, deberá acreditarse que o capital circulante incrementouse na contía financiada. A estes efectos entenderase como capital circulante o valor das existencias (mercadorías, materias primas, outros aprovisionamentos, produtos en curso e produtos terminados) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e as de provedores máis acredores por prestación de servizos. O total destes saldos contables deberá terse incrementado á data de fin do prazo de execución, en contía equivalente á financiada por este concepto.

3º. Os fondos obtidos do produto financeiro con esta finalidade, serán aplicados ao pago de conceptos de gasto corrente do exercicio. A beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, na que abonará as disposicións e na que poderanse cargar exclusivamente:

i) Pagos a provedores de mercadorías, materias primas e aprovisionamentos, mediante transferencia ou pago de efectos.

ii) Pagos a acredores por prestación de servizos, arrendamentos e/ou subministracións.

iii) Pagos de nóminas e seguros sociais.

iv) Gastos financeiros asociados á operativa da conta específica.

v) Primas de seguros, en cobertura de riscos asociados á actividade empresarial.

Os fondos non poderán destinarse a refinanciar débedas bancarias, saneamento de contas, ou a atender vencementos de cotas de préstamos, leasing ou outras operacións financeiras, nin utilizarse como depósito para constituír garantías. En ningún caso realizaranse disposicións en efectivo, cheques ao portador ou transferencias a outras contas da mesma empresa, aínda que posteriormente sexan aplicados ás finalidades previstas.

e) Salvo nos conceptos recollidos no punto f) seguinte, exclúense impostos, taxas e arbitrios, a excepción do IVE cando non sexa recuperable.

f) Pagos operativos, entendendo como tales o pagamento de gastos correntes, pagos a provedores, acredores por subministros e prestación de servizos, gastos de persoal e seguridade social, reparacións e conservación, e pago de impostos, aínda cando este pago non teñan a consideración de gasto do exercicio (tales como os pagos de liquidacións de IVA e retencións). Admitirase tamén o pago ou refinanciamento de débedas bancarias vencidas, sempre e cando estas proveñan do desconto comercial ou anticipo de facturas, efectos e/ou contratos de clientes por vendas ou prestación de servizos.

2. Os bens obxecto de investimento deberán ser adquiridos en propiedade a terceiros polo beneficiario. En caso de adquisición dos bens mediante fórmulas de pago aprazado, estes tamén deberán pasar a ser de propiedade plena do beneficiario antes da finalización do prazo de execución do proxecto, debendo constar neste momento o vencemento e pago das cantidades aprazadas.

3. Non obstante o previsto no anterior apartado 2, tamén poderán ser financiada a obra civil en inmobles sobre os que exista un dereito de superficie ou unha concesión administrativa e/ou estean alugados por entidades non vinculadas ao beneficiario.

4. Os gastos financiables deberán ser contratados e pagados directamente entre o beneficiario do préstamo e o provedor, agás os gastos de desenvolvemento e innovación, que poderán ser realizados con medios e por persoal da propia beneficiaria.

5. Os provedores non poderán estar vinculados coa entidade solicitante ou cos seus órganos directivos ou xestores salvo que a contratación se realice en condicións normais de mercado e se autorice expresamente no acordo de concesión, previa petición do solicitante.

6. En caso de bens usados, poderán ser financiados sempre que se acredite mediante certificado de taxador independente, que o prezo non supera o valor de mercado e que é inferior ao custo de bens novos similares.

Artigo 4. Características dos préstamos

1. As características específicas de cada modalidade de préstamo, serán as detalladas no Anexo I.

2. Importe do financiamento: os importes mínimos e máximos do financiamento e a porcentaxe de investimento financiable, serán os establecidos no Anexo I para cada unha das modalidades de préstamo. O importe nominal da operación de financiamento non superará en ningún caso a suma dos conceptos financiables do proxecto pendentes de pago.

3. Reembolso: os préstamos serán reembolsables nos prazos e coas carencias sinalados no Anexo I.

A beneficiaria terá a facultade de proceder ao reembolso total ou parcial da operación financeira, solicitando a liquidación mediante notificación dirixida ao Igape cun aviso previo mínimo de 15 días hábiles.

Os pagos da beneficiaria ao Igape en concepto de amortización e custo das operacións financeiras, serán realizados mediante transferencia bancaria á conta designada no contrato, ou ben mediante domiciliación na conta que a beneficiaria designe, para o que a titular deberá presentar debidamente cumprimentado o formulario Orde de domiciliación de débito directo SEPA que se incorpora no Anexo VI.4. As liquidacións periódicas dos importes para ingresar ou a cargar na conta de domiciliación, serán calculadas polo Igape e comunicadas á titular, a título informativo, á dirección de correo electrónico sinalada no contrato de financiamento. A non recepción desta comunicación non eximirá á titular da obriga de pago nos prazos establecidos. O pago da liquidación fóra de prazo de vencemento supoñerá a devindicación de xuros de mora conforme ao pactado no contrato de financiamento.

4. En caso de producirse o incumprimento total ou parcial das condicións do contrato de financiamento, o Igape poderá dalo por vencido, e requirirá o reembolso total ou parcial, segundo corresponda, do capital vivo e dos xuros devindicados, sen prexuízo da obrigación de reintegro da subvención implícita á que puidera dar lugar o expediente de incumprimento conforme ao artigo 18 destas bases.

5. Garantías: o Igape poderá tomar as garantías de cumprimento adecuadas segundo as características de cada operación, de acordo co establecido para cada modalidade no Anexo I.

6. Dereito privado: os contratos mediante os que se formalicen as operacións someteranse ao dereito privado.

Artigo 5. Custo do financiamento, consideración de axuda de estado e compatibilidade

1. Con carácter xeral, os préstamos previstos nestas bases reguladoras obrigarán á beneficiaria ao pago de xuros sobre a débeda viva, ata o total reembolso, calculados a un tipo determinado conforme á Comunicación da Comisión Europea de revisión do método de fixación de tipos de referencia e actualización 2008/C 14/02 (DOCE 19 de xaneiro), en base a cualificación de risco de crédito da titular e das garantías que o Igape tome, de acordo coa metodoloxía descrita no Anexo II.

Non obstante, cando así se contemple na correspondente modalidade do Anexo I, o tipo de xuro poderá resultar inferior ao de mercado que correspondería en aplicación da Comunicación da Comisión Europea antes citada. Neses supostos:

a) No acordo de concesión determinarase a axuda implícita conforme á metodoloxía descrita no Anexo III, que equivalerá ao aforro da carga financeira que supón para a beneficiaria.

b) A beneficiaria aceptará a contía determinada cando instrumente a operación, obrigándose a reintegrar a vantaxe financeira da que gozase indebidamente no caso de incumprimento das condicións da axuda.

c) Esta axuda implícita terá a consideración de axuda de minimis e cumprirá co establecido na normativa de minimis que lle sexa de aplicación ao titular: Regulamento (UE) nº 1407/2013 da Comisión relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis, Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE) 2019/316 que o modifica, ou Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

d) As axudas de minimis considéranse concedidas no momento en que se recoñeza á empresa o dereito legal a recibir a axuda en virtude do réxime xurídico nacional aplicable, con independencia da data de pago da axuda de minimis á empresa. En consecuencia, as variacións nas condicións financeiras de mercado posteriores á concesión non afectarán ao cálculo da subvención bruta equivalente.

2. Os préstamos contemplados nestas bases reguladoras serán compatibles con calquera outra axuda.

Para os casos nos que se contemple axuda implícita, serán compatibles con outras a condición de que o importe conxunto non supere os límites máximos de intensidade da axuda resultante da normativa de aplicación.

A obtención doutras axudas ou subvencións deberá comunicarse ao Igape tan pronto como se coñeza e, en todo caso, no momento en que se presente documentación xustificativa do proxecto realizado. En todo caso, antes de conceder o préstamo, solicitarase da empresa unha declaración escrita ou en soporte electrónico, sobre calquera axuda de minimis recibida durante os dous exercicios fiscais anteriores e durante o exercicio fiscal en curso. O incumprimento do disposto neste artigo considerarase unha alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda e poderá dar lugar a un procedemento de reintegro.

Artigo 6. Criterios de selección de proxectos

1. Os proxectos que cumpran as condicións necesarias serán avaliados conforme aos seguintes criterios:

a) Baremación específica do proxecto para a modalidade de préstamo solicitada: valoraranse as solicitudes conforme aos criterios específicos de avaliación previstos, se é o caso, no Anexo I para cada modalidade.

b) Cualificación do risco de crédito: conforme á metodoloxía de avaliación descrita no Anexo IV, cualificarase o proxecto nunha das seguintes cinco categorías: «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)».

c) Cualificación da garantía, conforme aos criterios descritos no Anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape nun dos tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

2. Para as puntuacións e cualificacións detalladas nos apartados 6.1 a) e b) anteriores, establécense uns limiares mínimos de aprobación, recollidos nos citados Anexos I e IV respectivamente. Se unha solicitude non acada os devanditos limiares mínimos será denegada.

3. As solicitudes que cumpran os requisitos destas bases e superen os limiares de puntuación sinalados no apartado anterior deste artigo serán aprobados por orde de entrada das solicitudes completas no Igape, ata a total utilización do orzamento da convocatoria para as distintas modalidades de préstamos, en réxime de concorrencia non competitiva.

Artigo 7. Solicitude e documentación complementaria necesaria para a tramitación

1. Forma e lugar de presentación de solicitudes.

Para presentar a solicitude, a entidade solicitante deberá cubrir previamente un formulario electrónico descritivo das circunstancias do solicitante e do proxecto para o que solicita o préstamo, a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Deberá cubrir necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador do documento electrónico (IDE) que identificará univocamente a solicitude de préstamo.

A solicitude presentarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado (Anexo VI.1), que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://www.tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.

Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDE obtido no paso anterior. As solicitudes que carezan do IDE ou nas que este sexa erróneo (sexa porque teña un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) non serán tramitadas, concedéndolles aos solicitantes un prazo de 10 días hábiles para a súa emenda, transcorrido o cal se lles terá por desistidos da súa petición, previa resolución de arquivo.

No caso de presentala da solicitude de xeito presencial, o Igape requirirá ao solicitante para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos considérase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

Os solicitantes por esta vía electrónica deberán reunir os seguintes requisitos:

a) Será necesario que o asinante da solicitude teña a representación da empresa ou entidade solicitante. Esta representación deberá ser individual ou solidaria, de xeito que coa súa firma sinatura abonde para acreditar a vontade do solicitante.

b) A oficina virtual do Igape acepta todos os certificados validados pola plataforma @firma da Administración Xeral do Estado, que son os que figuran nesta relación http://administracionelectronica.gob.es/PAe/aFirma-Anexo-PSC.

c) A presentación ante o Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia admite a firma da solicitude por parte dun único solicitante. No caso de que deba ser asinada por máis dun solicitante (por exemplo, solicitudes con dous asinantes, representación mancomunada, etc.), deberá anexar necesariamente un documento no que se deixe constancia de que todos os asinantes autorizan a un deles para presentar a solicitude. Este documento realizarase en papel con firmas manuscritas e deberá ser escaneado a formato PDF para ser anexado.

Unha vez asinado o formulario de solicitude, mediante certificación dixital do presentador, e transferido este ao Igape, procederase á anotación dunha entrada no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia.

No momento da presentación o rexistro expedirá, empregando as características da aplicación telemática, un recibo no que quedará constancia do feito da presentación.

Os solicitantes poderán obter en todo momento un xustificante de recepción por parte do Igape dos termos da súa solicitude contidos no formulario. Deberano solicitar na dirección de correo electrónico informa@igape.es, indicando os 40 caracteres do IDE e a dirección de correo electrónico na que desexan recibir o xustificante.

2. A solicitude deberá presentarse xunto coa seguinte documentación complementaria:

a) A documentación específica sinalada no Anexo I para cada modalidade de préstamo.

b) Informe detallado da Central de Información de Riscos do Banco de España (CIR) correspondente ao último período dispoñible, consistente nun arquivo en formato PDF asinado electronicamente que o solicitante deberá obter da Oficina Virtual do Banco de España (actualmente no enderezo da internet https://sedeelectronica.bde.es).

c) En caso de persoas xurídicas:

1º. Escritura/acta de constitución e dos estatutos debidamente inscritos no rexistro competente e as súas modificacións posteriores.

2º. Poder do representante que presenta a solicitude, inscrito, no seu caso, no rexistro competente.

3º. Contas anuais, auditadas no seu caso, correspondentes ao último exercicio pechado.

4º. Balance e conta de resultados recentes, asinados polos administradores.

d) No caso de persoas físicas ou comunidades de bens: copias das declaracións de IVE: resumo anual do exercicio anterior e liquidacións periódicas do exercicio corrente.

e) Copia da declaración de solicitude de impacto ambiental, ou declaración responsable de non ter que realizala, se é o caso.

f) En caso de actividades situadas en zonas naturais protexidas, descrición completa das actividades afectadas, ou declaración responsable de non estar as actividades situadas en zonas naturais protexidas.

g) No seu caso, proxecto técnico elaborado para a obtención da correspondente licenza urbanística no caso de proxectos que inclúan gastos de obra civil e cando sexa preceptiva dita licenza (construción ou reforma de nave, oficinas, locais comerciais, etc.). Exceptúase da necesidade de presentación de proxecto técnico a execución de obras ou instalacións menores.

h) Relación detallada dos investimentos que se van realizar, distinguindo entre bens novos e usados.

i) Copia do contrato de aluguer/concesión/superficie do inmoble obxecto do proxecto de investimento, no seu caso.

j) Complementariamente o Igape poderá solicitar a achega, con carácter facultativo, daqueloutra documentación xustificativa para os efectos de valoración do risco.

Non será necesario achegar os documentos que xa foran presentados anteriormente. Para estes efectos, a persoa interesada deberá indicar en que momento e ante que órgano administrativo presentou os citados documentos. Presumirase que esta consulta é autorizada polas persoas interesadas, salvo que conste no procedemento a súa oposición expresa.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competente poderá requirirlle á persoa interesada a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos aos que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. O solicitante responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada.

3. Trámites administrativos posteriores á presentación da solicitude: todos os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo ao enderezo da internet http://www.tramita.igape.es.

Artigo 8. Comprobación de datos

1. Para a tramitación deste procedemento consultaranse automaticamente os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas Administracións públicas:

a) DNI/NIE da persoa solicitante.

b) DNI/NIE da persoa representante.

c) NIF da entidade solicitante.

d) NIF da entidade representante.

e) Certificado da AEAT de alta no Imposto de Actividades Económicas (IAE). 

f) Certificado de estar ao corrente das obrigacións tributarias coa AEAT.

g) Certificado de estar ao corrente do pago coa Seguridade Social.

h) Certificado de estar ao corrente do pago coa Consellería de Facenda.

i) Certificado da renda do último exercicio no caso de persoas físicas ou comunidades de bens.

j) Consulta de inhabilitacións para obter subvencións e axudas.

k) Consulta de concesións pola regra de minimis.

l) Para o estudo da solicitude e o seguimento posterior das operacións, será necesario cualificar o risco de crédito. Exclusivamente con esta finalidade poderanse solicitar informes de solvencia financeira da solicitante e dos seus avalistas, dos Rexistros Mercantís e da Propiedade, da Central de Información de Riscos do Banco de España, así como de bases de datos, públicas e privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das Sociedades de Garantía Recíproca.

2. No caso de que as persoas interesadas se opoñan a esta consulta, deberán indicalo no cadro correspondente habilitado no formulario de solicitude (anexo VI.1) e achegar os documentos.

3. Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 9. Órganos competentes

A Área de Investimento do Igape será o órgano competente para a instrución do procedemento de concesión. O Comité de Riscos previsto no artigo 10.4 elevará proposta de resolución, favorable ou desfavorable, ao Consello de Dirección do lgape, que será o órgano competente para resolver.

Artigo 10. Instrución dos procedementos, resolución e notificacións

1. De conformidade co establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, se a solicitude ou o formulario non reúnen algunha da documentación ou informacións esixidas, requirirase ao interesado para que, nun prazo de dez días hábiles, emende a falta ou achega dos documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixese, teráselle por desistido na súa petición, despois da correspondente resolución. Este requirimento de corrección tamén se fará se das certificacións obtidas de conformidade co artigo 8 destas bases resulta que o solicitante non se atopa ao día no pago das súas obrigacións tributarias e sociais co Estado e coa Administración da Comunidade Autónoma.

2. As solicitudes de axuda serán avaliadas polos servizos dos órganos instrutores, en función dos datos declarados na solicitude de axuda, no formulario e na documentación presentada, sen prexuízo de que para a cualificación do risco de crédito poida solicitarse información da solvencia da solicitante e dos seus avalistas, para o que se poderán consultar as informacións dos Rexistros Mercantís e da Propiedade, Central de Información de Riscos do Banco de España, así como bases de datos, mesmo privadas, que recompilen datos de morosidade, incidencias xudiciais ou outros. Tamén se poderá obter información do cumprimento e historial crediticio das entidades financeiras que participen no financiamento do proxecto, así como das Sociedades de Garantía Recíproca.

3. Os servizos técnicos do órgano instrutor emitirán informe co seguinte contido:

a) Descrición do solicitante e do proxecto.

b) Comprobacións do cumprimento dos requisitos do beneficiario e de elixibilidade do proxecto.

c) Determinación do importe do proxecto financiable e da contía do investimento proposto.

d) Baremación específica do proxecto con arranxo aos criterios do Anexo I.

e) Cualificación do risco de crédito con arranxo á metodoloxía do Anexo IV.

f) Valoración das garantías conforme aos criterios do Anexo V.

g) Nas modalidades de préstamo nas que así se determine no Anexo I, cálculo da subvención bruta equivalente implícita na operación financeira proposta conforme ao Anexo III.

No seu caso, anexaranse os informes doutros organismos sectoriais e os sinalados no Anexo I para cada modalidade de préstamo.

4. Comité de Riscos: Estará formado por un número impar de membros, e incluirá representantes do Igape, de Xesgalicia e das correspondentes Consellerías sectoriais. Ademais poderá solicitar a presenza como asesor/a de outro persoal representante de calquera Administración pública, que non participará nas votacións.

O Comité de Riscos supervisará e validará as valoracións dos proxectos incluídas nos informes técnicos contemplados no artigo 10.3 anterior, podendo acordar axustes cualitativos na puntuación sempre que sexan motivados.

O Comité de Riscos acordará elevar a proposta de resolución favorable ou desfavorable ou, alternativamente, poderá pospoñer a decisión se considera necesario ampliar a información para unha mellor avaliación, nese caso considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución previsto no artigo 6.3.

5. O Consello de Dirección do Igape será o órgano que adoptará a decisión de concesión ou denegación da solicitude, podendo acordar tamén a realización de actuacións complementarias indispensables para resolver o procedemento, incluída a ampliación de información para unha mellor avaliación e a petición de informes complementarios. Nestes casos, considerarase o expediente incompleto para os efectos da orde de resolución previsto no artigo 6.3. No caso de adoptar un acordo diferente ao proposto polo Comité de Riscos, este deberá ser motivado.

6. No acordo de concesión de préstamo farase constar, entre outros datos, a identificación da prestameira, o importe do investimento financiable e non financiable, con descrición dos conceptos de gasto financiable, o importe do préstamo, o tipo de xuro aprobado, o seu prazo de vixencia e de carencia, se é o caso a subvención bruta equivalente calculada en base á diferenza entre os xuros aprobados e os xuros de mercado, os prazos de execución do proxecto, de formalización e de disposición, a descrición das garantías para constituír a favor do Igape, así como outras obrigacións e compromisos que se poidan requirir á prestameira, e os demais requisitos previstos na normativa comunitaria.

No acordo denegatorio do préstamo farase constar o motivo da denegación.

7. As notificacións dos actos administrativos practicaranse só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Os solicitantes deberán acceder á páxina web do Igape no ligazón tramitación electrónica para recibir as notificacións. O sistema solicitará do interesado o seu certificado dixital en vigor, e a firma electrónica dun acuse de recibo das notificacións (xustificación de recepción electrónico).

As notificacións por medios electrónicos entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido. Entenderase rexeitada cando transcorresen dez días naturais desde a posta a disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, o Igape practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

8. O prazo máximo para resolver e notificar o acordo será o establecido na resolución de convocatoria. Se transcorrese o prazo máximo para resolver sen que recaese acordo expreso, os interesados poderán entender desestimadas as súas solicitudes por silencio administrativo. O citado prazo poderá ser suspendido nos supostos establecidos no artigo 22 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Artigo 11. Réxime de recursos

Os acordos adoptados ao amparo destas bases poñerán fin á vía administrativa e contra eles poderán interpoñerse os seguintes recursos, sen prexuízo de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren procedente:

a) Recurso contencioso-administrativo, ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación do acordo, ou no prazo de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se produza o acto presunto.

b) De forma potestativa, recurso previo de reposición ante o Consello de Dirección do Igape, no prazo dun mes desde o día seguinte ao da notificación do acordo, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel no que, de acordo co establecido nestas bases reguladoras, se produza o acto presunto.

Artigo 12. Formalización das operacións financeiras

1. As empresas beneficiarias deberán instar a formalización dos contratos de financiamento nos prazos establecidos no acordo de concesión. Unha vez transcorridos os prazos sinalados sen formalización, decaerá a concesión e arquivarase o expediente, salvo xustificación de razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo.

2. Será por conta da prestameira os gastos asociados á formalización da operación e inscrición de garantías constituídas (notario, rexistrador), así como o custo de liquidación de todos os tributos que dita operación devindique.

Artigo 13. Disposición dos fondos

1. O prazo máximo para dispoñer dos fondos obtidos dos préstamos e o número máximo de disposicións será o establecido no acordo de concesión. En todo caso este prazo non superará o 31 de decembro de 2021 nin o período de carencia na amortización do préstamo.

2. O desembolso das operacións financeiras realizarase a solicitude da beneficiaria, conforme ao modelo do Anexo VI.2.

As solicitudes deberán presentarse obrigatoriamente por vía electrónica a través do formulario de solicitude normalizado co IDE (Anexo VI.2), accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal, e deberán acreditar os requisitos e achegar a documentación sinalados de seguido, así como aqueles outros que se é o caso se establezan no acordo individual de concesión:

a) Será necesario acreditar previamente a existencia de débeda cos provedores dos bens para financiar mediante facturas, contratos, facturas pro-forma ou orzamentos debidamente aceptados.

b) En proxectos xa iniciados, e sempre para a segunda e posteriores disposicións, será necesario acreditar documentalmente a realización e pago dos investimentos executados mediante facturas, xustificantes de pago e extractos bancarios.

c) Con carácter xeral, a parte do proxecto financiada con fondos propios ou con outros fondos alleos será executada e pagada con anterioridade á utilización do préstamo ou simultaneamente. En caso de pago simultáneo, a prestameira deberá acreditar, mediante certificación bancaria, a dispoñibilidade líquida para o pago da parte non financiada co préstamo.

d) Conforme o artigo 53 da Lei 2/2018, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2019, a prestameira deberá acreditar que se atopa ao corrente do pago das obrigacións de reembolso de calquera outro préstamo concedido anteriormente con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma, mediante certificación do órgano competente, ou cando non se poida acreditar doutra maneira, mediante unha declaración responsable da prestameira.

Non será necesario acreditar os requisitos e achegar a documentación establecidos nos apartados a), b) e c) cando o reembolso dun tramo do préstamo figure avalado mediante aval bancario ou de sociedade de garantía recíproca.

Os avais bancarios ou de sociedade de garantía recíproca achegados pola beneficiaria en garantía da execución e correcta xustificación ante o Igape dos investimentos aprobados no acordo de concesión serán liberados unha vez conste xustificado o proxecto conforme ao establecido no artigo 17 das bases.

3. Con carácter previo ou simultáneo ao desembolso da primeira disposición dos fondos, a titular deberá presentar ante o Igape a primeira copia da escritura ou póliza de préstamo debidamente liquidada, e será requisito que as garantías que, no seu caso, se establezan no acordo de concesión estean debidamente inscritas nos rexistros que correspondan.

4. Transcorrido o prazo máximo de disposición sen que se dispoña da totalidade dos fondos, salvo xustificación por razóns que motiven a concesión dunha prórroga do devandito prazo, o importe da operación financeira quedará fixado no importe efectivamente disposto. Neste suposto o Igape emitirá resolución anulando o compromiso pola parte non disposta e, se é o caso, axustarase o importe da subvención bruta equivalente implícita no produto ao importe efectivamente utilizado.

5. Os fondos obtidos da operación financeira deberán ser aplicados exclusivamente ao pago dos conceptos de gasto financiables aprobados no acordo de concesión.

6. Para a parte dos fondos da operación destinados a financiar capital circulante, a beneficiaria abrirá unha conta corrente específica nunha entidade financeira, coa operativa sinalada no artigo 3.1.d.3.

Artigo 14. Período de execución do proxecto

1. O período de execución do proxecto iniciarase e finalizará nas datas que se indiquen no acordo de concesión.

2. Todos os xustificantes da realización e pago dos investimentos deberán estar datados nese período, así como calquera outra condición establecida no acordo de concesión, salvo que expresamente establézase outro prazo. Exceptúanse aqueles gastos cuxos pagamentos deban efectuarse nun momento posterior por axustárense aos calendarios de recadación, como os ingresos á conta do IRPF ou cotas por seguros sociais liquidables con posterioridade á data de execución.

Artigo 15. Modificación do acordo de concesión

1. Unha vez ditado o acordo de concesión, observarase o establecido no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei de subvencións de Galicia, e admitiranse, dentro dos límites xerais establecidos nestas bases, modificacións relativas á contía do investimento financiable sempre que se manteña nos límites e porcentaxes máximos de operación financeira respecto do investimento previstos nestas bases, ao plan de financiamento, á localización, ás garantías, á composición do capital (no caso de sociedades mercantís), a cambios de titularidade, a operacións de fusión ou escisión e a variacións entre partidas ou de conceptos de gasto.

2. O beneficiario deberá solicitar a modificación presentando a súa instancia dirixida ao Consello de Dirección do Igape.

O acto polo que se acorde a modificación do acordo, será ditado polo órgano concedente, unha vez instruído o correspondente expediente no cal se dará audiencia aos interesados. Con todo, poderá prescindirse deste trámite de audiencia cando non figuren no procedemento, nin se teñan en conta na resolución, outros feitos, alegacións ou probas que as aducidas polo interesado.

3. O Igape poderá rectificar de oficio o acordo cando dos elementos que figuren nel se deduza a existencia dun erro material, de feito ou aritmético.

4. Os prazos para a formalización e disposición dos fondos das operacións, así como os prazos de execución dos proxectos poderán ser modificados, previa solicitude dos interesados, por resolución da persoa titular da Dirección Xeral do Igape despois do informe da Área de Investimento. Só se poderá autorizar a prórroga por un prazo máximo da metade do prazo inicial e exclusivamente nos casos nos que se acredite que o atraso non é por causa imputable ao beneficiario.

Artigo 16. Obrigas dos beneficiarios

1. Son obrigacións dos prestameiros:

a) Xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións do préstamo, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determine a concesión da operación financeira.

b) Executar o proxecto que fundamenta a concesión do préstamo no prazo establecido no acordo de concesión.

c) Someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como a calquera outra actuación, sexa de comprobación e/ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en particular a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas e o Consello de Contas. Para tal fin, deberá dispoñer dos libros contables, rexistros dilixenciados e demais documentos debidamente auditados nos termos esixidos pola lexislación mercantil e sectorial aplicable ao beneficiario en cada caso, así como a documentación xustificativa da realización e abono dos gastos e investimentos financiables, coa finalidade de garantir o adecuado exercicio das facultades de comprobación e control, durante, polo menos, 4 anos desde a concesión do préstamo.

d) Comunicar ao Igape a solicitude e/ou obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades financiadas, así como a modificación das circunstancias que fundamentaran a concesión da axuda. Esta comunicación deberá efectuarse no momento en que se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos. En ningún caso o importe da axuda poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións ou axudas doutras administracións públicas, supere os límites máximos de intensidade da axuda que sexan de aplicación.

e) Manter un sistema de contabilidade separado ou un código contable adecuado en relación con todas as transaccións relacionadas cos gastos financiados, sen prexuízo das normas xerais da contabilidade, que permita seguir unha pista de auditoría sobre os gastos financiados.

f) No caso de que non poida realizarse o proxecto para o cal se concedeu a axuda, comunicar a renuncia ao expediente solicitado no momento en que se produza a certeza da non execución.

g) Proceder ao reintegro anticipado da operación financeira e, se é o caso, da subvención bruta equivalente implícita, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

h) Ademais do anterior, para as modalidades de préstamo que teñan axuda implícita:

– Achegar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no Título I da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno. As consecuencias do incumprimento desta obriga serán as establecidas no artigo 4.4. da devandita lei.

– As demais obrigas que resulten do artigo 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Artigo 17. Xustificación do proxecto

1. A aplicación da operación financeira ao pago dos gastos financiables do proxecto acreditarase documentalmente ante o Igape nun prazo máximo de catro meses desde a finalización do prazo de execución indicado no acordo de concesión. Dentro do mesmo prazo, deberá xustificarse tamén a execución e pago dos investimentos financiados coas restantes fontes, distintas á operación do Igape.

2. Para presentar a documentación xustificativa, o beneficiario deberá cubrir previamente o formulario electrónico de xustificación a través da aplicación establecida no enderezo da internet http://tramita.igape.es. Deberán cubrirse necesariamente todos os campos do formulario establecidos como obrigatorios, tras o cal a aplicación emitirá un identificador de documento electrónico de liquidación (IDEL) que identificará univocamente a solicitude de xustificación.

A solicitude de xustificación presentarase mediante o formulario normalizado que a título informativo figura como Anexo VI.3 a estas bases, e que se obterá de xeito obrigatorio na aplicación informática http://tramita.igape.es, accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Será obrigatoria a inclusión dos 40 caracteres alfanuméricos do IDEL obtido no paso anterior. As solicitudes de xustificación que carezan do IDEL ou nas que este sexa erróneo (sexa porque ten un formato erróneo ou porque non foi xerado pola aplicación informática) poderán dar lugar ao comezo do expediente de incumprimento no caso de non seren corrixidas, previo requirimento formulado para tal fin.

3. Unha vez xerada a solicitude de xustificación na aplicación informática, o beneficiario deberá presentala obrigatoriamente por vía electrónica.

4. No caso de que a solicitude de xustificación non se presentase en prazo ou a xustificación fose incorrecta, requirirase o beneficiario para que corrixa os erros ou defectos observados no prazo de 10 días hábiles. A falta de presentación da xustificación no prazo improrrogable establecido comportará a resolución e vencemento anticipado do préstamo e, se é o caso, a perda da axuda implícita na súa concesión, con obriga de reintegro do préstamo pendente e da subvención implícita equivalente, segundo o disposto no artigo 45.2 do Regulamento da Lei de subvencións de Galicia. A presentación da xustificación neste prazo adicional non eximirá ao beneficiario das sancións que, conforme á lei, puideran corresponder. A xustificación cumprirá os requisitos establecidos nos artigos 28 e 30 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

5. Xunto coa solicitude de xustificación o beneficiario presentará a seguinte documentación:

a) Documentos acreditativos do investimento financiable consistentes en facturas ou documentos de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, segundo o establecido no artigo 28.3 da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia e no artigo 48 do Decreto 11/2009. As facturas deberán conter suficiente información que permita relacionalas cos investimentos xustificados. Cando o beneficiario non dispoña de facturas electrónicas, deberá achegarse unha copia auténtica electrónica dos documentos orixinais en papel.

No caso de obra civil de inmobles arrendados e/ou en réxime de concesión administrativa e/ou dereito de superficie, deberá achegarse o contrato de arrendamento/concesión/superficie.

b) A documentación acreditativa do pagamento, por algún dos seguintes medios:

1º. Xustificante de transferencia bancaria, certificación bancaria ou extracto bancario, ou xustificante electrónico de transferencia bancaria no que conste o código de verificación na sede electrónica da entidade bancaria ou outro mecanismo que garanta a veracidade do xustificante. Nestes documentos deberán quedar claramente identificados o receptor e o emisor do pagamento e o importe da factura. En ningún caso se admitirán os pagamentos xustificados mediante recibo do provedor, nin os pagamentos por caixa ou en efectivo.

2º. Informe de auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, que deberá manifestarse sobre o período de realización (facturación) e pago dos investimentos alegados, así como sobre a existencia ou non de abonos ou devolucións posteriores que poidan supoñer unha redución no valor patrimonial dos bens alegados como financiables no expediente.

No caso de que o xustificante de pago inclúa varias facturas, deberá achegarse unha relación das mesmas, asinada polo representante legal.

No suposto de facturas pagadas conxuntamente con outras non referidas ao proxecto financiado, a xustificación do pago debe realizarse sempre mediante algún dos medios sinalados nos puntos anteriores para as facturas alegadas no proxecto e, ademais, algún dos seguintes documentos: relación emitida polo banco dos pagos realizados, orde de pagos da empresa selada polo banco ou recibo asinado polo provedor, a efectos de identificar as facturas non referidas ao proxecto.

As facturas en moeda estranxeira deben presentarse con fotocopia dos documentos bancarios de cargo nos cales conste o cambio empregado.

c) No caso de que o proxecto financiado inclúa obra civil, deberá constar a licenza municipal que sexa requirida ou, no caso de obras menores, a comunicación previa prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia.

d) Comunicación previa do inicio da actividade ou da apertura do establecemento prevista no artigo 24 da Lei 9/2013, do 19 de decembro, do emprendemento e da competitividade económica de Galicia, no caso de proxectos de creación dun novo establecemento.

e) Para a xustificación do capital circulante necesario para o crecemento do negocio vinculado ao proxecto, deberán achegar extracto da conta bancaria específica á que se refire o artigo 3.1.d.3 destas bases xunto á xustificación documental dos destinos dos fondos, isto é: facturas de provedores e acredores, nóminas e xustificantes dos importes correspondentes ás retencións e ingresos á conta do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF) e dos gastos da Seguridade Social, recibos de primas de seguros e, en todos os casos, xustificantes bancarios de pagamento segundo o establecido no anterior apartado b).

Ademais, deberase xustificar o incremento da suma de saldos contables das existencias (mercadorías, materias primas, outros aprovisionamentos, produtos en curso e produtos terminados) máis o saldo resultante da diferenza entre as contas de clientes e provedores. Os saldos estarán referidos aos seguintes balances de situación:

1º. Balance inicial: Será o balance de situación máis recente presentado para o estudo da operación financeira.

2º. Balance final: Coincidirá co do último día do mes anterior ao da data de finalización do período de execución. Se esta data fose diferente á do peche do exercicio económico, deberase achegar ademais do balance de situación, un inventario valorado e detallado das existencias, así como un balance de sumas e saldos comprensivo dos saldos de clientes e provedores, nos que se poida identificar o terceiro. Os citados documentos deberán acompañarse de declaración responsable de coincidencia cos rexistros contables da empresa. Cando o importe aplicado ao capital circulante supere 300.000 €, achegarase un informe de revisión limitada, emitido por auditor de contas inscrito como exercente no Rexistro Oficial de Auditores de Contas, da comprobación dos saldos de existencias, provedores e clientes no balance final, que inclúa a verificación do inventario e confirmacións de terceiros.

f) A documentación específica establecida no Anexo I para a respectiva liña de préstamo.

O Igape poderá solicitar as aclaracións pertinentes á documentación presentada e/ou, no seu caso, os informes doutras entidades públicas.

O beneficiario deberá presentar a documentación xustificativa polos mesmos medios que os establecidos no artigo 7 para a presentación da documentación complementaria á solicitude. O beneficiario responsabilizarase da veracidade dos documentos que presente. A achega das copias dixitalizadas implica a autorización para que a Administración acceda e trate a información persoal contida en tales documentos. Excepcionalmente, o Igape poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo ca copia electrónica presentada.

6. O beneficiario deberá cubrir na ficha resumen de facturas do formulario de xustificación os seguintes datos relativos á contabilidade nos cales se reflictan os custos financiados para acreditar a obrigación establecida no artigo 16.1.e): número de asento, data do asento e número de conta contable, xunto cunha declaración responsable do beneficiario de que estes datos reflicten a realidade contable da operación financiada.

7. Nos casos en que a xustificación documental resulte insuficiente ou excesivamente complexa para acreditar o importe e a realización de determinados gastos, o Igape poderá solicitar que se presente informe de auditoría independente.

8. Advírtese que calquera discrepancia entre a documentación xustificativa e as declaracións da solicitude de axuda poderá ser motivo de inicio de expediente de incumprimento que poderá supoñer a resolución e vencemento anticipado, total ou parcial, do préstamo con obriga de reintegro do préstamo pendente e, se é o caso, a perda ou modificación da axuda implícita na concesión do préstamo con obriga de reintegro da subvención implícita equivalente.

9. O Igape poderá aceptar variacións nos diversos conceptos de gasto aprobados, coa dobre condición de que a oscilación, en máis ou menos, non supere o 20 % de cada concepto e que, no seu conxunto, non se reduza o importe total de investimento financiable, nin se desvirtúen as características do proxecto nin as condicións que fosen tidas en conta para resolver a concesión.

10. Cando o beneficiario do préstamo poña de manifesto na xustificación que se produciron alteracións das condicións tidas en conta para a súa concesión que non alteren esencialmente a natureza ou os obxectivos da operación, e que poidan dar lugar á modificación do acordo de concesión conforme ao artigo 15 destas bases, logo de omitirse o trámite de autorización administrativa previa para a súa aprobación, o órgano concedente poderá aceptar a xustificación presentada, sempre que tal aceptación non supoña danar dereitos de terceiros. A aceptación das alteracións por parte do Igape no acto de comprobación non exime ao beneficiario das sancións que poidan corresponderlle conforme á Lei de subvencións de Galicia.

Artigo 18. Incumprimento de condicións de concesión dos préstamos

1. A falta de xustificación do cumprimento do proxecto, das condicións impostas no acordo de concesión, e/ou das obrigas contidas na normativa aplicable, dará lugar á declaración de incumprimento de condicións de concesión do préstamo e, se é o caso, á obrigación de devolver total ou parcialmente a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes.

2. O incumprimento considerarase total, con obriga de devolver totalmente, se é o caso, a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro, xunto aos xuros de mora correspondentes, sen prexuízo do expediente sancionador que puidera proceder, nos seguintes casos:

a) Obter o préstamo sen reunir as condicións requiridas.

b) Non xustificar ante o Igape o cumprimento dos requisitos e condicións da axuda, así como a realización da actividade e o cumprimento da finalidade que determinen a concesión ou goce do préstamo.

c) Non permitir someterse ás actuacións de comprobación que efectúe o Igape, así como calquera outra actuación, sexa de comprobación ou de control financeiro, que poidan realizar os órganos de control competentes, en concreto a Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Tribunal de Contas, e o Consello de Contas, achegando canta información lle sexa requirida no exercicio das actuacións anteriores.

d) Cando, como consecuencia do incumprimento, o investimento financiable quede por baixo do mínimo establecido no Anexo I para a respectiva modalidade de préstamo.

3. Incumprimento parcial: sempre que se cumpran os requisitos ou condicións esenciais tomadas en conta na concesión, o Igape poderá apreciar un incumprimento parcial, debendo resolver sobre o seu alcance, aplicando a mesma ponderación que tivese a condición incumprida no acordo de concesión e, se é o caso, establecendo a correspondente obriga de reintegro.

En caso de condicións referentes á contía ou conceptos do investimento financiable, o alcance do incumprimento determinarase proporcionalmente ao gasto deixado de practicar ou aplicado a conceptos distintos dos considerados financiables, debendo se é o caso reintegrarse a subvención implicitamente percibida en forma de redución de custo financeiro na devandita proporción. Con carácter xeral, se o incumprimento superase o 50 % do investimento financiable do proxecto, entenderase que o devandito incumprimento é total, debendo reintegrarse, se é o caso, a totalidade da subvención implicitamente percibida en forma de redución do custo financeiro, e os seus xuros de mora. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento, agás no caso de que o incumprimento supere o 50 %, no que rescindirase integramente.

En caso de incumprir a obriga de achegar para o proxecto de investimento unha contribución financeira exenta de calquera tipo de apoio público de, polo menos, un 25 % dos custos financiables, sexa mediante recursos propios ou mediante financiamento externo, o grado de incumprimento determinarase proporcionalmente ás contribucións exentas de apoio público efectuadas.

4. O importe da axuda implicitamente percibida determinarase pola diferenza dos custos financeiros soportados polo titular e aqueles que deberían corresponder nas condicións de mercado consideradas para o cálculo da subvención bruta equivalente, contías que se considerarán percibidas pola beneficiaria ás datas das cotas vencidas.

Artigo 19. Amortización anticipada obrigatoria e resolución do contrato de financiamento

1. O Igape poderá resolver o contrato de financiamento, declarando vencido anticipadamente o seu crédito cando concorra algunha das seguintes circunstancias:

a) A falta de pagamento pola prestameira de principal e xuros do préstamo por importe equivalente a tres meses.

b) A inexistencia, inexactitude substancial ou falsidade de información facilitada pola prestameira na solicitude de préstamo que tivese sido determinante para a súa aprobación.

c) Sexa declarado o incumprimento de condicións e, se é o caso, a perda do dereito á subvención implicitamente percibida nos supostos recollidos no artigo 18 das presentes bases.

2. A prestameira quedará obrigada ao pago das obrigacións procedentes do contrato no termo de cinco días naturais contados desde a data da notificación da resolución. Se a prestameira incumprise a obrigación de pago no prazo antes sinalado, poderá o Igape, desde o día seguinte, sen máis aviso nin dilixencia e en calquera tempo, reclamar xudicialmente o importe que ao seu favor acredite polo contrato, tanto por capital, como por xuros, gastos e tributos, así como executar as garantías pactadas, tendo en conta que desde o momento da notificación todas as débedas quedan vencidas e son esixibles.

3. O Igape poderá modificar o calendario de amortización do préstamo, declarando vencida anticipadamente parte do principal cando se produza o incumprimento parcial de condicións e, se é o caso, a perda parcial do dereito á subvención. O importe do préstamo reducirase proporcionalmente ao grao de incumprimento.

Artigo 20. Fiscalización e control

Os beneficiarios destas operacións financeiras someteranse ás actuacións de control que realice o Instituto Galego de Promoción Económica para o seguimento dos proxectos aprobados e ás de control financeiro que correspondan á Intervención xeral da Comunidade Autónoma, así como ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas.

Artigo 21. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, o Igape publicará na súa páxina web oficial e no Diario Oficial de Galicia a relación das entidades beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puideren impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade. Cando os importes das axudas concedidas, individualmente consideradas, sexan de contía inferior a 3.000 euros, non será necesaria a publicación no Diario Oficial de Galicia, que será substituída pola publicación na páxina web do Igape.

2. En virtude do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, o beneficiario da subvención está obrigado a subministrar toda a información necesaria para que o Igape poida dar cumprimento ás obrigas previstas no título I da citada lei.

Artigo 22. Información básica sobre protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais obtidos neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia-Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), coa finalidade de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento así como para informar ás persoas interesadas sobre o seu desenvolvemento, todo elo de conformidade coa Lei Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflectíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nas presentes bases reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explícita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Artigo 23. Remisión normativa

Para todo o non previsto nestas bases aplicarase o previsto na seguinte normativa:

a) Decreto 133/2002, do 11 de abril (DOG nº 78, do 23 de abril), modificado polos Decretos 174/2007, do 6 de setembro (DOG nº 186, do 25 de setembro) e 45/2009, do 12 de febreiro (DOG nº 48, do 10 de marzo do 2009) que habilita ao Igape para conceder, no ámbito das súas funcións, préstamos ou créditos a favor de empresas.

b) Comunicación da Comisión relativa á revisión do método de fixación dos tipos de referencia e de actualización 2008/C 14/02(DOCE 19 de xaneiro).

c) Respecto das modalidades de préstamo que teñan axuda implícita aplicarase o establecido nos Regulamentos nº 1407/2013/UE da Comisión, do 18 de decembro do 2013, relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea ás axudas de minimis (DOUE L 352, do 24 de decembro do 2013), Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE) 2019/316 que o modifica, ou Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura, así como a Lei 9/2007 de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o Decreto 11/2009 de 9 de xaneiro que aproba o seu regulamento.

d) En canto ao cómputo de prazos, aplicarase o disposto no artigo 30 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

ANEXO I

Modalidades de préstamos

1.1. Préstamos para investimentos estratéxicos.

A) Obxecto.

Financiar proxectos de novos investimentos, intervencións de ampliación da capacidade produtiva e/ou mellora de instalacións existentes, valorándose especialmente o aliñamento dos proxectos cos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Os establecidos no artigo 1 das presentes bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo.

C) Requisitos específicos do proxecto para financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 1.500.000 € máis impostos.

Este límite non se aplicará aos proxectos que, ao amparo do previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, sexan declarados proxecto empresarial singular ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no Artigo 3, letras a) Bens tanxibles e b) Bens Intanxibles.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 750.000 € e o máximo de 5.000.000 €.

O importe mínimo anterior non será de aplicación nos proxectos que sexan declarados proxecto empresarial singular ou formen parte dun proxecto que conte coa declaración de proxecto empresarial singular, de conformidade ao previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia.

En ningún caso superará o 50 % do custo do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

Con carácter xeral, o tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme ao Anexo II destas bases. Non obstante o anterior, o tipo de xuro aplicable aos préstamos para proxectos consistentes en apertura de novos establecementos, ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de activos/unidades produtivas que, de non ser adquiridas terían cesado no negocio, será inferior en 1,5 puntos porcentuais ao determinado conforme ao Anexo II. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme á seguinte fórmula:

(C ×R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual a pagar trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.

Non obstante o anterior, os préstamos aos que se lle aplique a rebaixa no tipo de xuro prevista no punto D.3.a) anterior, destinados ao financiamento de proxectos consistentes na apertura de novos establecementos ou na adquisición por parte de terceiros non vinculados de unidades produtivas que de non ser adquiridas terían cesado no negocio, incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

D.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización, unha vez finalizada a carencia. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no Artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: Historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Descrición do proxecto: Obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

d) Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería). Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.

e) Relación de investimentos a realizar que inclúan tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e co concepto Industria 4.0: Robotización e robotización colaborativa, Fabricación aditiva, Sensórica e actuadores mecatrónicos, Sistemas ciber-físicos, Automatización total ou estendida, Intercomunicación máquina-máquina, Conectividade total ou estendida, vehículos autónomos-optimización de fluxos e redución de custos, Personalización de produtos, Internet das cousas, internet de equipos e máquinas, Dixitalización, Big Data, Cloud computing e ciberseguridade aplicadas á industria, Loxística 4.0 para a integración total da cadea de subministración coa interconexión de sistemas e máxima coordinación dos procesos loxísticos, Modelado e simulación de procesos industriais, operativos e loxísticos.

F) Criterios específicos de avaliación.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos seguintes criterios:

F1) Sector de actividade:

a) Co fin de reforzar o aliñamento dos proxectos seleccionados aos sectores prioritarios da Axenda da Competitividade Galicia Industria 4.0 e coa RIS3 Galicia, puntuaranse con 40 puntos os proxectos dos seguintes sectores: 1. Sector da automoción. 2. Industria da madeira. 3. Industria de transformación agroalimentaria. 4. Sector téxtil/moda (confección e complementos), excepto o que se refira ao sector das fibras sintéticas tal como defíneo o anexo II das Directrices comunitarias sobre axudas de Estado de finalidade rexional para o período 2007-2013 (2006/C 54/08), DOUE de 4.3.2006. 5. Industria aeronáutica/aeroespacial e auxiliar. 6. Sector naval/industria marítima. 7. Sector químico e industria farmacéutica. 8. Fabricación de material sanitario. 9. Biotecnoloxía, biomecánica, novos materiais, ecoindustria. 10. Fabricación de equipos ambientais. 11. Fabricación de equipos e sistemas para instalacións de enerxías renovables. 12. Eliminación, valorización ou reciclaxe de residuos. 13. Servizos e desenvolvemento de software. 14. Sector audiovisual e desenvolvemento de contidos. 15. Centros telemáticos. 16. Industria vinculada á biomasa. 17. Industria da pedra natural. 18. Industria da saúde e do benestar. 19. Industrias creativas.

b) Os proxectos que non se encadren no apartado a), pero que desenvolvan a súa actividade en sectores incluídos no concepto de nova industria na Axenda de Competitividade Galicia Industria 4.0, puntuaranse con 30 puntos:

CNAE 05 a 09: Industrias extractivas.

CNAE 10 a 33: Industria manufactureira.

CNAE 35 a 39: Subministracións de enerxía e auga e xestión de residuos.

CNAE 46: Comercio por xunto e intermediarios, excepto de vehículos de motor.

CNAE 49 a 53: Transporte e almacenamento.

CNAE 58: Edición.

CNAE 61 a 63: Telecomunicacións e actividades informáticas.

CNAE 69 a 75: Actividades profesionais, científicas e técnicas.

CNAE 80 a 82: Actividades de seguranza e investigación e outras actividades auxiliares das empresas.

c) Os proxectos que non se encadren nos apartados a) ou b) obterán unha puntuación de 20 puntos no caso de pertencer aos seguintes sectores:

CNAE 31 a 32: Pesca e acuicultura.

CNAE 42 a 43: Enxeñería civil e construción especializada.

CNAE 55 e 56: Servicios de hostalería.

CNAE 87: Asistencia en establecementos residenciais.

F2) Os proxectos declarados proxecto empresarial singular, ou que formen parte dun proxecto declarado proxecto empresarial singular, ao amparo do previsto no artigo 15 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, puntuaranse con 20 puntos.

F3) Aproveitamento de recursos endóxenos. As actividades que supoñan a utilización de materias primas ou recursos da súa contorna, contemplen a adquisición de aprovisionamentos a provedores locais aumentando a súa sinerxía, ou os bens obxecto do investimento sexan adquiridos a provedores locais: Puntuaranse cun máximo 20 puntos. Esta puntuación máxima elevarase a 30 puntos cando os bens obxecto de investimento sexan adquiridos a empresas galegas dos sectores recollidos no punto F.1.a) anterior.

F4) Grao industrial das actividades. Puntuarase cun máximo de 20 puntos, que se obterán dividindo entre 5 os puntos porcentuais de actividades industriais desenvolvidas pola empresa.

F5) Xeración de novos mercados e potenciación da exportación: Máximo 10 puntos.

F6) Investimento predominantemente en bens de equipo, entendéndose por tal cando o investimento en bens de equipo sexa o concepto de gasto financiable de maior importe: 10 puntos.

F7) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: 10 puntos.

F8) Emprego vinculado: Máximo 30 puntos, calculado segundo a fórmula: (nº medio de empregados do último exercicio segundo contas anuais + expectativas de creación de emprego) / préstamo en miles de € x 100.

1.2. Préstamos para financiar investimentos en elementos de transporte de mercancias por estrada propulsados por motores de combustibles alternativos.

A ) Obxecto.

Financiar proxectos de ampliación ou de modernización de flotas de vehículos destinados a transporte de mercancías por estrada, propulsados por motores de combustión interna que poidan utilizar combustibles homologados alternativos ao gasóleo, como gas natural licuado (GNL), gas natural comprimido (GNC), gas licuado do petróleo GLP/autogas, ou biofuel/autogas, así como os investimentos para a creación de infraestruturas de repostaxe destes combustibles en Galicia.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Os establecidos no artigo 1 das presentes bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo.

C) Requisitos específicos do proxecto para financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os seguintes Bens tanxibles, incluídos no artigo 3.1.a):

– A adquisición dos elementos de transporte propulsados por motores de combustión interna que utilicen os combustibles homologados relacionados no apartado A) anterior, mais todos os elementos necesarios para a súa posta en servizo, sempre que se utilicen para o desenvolvemento da actividade empresarial da titular.

– Os investimentos en terreos, construcións, instalacións técnicas e maquinaria necesarios para as infraestruturas de repostaxe dos combustibles relacionados no apartado A) anterior, xa sexa para uso da propia flota da empresa como para dar subministro a terceiros.

Exclúese a compra de activos por parte de concesionarios para a súa posterior venda, arrendamento financeiro ou cesión de uso.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 50.000 € e o máximo de 1.000.000 €. En ningún caso superará o 50 % do custo neto do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

O tipo de xuro aplicable será fixo, determinado e liquidado conforme ao Anexo II destas bases, polo que o préstamo non contará con axuda de estado implícita.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme á seguinte fórmula:

(C ×R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual a pagar trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Os préstamos desta modalidade non terán a consideración de axuda, posto que o seu tipo de xuro determinarase aplicando os criterios da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión para que poidan ser considerados de mercado.

D.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos nos que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá contemplar unha cota de amortización final maior, coincidente co pago desta recompra.

O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase ao contrato de préstamo.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto. Con carácter xeral poderá consistir en hipoteca ou prenda sen desprazamento sobre os bens adquiridos.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no Artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: Historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto.

c) Descrición do proxecto: Obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

d) Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería), necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para empresas en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da empresa, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.

F) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no apartado A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto ambiental e pola mellora para a competitividade das empresas galegas que supón o aforro enerxético, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación das solicitudes que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no Anexo IV.

1.3. Préstamos para financiar investimentos en infraestructuras de uso compartido e desenvolvemento de proxectos en Galicia por parte de centros tecnolóxicos e asociacións empresariais.

A ) Obxecto.

Financiamento de proxectos a desenvolver por Centros Tecnolóxicos e/ou asociacións empresariais que desenvolvan ou proxecten desenvolver actividades económicas, vinculados a sectores produtivos de Galicia, con algunha das seguintes finalidades:

– Investimento na creación de infraestruturas técnicas e industriais de uso común ou compartido economicamente viables.

– Gastos operativos necesarios para o desenvolvemento de proxectos economicamente viables de xeración de coñecemento tecnolóxico, apoio á I+D+i e outros servizos tecnolóxicos.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Ademais dos establecidos no artigo 1 das bases reguladoras, deberán ser centros tecnolóxicos e/ou asociacións empresariais vinculados a sectores produtivos de Galicia.

C) Requisitos específicos do proxecto para financiar.

C.1) Importe.

O proxecto deberá presentar un custo financiable igual ou superior a 100.000 € máis impostos.

C.2) Gasto financiable.

Serán financiables os conceptos sinalados no artigo 3 das presentes Bases Reguladoras.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 75.000 € e o máximo de 1.500.000 €. En ningún caso superará o 75 % do custo do proxecto financiable.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

Axustados ao plan económico-financeiro e á vida útil dos bens adquiridos, cun máximo de 12 anos, podendo incluír carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

O tipo de xuro aplicable será fixo, e inferior en 1,5 puntos porcentuais ao tipo determinado conforme ao Anexo II destas bases. En ningún caso o tipo de xuro resultante será inferior ao 0 %.

Os xuros ordinarios liquidaranse trimestralmente, coincidindo co último día do trimestre natural.

Para cada unha das disposicións e nos períodos de liquidación inferiores ao trimestre natural, a remuneración de xuros será por días naturais, base 360, conforme á seguinte fórmula:

(C ×R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual a pagar trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros devindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Devanditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita de minimis, nos termos establecidos no artigo 5 destas bases.

D.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais con vencemento o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros, con cotas constantes de xuros ordinarios máis amortización unha vez finalizada a carencia. Nos casos nos que o provedor ofreza a posibilidade de recompra, o calendario poderá contemplar unha cota de amortización final maior, coincidente co pago desta recompra.

D.5) Garantías.

En función da dispoñibilidade e das características do proxecto.

E) Documentación específica a presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no Artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Memoria do Proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da entidade: Historial, partícipes, principais fitos na evolución da entidade, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes, I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición do proxecto: Obxectivos (fins inmediatos e fins últimos ou estratéxicos para a entidade), orixe e xustificación (necesidade, oportunidade e adecuación do proxecto ou actuación respecto da entidade), descrición técnica (contido, metodoloxía, fases, etc.), necesidades de medios técnicos (descrición detallada e valorada dos novos investimentos).

c) Análise económica do proxecto (previsións económicas, estrutura do financiamento, rendibilidade e previsións de tesourería), cuantificación das necesidades de incremento de capital circulante no seu caso. Necesidades de persoal e de subcontratacións externas. Para entidades en funcionamento, as previsións económicas deberán estar referidas ao conxunto da entidade, mostrando separadamente o impacto do proxecto de investimento.

F) Criterios específicos de avaliación.

Sen prexuízo do cumprimento do limiar da cualificación do risco de crédito, para a súa aprobación deberá obter unha puntuación mínima de 50 puntos, resultante de sumar as puntuacións obtidas nos seguintes criterios:

F1) Sector de actividade: Puntuarase con 40 puntos cando a actuación teña por finalidade a prestación de servizos de uso común ou compartido a sectores empresariais conexos á actividades industriais. Puntuarase con 30 puntos cando os destinatarios do servizo desenvolvan outro tipo de actividade, e con 10 puntos adicionais cando exista informe favorable de interese para o sector en Galicia emitido pola correspondente Consellería sectorial. Este informe será solicitado polo Igape na tramitación do expediente.

F2) Presencia de grupos empresariais ou empresas tractoras de recoñecida solvencia, que guíen o proxecto cara a liñas de actuación con alto potencial industrial e faciliten a chegada ao mercado: Máximo de 40 puntos.

F3) O proxecto inclúe investimentos en equipamento científico-tecnolóxico, e figuran detallados os sistemas de xestión que permitan o uso compartido: Máximo de 20 puntos.

F4) O proxecto inclúe tecnoloxías relacionadas coa fábrica do futuro e o concepto Industria 4.0: 10 puntos por cada ámbito, cun máximo de 40.

F5) Emprego vinculado: Máximo 20 puntos, calculado segundo a fórmula: (nº medio de empregados do último exercicio da entidade + expectativas de creación de emprego na entidade) / préstamo en miles de € x 100.

1.4. Préstamos para financiar a operativa da industria auxiliar naval.

A ) Obxecto.

Apoiar financeiramente a empresas que desenvolven actividades no sector da industria auxiliar da construción naval, para permitirlles financiar a longo prazo pagos operativos, e así dispoñer dun fondo de manobra suficiente para afrontar posibles retrasos nos cobros dos seus clientes.

B) Requisitos específicos dos beneficiarios.

Os establecidos no artigo 1 destas bases reguladoras, incluíndo persoas físicas, agrupacións, sociedades civís e comunidades de bens que cumpran os requisitos do citado artigo, e que subministren bens ou servizos a empresas do sector da construción naval (CNAE 301).

C) Requisitos específicos dos conceptos que se van financiar.

Os conceptos que se van financiar co préstamo serán os previstos no punto f) do apartado 1 do artigo 3 das bases reguladoras, incluíndo o pago de gastos correntes, pagos a provedores, acredores por subministros e prestación de servizos, gastos de persoal e seguridade social, reparacións e conservación, e pago de impostos, aínda cando este pago non teñan a consideración de gasto do exercicio (tales como liquidacións de IVA e retencións). Admitirase o pago de débedas bancarias vencidas sempre e cando estas proveñan do desconto comercial ou anticipo de facturas, efectos e/ou contratos de clientes do sector da construción naval.

A contía financiable será calculada pola solicitante de forma razoada na memoria que deberá presentar xunto á solicitude, en base ás necesidades financeiras estimadas para a operativa empresarial. O Igape poderá reducir o importe solicitado no caso de non considerar a dita contía suficientemente motivada, en base ao análise dos estados financeiros da solicitante.

D) Condicións do produto financeiro.

D.1) Importes mínimo e máximo.

O importe mínimo do préstamo será de 50.000 € e o máximo de 1.000.000 €, e deberá ser aplicado exclusivamente ao pago dos conceptos indicados no punto C) anterior.

O importe do préstamo non poderá superar, no momento da solicitude, un importe equivalente á suma dos saldos facturados pendentes de cobro de clientes do sector de construción naval (CNAE 301), mailos traballos realizados ou en curso pendentes de facturar a empresas do dito sector. O Igape poderá contrastar a realidade destes dereitos de cobro declarados pola solicitante, mediante circularización aos clientes, e reducir o importe financiable no caso de non obter conformidade expresa dos terceiros.

Os clientes do sector naval computados a estes efectos, non poderán ser empresas vinculadas á sociedade solicitante nin aos seus socios e administradores.

D.2) Prazos de amortización e de carencia.

O prazo de devolución dos préstamos será de 5 anos, incluíndo 2 de carencia na amortización de principal.

D.3) Tipo de xuro e axuda implícita.

D.3.a) Tipo de xuro ordinario.

O capital disposto e non amortizado do préstamo, devindicará diariamente, a contar desde a disposición dos fondos e ata que transcorra o prazo de vixencia do préstamo, un xuro nominal fixo que liquidarase e pagarase con periodicidade trimestral e con carácter vencido, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada a amortización de principal salvo no período de carencia.

Para cada unha das disposicións, no período comprendido desde a data da disposición do préstamo ata o último día do primeiro trimestre natural seguinte á disposición, o importe absoluto dos xuros deivindicados calcularase segundo a seguinte fórmula:

(C ×R ×T)/36000

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual a pagar trimestralmente expresado en puntos porcentuais, e «T» = número de días naturais comprendidos entre a data de disposición e o último día do trimestre natural.

Nos restantes períodos trimestrais completos de xuros, o importe absoluto dos xuros deivindicados calcularase aplicando a seguinte fórmula:

(C x R)/400

Onde «C» = Capital, «R» = tipo de xuro nominal anual expresado en puntos porcentuais.

O tipo de xuro nominal anual, determinarase para toda a vida do préstamo no momento da concesión, resultado de sumar:

– Tipo de referencia: Será a media do Euribor a 1 ano do mes anterior á data da Proposta de Resolución da concesión do préstamo.

– Marxe adicional: Será de 2 puntos porcentuais. Se o resultado da subvención implícita no préstamo, obtida aplicando os criterios recollido no Anexo III, superase o límite de axuda de minimis, incrementarase a marxe adicional para diminuír a vantaxe financeira respecto ao mercado ata cumprir este límite.

O tipo de xuro será do 0 % cando resulte negativo.

D.3.b) Tipo de xuro de mora.

Sen prexuízo do dereito de resolución do préstamo, en caso de atraso no pago dalgunha das sumas debidas en virtude deste contrato, o prestameiro incorrerá de pleno dereito en mora sen necesidade de requirimento previo e virá obrigado a pagar sobre a suma vencida o tipo de xuro ordinario do período máis 6 puntos porcentuais anuais. Os ditos xuros liquidaranse coincidindo co seguinte vencemento trimestral de xuros.

D.3.c) Axuda implícita.

Con carácter xeral, os préstamos desta modalidade incluirán unha axuda implícita determinada conforme ao anexo III das bases.

D.4) Plan de amortización.

Unha vez finalizado o período de carencia, o reintegro do préstamo realizarase en cotas trimestrais vencidas, o último día de cada trimestre natural, xunto coa cantidade destinada ao pago de xuros. O plan de amortización será calculado polo Igape e incorporarase á Resolución de Concesión. Para o cálculo do plan de amortización, utilizarase o sistema de amortización francés, de forma que a carga para afrontar polo beneficiario, resultante de sumar os xuros e as amortizacións para pagar ao trimestre polo beneficiario mantéñase constante durante toda a vida do préstamo tras a carencia.

D.5) Garantías.

Con carácter xeral, para esta modalidade de préstamos non se esixirán garantías adicionais á responsabilidade universal da prestameira.

E) Documentación específica que se deberá presentar coa solicitude.

Ademais da documentación sinalada no artigo 7.2, deberá presentarse xunto á solicitude:

– Declaración responsable con relación nominal de clientes empresas do sector da construción naval non vinculadas, nas que se indique, para cada cliente e referido á data de solicitude do préstamo:

- Cadro resumen das facturas emitidas pendentes de cobro, xunto coa copia das mesmas.

- Cadro resumen de facturas pendentes de emitir, por traballos realizados ou en curso, xunto coa copia de contratos no seu caso.

– Memoria do proxecto, que desenvolverá o seguinte contido:

a) Antecedentes da empresa e dos seus promotores: Historial, principais fitos na evolución da empresa, capacidades básicas (estratéxicas, capacitación da xerencia, organizativas e de control), capacidade técnica da entidade (recursos humanos, técnicos, materiais, colaboracións, cooperacións, certificacións de calidade e ambientais), capacidade tecnolóxica da entidade (recursos humanos, técnicos e económicos, patentes I+D+i), capacidade económica da entidade (análise dos estados financeiros, solvencia dos promotores, política de financiamento e rendibilidade).

b) Descrición dos aprovisionamentos, do proceso produtivo e do comercial. Orixe dos aprovisionamentos, principais provedores, mercado actual (tamaño, características, competencia, etc.) e potencial. Análise comercial do produto. Describir expresamente os bens e servicios subministrados a empresas do sector da construción naval, traxectoria neste sector, historial de quebrantos causados procesos concursais de clientes deste sector.

c) Cuantificación das necesidades financeiras para a operativa empresarial. Causas xustificadas da necesidade de financiar a operativa da empresa.

d) Cadro de persoal, traballadores nos centros de traballo en Galicia, describindo funcións. Expectativas de mantemento de emprego. Relación de expedientes de regulación de emprego en vigor e presentados nos últimos 12 meses, describindo o contido dos mesmos e o número de traballadores afectados.

F) Criterios específicos de avaliación.

Considérase que todos os proxectos co obxecto descrito no apartado A) deste anexo son de interese para Galicia polo seu impacto no sector industrial e a súa importancia social, polo que non se establecen criterios específicos de avaliación, que poidan supoñer a denegación dos préstamos que superen os limiares de cualificación de risco de crédito establecidos no anexo IV.

G) Non serán aplicables as referencias destas bases reguladoras que entren en contradición con esta liña de préstamos.

ANEXO II

Determinación do tipo de xuro de mercado

Naqueles proxectos que cumpran as condicións necesarias, o órgano instrutor realizará un estudo e cualificación de risco coa metodoloxía descrita no Anexo IV, do que resultarán encadrados nunha das categorías «Excelente (AAA-A)», «Boa (BBB)», «Satisfactoria (BB)», «Deficiente (B)», ou «Mala/dificultades (CC)». Conforme aos criterios descritos no Anexo V, cualificaranse as garantías para constituír a favor do Igape en tres niveles de colateralización: «Alta», «Normal» e «Baixa».

En base a estas categorías, determinarase o tipo de xuro de mercado que correspondería a cada unha das operacións de préstamo, determinado conforme ao seguinte método:

a) Tipo Base: Determinarase en base á media do Euribor a 1 ano rexistrado en setembro, outubro e novembro do ano anterior. O tipo base fixado deste xeito entrará en vigor a partir de xaneiro do ano seguinte. Ademais, para ter en conta variacións significativas farase unha actualización cada vez que o tipo medio calculado sobre os tres meses anteriores desvíese en máis dun 10 % do tipo en vigor. O novo tipo base entrará en vigor o primeiro día do segundo mes seguinte aos meses utilizados para o cálculo. Este tipo de referencia publícase pola Comisión Europea na ligazón seguinte:

http://ec.europa.eu/competition/state_aid/legislation/reference_rates.htm

b) Marxes: Determinaranse para cada operación en base á súa cualificación de risco e ás garantías da operación con arranxo á seguinte táboa:

Colateralización

Cualificación

Alta

Normal

Baixa

Excelente (AAA-A)

0,60 %

0,75 %

1,00 %

Boa (BBB)

0,75 %

1,00 %

2,20 %

Satisfactoria (BB)

1,00 %

2,20 %

4,00 %

Para os prestameiros que non teñan un historial crediticio ou unha cualificación baseada unicamente nun enfoque de balance de situación, tales como determinadas empresas constituídas cun obxectivo específico, ou as empresas de nova creación, a marxe será polo menos de 4 puntos porcentuais. En caso de sociedades integradas en Grupos, a marxe aplicable a unha empresa nunca podería ser inferior ao que sería aplicable á empresa matriz.

ANEXO III

Determinación da axuda implícita

– Determinación da subvención implícita en Préstamos.

Para os préstamos que inclúan axuda implícita, esta equivalerá ao aforro de carga financeira respecto dun préstamo alternativo que poderían obter no mercado en aplicación da Comunicación 2008/C14/02 da Comisión. Os puntos porcentuais de bonificación implícitos e a subvención bruta equivalente recolleranse na resolución de concesión.

As axudas implícitas dos préstamos terán a consideración de axudas de minimis e cumprirán co establecido no Regulamento nº 1407/2013 da Comisión relativo á aplicación dos artigos 107 e 108 do Tratado de funcionamento da Unión Europea, no Regulamento (UE) nº 1408/2013 das axudas de minimis no sector agrícola e Regulamento (UE) 2019/316 que o modifica, ou no Regulamento (UE) nº 717/2014 das axudas de minimis no sector da pesca e da acuicultura.

Os puntos porcentuais de subvención determinaranse pola diferenza entre o tipo de xuros de mercado así determinado e o aplicable en cada liña de préstamo.

A subvención bruta equivalente implícita no préstamo calcularase con arranxo á fórmula financeira do valor actual neto:

Onde:

SBE= subvención bruta equivalente implícita no préstamo.

t = cada un dos períodos de liquidación de xuros ou amortización da operación de préstamo.

n = períodos de liquidación de xuros e/ou amortización de préstamo.

Vt = Diferencia entre os fluxos de efectivo dunha operación a tipo de mercado determinado conforme aos criterios anteriormente expostos e os da operación de préstamo concedida.

k = Taxa de actualización, que conforme á Comunicación 2008/C14/02 da Comisión será o resultado de engadir ao Tipo Base un diferencial fixo de 100 puntos básicos.

ANEXO IV

Metodoloxía de cualificación do Risco de Crédito

A cualificación de risco será o resultado de valorar os factores de risco relacionados na seguinte táboa:

Rango de valores

Limiar mínimo

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores

0-15

0

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia

0-2

1

Calidade da xestión operativa

0-10

0

Capacitación técnica xeral

0-15

5

Risco de produto

0-9

3

Risco de mercado

0-9

3

Capacidade financeira

0-20

5

Risco por complexidade técnica

0-5

1

Viabilidade económica e financeira da actuación

0-15

5

Factores atenuantes do risco

 

 

Cualificación do risco

0-100

50

1. Asignarase unha puntuación a cada criterio de avaliación no rango de valores indicado.

2. A puntuación asignada a cada criterio de avaliación será produto de conxugar determinados cocientes e valoracións obxectivas coas consideracións cualitativas que sexan acordadas no Comité de Riscos previsto no artigo 10.4, e contribuirán á cualificación total do risco, que no seu conxunto estará normalizada entre 0 e 100 puntos. Os aspectos que serán obxecto de valoración en cada criterio serán os seguintes:

Experiencia previa e traxectoria empresa/promotores (0/15)

Puntos positivos

Anos de actividades da empresa.

Anos de actividades dos socios/promotores noutros proxectos diferentes.

Puntos negativos

Constancia de incidencias xudiciais relevantes que poidan implicar continxencias futuras.

Historial de procesos de insolvencia.

Antecedentes empresa/promotores en Igape/Xesgalicia (0/2)

Puntos positivos

Experiencia positiva de cumprimento co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de riscos vivos co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Inexistencia de débedas vencidas co Igape e coas sociedades e fondos xestionados por Xesgalicia.

Puntos negativos

Historial de incumprimento.

Existencia de débedas impagadas.

Calidade de xestión operativa (0/10)

Puntos positivos

Dispoñer de información contable fiable. Contas anuais auditadas sen incidencias.

Utilizar sistemas de información ERP ou contemplar a súa implantación no proxecto.

Achegar organigrama con distribución coherente de funcións e responsabilidades.

Retribución media ao persoal adecuada.

Inexistencia de antecedentes de conflitividade laboral.

Xerencia e administradores/consello de administración cualificado, achegando currículo.

Capacitación técnica xeral (0/15)

Puntos positivos

Instalacións produtivas con capacidade apropiada ou investimentos previstos para adquirila.

Experiencia en implantación de proxectos de contía similar nos últimos 5 anos.

Experiencia no produto/servizo.

Dispoñer de persoal cualificado en persoal.

Dispoñer de sistemas de xestión de calidade.

Dispoñer de certificados ambientais.

Puntos negativos

Apréciase posible obsolescencia tecnolóxica.

Apréciase capacidade excesivamente dimensionada.

Detéctanse posibles problemas de licenza ou deficiencias técnicas nas actuais instalacións.

Risco de produto (0/9)

Puntos positivos

Posición adecuada no ciclo de vida do produto/servizo.

Independencia de provedores (existencia de provedores alternativos).

Grao de novidade do produto / razoablemente existirá boa demanda.

Competitividade en prezo.

Competitividade en calidade.

Facilidade de diversificación do produto e adaptación ao mercado.

Puntos negativos

Identifícanse riscos de cambios regulatorios en relación ao produto.

O produto non está contrastado tecnicamente.

Posibilidade razoable de caída en desuso dos produtos a curto prazo.

Existencia de produtos alternativos altamente competitivos.

Risco de mercado (0/9)

Puntos positivos

Dispoñer de cota de mercado histórica.

Grao de diversificación da carteira de clientes.

Vendas predicibles (existencia de contratos, boa demanda...).

Existencia dun plan de márketing.

Diversificación xeográfica e tamaño de mercado amplo.

Dispoñer de rede comercial adecuada.

Existencia de barreiras de entrada identificadas que fosen superadas.

Puntos negativos

Mercado maduro ou altamente competitivo.

Barreiras de entrada que afecten o proxecto.

Inestabilidade nos prezos.

Dependencia de intermediarios.

Capacidade financeira (0/20)

Puntos positivos

Empresas con mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente Fondos propios/Pasivo total.

Cociente Endebedamento financeiro/EBITDA.

Rotacións de circulante coherentes / fondo de manobra apropiado.

Tendencia positiva a nivel de vendas e de cash flow.

Gastos financeiros contidos.

Resultado do exercicio/Fondos propios.

Magnitude do proxecto en relación á estrutura previa.

Empresas sen un mínimo de 2 anos de estados financeiros con actividade

Cociente débeda total/ fondos propios.

Financiamento a conceder/fondos propios.

Financiamento a conceder/débeda total.

Puntos negativos

Existencia de saldos relevantes con socios ou administradores, excepto achegas acreditadas a capitalizar.

Cociente Fondos propios/Pasivo total inferior a limiar.

Existencia de empresas vinculadas que dificulten a análise.

Adiamentos de débedas con administracións.

Risco por complexidade técnica (0/5)

Puntos positivos

Cualificación técnica suficiente (non se aprecia ausencia de capacidade para levar a cabo o proxecto).

O proceso carece de complexidade técnica.

Experiencia exitosa en proxectos de similares.

Puntos negativos

Requírese especial cualificación pendente de adquirir.

Non está suficientemente contrastada a tecnoloxía necesaria.

Non está contrastado suficientemente o proceso industrial.

Viabilidade económica e financeira dá actuación (0/15)

Puntos positivos

Grao de razoabilidade das hipóteses que sustentan as previsións.

A memoria inclúe conta de resultados previsional cun grao de detalle suficiente.

A memoria inclúe estado de fluxos de efectivo previsional ou plan de tesourería claro e con detalle suficiente.

Achéganse balances de situación previsionais.

Cash flow previsional suficiente para o servizo da débeda.

Achéganse datos suficientes para o cálculo da TIR, e esta polo menos duplica o custo medio do financiamento.

Puntos negativos

As previsións económicas non gardan coherencia cos datos históricos ou son excesivamente optimistas.

Non se valoran as necesidades de circulante e o seu financiamento.

Incoherencia entre os prazos do financiamento e a vida útil dos bens financiados.

Non se analiza adecuadamente o impacto do proxecto.

3. O incumprimento dalgún dos limiares mínimos indicados levará unha puntuación total de cero puntos, e supoñerá a denegación da solicitude presentada.

4. A puntuación total obtida polo proxecto ou actuación deberá alcanzar polo menos o valor de 50 puntos. Toda puntuación inferior a este mínimo supoñerá a desestimación da solicitude presentada.

5. A puntuación do risco así obtida, dará lugar a unha clasificación en cinco categorías, con arranxo á seguinte táboa:

Cualificación do risco

Puntuación

Excelente (AAA-A)

86-100

Boa (BBB)

66-85

Satisfactoria (BB)

50-65

Deficiente (B)

25-49

Mala/dificultades (CC)

0-24

ANEXO V

Criterios de valoración das garantías

O nivel de garantías ofrecidas valorarase en base a unha estimación da porcentaxe de perda en caso de falta de pagamento, con arranxo á seguinte táboa:

Colateralización

Puntos

Perda en caso de falta de pagamento

Alta

71-100

< 30 %

Normal

41-70

Entre 30 % e 60 %

Baixa

0-40

> 60 %

A perda en caso de falta de pagamento será estimada conforme aos seguintes criterios:

1. Garantía persoal societaria: Puntuarase a garantía persoal dunha sociedade, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando a seguinte fórmula:

Puntos = 5 x (patrimonio neto conforme aos seus últimos estados financeiros)/(importe operación garantida)

A puntuación máxima por este tipo de garantías societarias será de 41 puntos.

2. Garantía persoal de persoas físicas: Puntuarase a garantía persoal dunha persoa física, tanto na súa condición de titular como pola súa condición de terceiro fiador, aplicando unha puntuación fixa de 10 puntos polo compromiso persoal adquirido, independentemente do seu patrimonio ou ingresos.

Adicionalmente, poderá asignarse unha puntuación superior se se acredita un patrimonio inmobiliario adicional á vivenda habitual, libre de cargas e cunha valoración baseada en taxacións independentes.

A puntuación máxima por este tipo de garantías será de 41 puntos.

3. Garantías consistentes en hipotecas en primeiro rango sobre inmobles: Considerarase o valor segundo taxación por sociedade homologada polo Banco de España.

Puntos = 80 x (valor de taxación)/(importe operación garantida)

4. Garantías consistentes en hipotecas ou peza sen desprazamento sobre bens mobles: Considerarase o valor de taxación segundo informe pericial independente

Puntos = 60 x (valor de peritación)/(importe operación garantida)

5. Garantías consistentes en avais bancarios, de sociedade de garantía recíproca ou pignoración activos financeiros líquidos ou dereitos de crédito: Considerarase o seu valor nominal.

Puntos = (límite do aval) /(importe operación garantida) x 100

Para unha mesma operación poderán tomarse garantías de distinto tipo, acumulándose as puntuacións que correspondan.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file