Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4646

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 161/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de seguridade social 161/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Emerson León Fernández contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Dirección Provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Fremap de accidentes e enfermidades profesionais da SS nº 61, e Gestión de Biomasas del Noroeste, S.L. (Gesbinor), sobre seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

«Que desestimando integramente a demanda interposta por Emerson León Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Fremap, Mutua de accidentes de traballo e enfermidades profesionais da Seguridade Social nº 61, e Gestión de Biomasas del Noroeste, S.L., debo absolver e absolvo as demandadas das peticións deducidas na súa contra.

Notifíquese ás partes a presente resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de cinco días contados a partir da súa notificación (artigo 191.3.c) da LRXS).

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata que non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

A anterior resolución entregarase á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Gestión de Biomasas del Noroeste, S.L. (Gesbinor), en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 3 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza