Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4278

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 15 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se dá publicidade ás axudas concedidas ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 93, do 16 de maio).

En cumprimento do disposto no artigo 15.1 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 09.40.322C 481.3, ao abeiro da Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Convocatoria: Orde do 30 de abril de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras dos programas de subvencións para sufragar os gastos de funcionamento das entidades asociativas galegas de persoas traballadoras autónomas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019 (Diario Oficial de Galicia número 93, do 16 de maio).

Santiago de Compostela, 15 de xaneiro de 2020

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

TR 358A Programa de axudas ás entidades asociativas
de persoas traballadoras autónomas

Entidade beneficiaria

Concedido (2019)

Aplicación orzamentaria

Asociación de Traballadores por Conta Propia da Comunidade de Galicia (ATA-Galicia)

55.000 euros

09.40.322C 481.3

Asociación Intersectorial e Interterritorial dos Autónomos e Pequenas Empresas de Galicia (APE-Galicia)

55.000 euros

09.40.322C 481.3

Asociación Gallega de Trabajadores Autónomos y del Mar-Agtamar

55.000 euros

09.40.322C 481.3