Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4205

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EXTRACTO da Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H).

BDNS (Identif.): 492818.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Entidades beneficiarias

Entidades sen ánimo de lucro que na data de publicación da convocatoria cumpran as condicións de:

– ter recollido como finalidade nos seus estatutos a inserción ou inclusión sociolaboral de colectivos en situación ou risco de exclusión social, ou estar de alta na área de inclusión do Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS).

– ter desenvolvido, como mínimo durante tres anos, programas dirixidos especificamente á inclusión sociolaboral de persoas en situación ou risco de exclusión, segundo o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, de 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

– estar ao día no cumprimento das súas obrigas rexistrais.

Segundo. Obxecto

Levar a cabo unha intervención integral que dote as persoas participantes (persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da Risga ou que formen parte dunha unidade de convivencia beneficiaria da Risga) das motivacións, habilidades, competencias e capacidades que require o tecido empresarial para o acceso ao emprego, de xeito que a través da inserción laboral se poida reverter a súa situación de exclusión social.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 30 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases reguladoras de axudas para a realización dun programa de posta a punto para o emprego, dirixido a persoas en situación ou risco de exclusión social perceptoras da renda de inclusión social de Galicia (Risga), e se procede á súa convocatoria plurianual 2020 a 2022 (código de procedemento TR351H).

Cuarto. Importe

O crédito asignado inicialmente a esta convocatoria é de 3.000.000 euros con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia, aplicación orzamentaria 09.40.324C.481.7, código de proxecto 2019 00018, coa seguinte distribución por anualidades:

– 2020: 1.200.000,00 €

– 2021: 1.500.000,00 €

– 2022: 300.000,00 €

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será de dous meses a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Sexto. Outros datos

As axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva.

O período de execución de accións será o comprendido entre a data da notificación da resolución da axuda e o 30 de setembro de 2022.

Santiago de Compostela, 30 de decembro de 2019

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria