Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 16 Venres, 24 de xaneiro de 2020 Páx. 4652

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 7 de xaneiro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que notifica ás persoas interesadas as resolucións ditadas no expediente PR905A 2019/627 e cinco máis.

Intentada a notificación persoal das resolucións a través do servizo de Correos no domicilio que consta nos correspondentes expedientes, esta non puido efectuarse. Por este motivo, e de conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas.

As persoas interesadas poderán coñecer o texto íntegro das resolucións nas dependencias da Secretaría Xeral da Emigración, praza de Mazarelos, número 15, 15703 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Contra cada resolución, que pon fin á vía administrativa, a persoa interesada poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015 xa citada e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

Procedemento/Nº de expediente

DNI/pasaporte

Acto obxecto de notificación

Data do documento

PR905A 2019/627

34610000Z

Resolución

29.11.2019

PR905A 2019/671

32944484C

Resolución

29.11.2019

PR905A 2019/728

32942332F

Resolución

29.11.2019

PR905A 2019/856

55148503T

Resolución

5.12.2019

PR905A 2019/871

AV811682

Resolución

18.12.2019

PR905A 2019/994

33239515F

Resolución

18.12.2019