Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 15 Xoves, 23 de xaneiro de 2020 Páx. 3991

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 13 de xaneiro de 2020 pola que se modifica a composición do tribunal cualificador das probas selectivas para o acceso á escala técnica superior de administración, pola quenda de promoción interna e pola quenda de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 1 de outubro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 14 de outubro, convócanse probas selectivas para cubrir oito prazas na escala técnica superior de administración da USC polas quendas de promoción interna e de acceso libre.

Mediante a Resolución reitoral do 16 de decembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia do 8 de xaneiro de 2020, noméase o tribunal cualificador das ditas probas selectivas.

Á vista da renuncia presentada por Xosé Antón Freire Ramos, nomeado vogal suplente do tribunal cualificador do dito proceso selectivo, o reitor resolve:

Primeiro. Aceptar a renuncia de Xosé Antón Freire Ramos como vogal suplente do tribunal cualificador.

Segundo. Nomear a María del Pilar Martínez García, funcionaria de carreira da escala técnica superior de administración da USC, vogal suplente en substitución de Xosé Antón Freire Ramos.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor un recurso contencioso-administrativo, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes, perante o órgano que a ditou. Neste caso, non se poderá interpor o dito recurso contencioso-administrativo mentres non se dite resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro do artigo 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2020

Antonio López Díaz
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela