Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3700

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 26 de decembro de 2019 pola que se fai público o cofinanciamento do servizo de apoio técnico para as tarefas transversais orientadas ao peche do proxecto 0092_AQUALITRANS_1_E nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) 1305/2013, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, que a continuación se indica por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es , por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/ .

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato.

Título: servizo de apoio técnico para as tarefas transversais orientadas ao peche do proxecto 0092_Aqualitrans_1_E no marco do Programa operativo de cooperación transfronteriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.19049.

CPV (referencia de nomenclatura): 79411000-8 (servizos xerais de consultoría e xestión).

Orzamento base: importe neto: 9.586,78 euros. Importe total: 11.600,00 euros.

Prazo de execución: 12 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 9.107,44 euros. Importe total: 11.020,00 euros.

Empresa contratista: Estrategia y Organización, S.A.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea.

A actuación referida no punto 2) cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

A actuación enmárcanse dentro do Programa operativo no eixe 3 «Crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais». Obxectivo temático 6 «Conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos». Prioridade de investimento 6F «Fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica». Obxectivo específico OE6F «Incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación».

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia