O Pleno deste concello, en sesión celebrada o 14 de novembro de 2019, adoptou o seguinte acordo:
«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan parcial do solo urbanizable non delimitado SUND-01 A Brea e o estudo ambiental estratéxico.
Segundo. Publicar na web municipal o acordo de aprobación inicial e o documento aprobado.
Terceiro. Conforme o artigo 75 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, someter o documento a información pública durante dous meses, mediante anuncio que se publicará no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia. O expediente estará exposto ao público na Casa do das 9.00 as 14.00 horas durante o prazo de información pública.
Cuarto. Notificar individualmente a todas as persoas titulares catastrais dos terreos afectados.
Quinto. Solicitar ás administracións públicas competentes os informes sectoriais e consultas que resulten preceptivas».
En cumprimento do disposto anteriormente, sométese a información pública o Plan parcial do solo urbanizable non delimitado SUND-01 A Brea e o estudo ambiental estratéxico, polo prazo de dous meses contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Durante o referido prazo, calquera persoa poderá examinar o documento, en horario de oficina, nas dependencias da Casa do Concello de Cualedro, sita na avda. de Portugal, 8 de Cualedro, ou na paxina web do Concello de Cualedro (www.cualedro.es) e formular as alegacións, documentos e xustificacións que se consideren pertinentes.
Consonte o establecido no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e o artigo 86.2 do seu regulamento, aprobado polo Decreto 143/2016, do 22 de setembro (RLSG), o acordo de aprobación inicial determinará por si só a suspensión do outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición no ámbito do territorio obxecto do plan parcial cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.
O ámbito do Plan parcial do solo urbanizable non delimitado SUND-01 A Brea do Concello de Cualedro, que abrangue 16,03 ha na zona a carón do enlace da A-52 en Lamas.
A delimitación do ámbito correspóndese co fixado nos planos de información e ordenación.
Asemade, na memoria do Plan parcial inclúese a relación de parcelas catastrais que abranguen o ámbito do devandito plan.
De acordo co establecido no artigo 86.3 do Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, a suspensión de licenzas non afectará:
a) As obras de mantemento, conservación e reforma, salvo no caso de obras de rehabilitación integral que sexan equiparables á reconstrución total do edificio non xustificadas en razóns de urxencia ou que supoñan un aumento do volume edificado.
b) As licenzas de primeira ocupación.
c) Os proxectos que cumpran simultaneamente o instrumento de planeamento en vigor e o Plan especial aprobado inicialmente.
d) Os actos suxeitos ao trámite de comunicación previa, sempre e cando se trate de obras ou actos para a implantación de usos ou actividades autorizados polo novo planeamento.
A suspensión de licenzas terá unha duración máxima de dous anos contando desde a aprobación inicial do plan especial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.
Mentres dure a suspensión de licenzas, poderán autorizarse usos e obras provisionais nos termos do artigo 89 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, e do artigo 204 do regulamento.
Cualedro, 2 de xaneiro de 2020
Luciano Rivero Cuquejo
Alcalde