Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número 460/2019 por instancia de Damaris Espinoza Gutiérrez contra a empresa Ende Ben Ordes, S.L. e contra o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos cales se ditou a Sentenza do 17 de decembro de 2019 que, copiada nos particulares necesarios, di así:
Resolvo:
Estímase parcialmente a demanda interposta por Damaris Espinoza Gutiérrez contra a empresa Ende Ben Ordes, S.L., e en consecuencia:
– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Ende Ben Ordes, S.L. á demandante.
– Condénase a Ende Ben Ordes, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 42,57 euros, determinado o aboamento da dita indemnización pola extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación a razón de 7,74 euros diarios.
Notifíqueselles esta resolución ás partes.
Contra esta resolución cabe recurso de suplicación, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución, para o cal abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante, dentro do indicado prazo.
Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.
Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.
Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Ende Ben Ordes, S.L., expido e asino este edicto.
A Coruña, 2 de xaneiro de 2020
A letrada da Administración de xustiza