Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3330

III. Outras disposicións

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

RESOLUCIÓN do 7 de xaneiro de 2019 pola que se lle dá publicidade a unha encomenda de xestión, para o ano 2020, pola que se encarga ao medio propio Tecnologías y Servicios Agrarios, S.A., S.M.E., M.P. (Tragsatec)o servizo técnico cualificado para o control, xestión e análise de proxectos e actividades relacionadas cos procedementos de avaliación ambiental e coa autorización ambiental integrada.

Encomenda de xestión.

– Actividade: a encomenda comprende traballos de avaliación ambiental estratéxica, de avaliación de impacto ambiental, de tramitación da autorización ambiental integrada, así como traballos técnicos vinculados coa calidade dos solos.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: esta encomenda ten natureza intersubxectiva, ao ter a empresa Tecnologías y Servicios Agrarios, S. A., S.M.E., M.P. (Tragsatec) a consideración de medio propio instrumental da Administración segundo o disposto na disposición adicional vixésimo cuarta da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro de 2014, e de conformidade co disposto nos artigos 45 e 47 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: o período de execución comeza o 1 de xaneiro de 2020 e o prazo máximo é o 31 de decembro de 2020 ou ata a total execución das unidades orzamentadas.

– Importe e modalidade de financiamento: o importe da encomenda ascende á cantidade dun millón trinta e nove mil catrocentos trinta e oito euros con dous céntimos (1.039.438,02 €) con cargo aos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, aplicación orzamentaria 07.02.541D.640.

Santiago de Compostela, 7 de xaneiro de 2020

Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda