Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 14 Mércores, 22 de xaneiro de 2020 Páx. 3681

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 18 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican os actos administrativos ditados nos procedementos BS650A e BS650G (expediente 150045714 e tres máis).

En virtude do disposto nos artigos 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, intentada a notificación dos requirimentos de documentación no último domicilio das persoas interesadas, sen que esta se puidese efectuar por causas non imputables á Administración, notifícanselles os ditos requirimentos ditados nos procedementos competencia desta xefatura territorial ás persoas citadas nos anexos, que son emprazadas para que no prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da data de publicación deste edicto no Boletín Oficial del Estado, comparezan persoalmente ou debidamente representadas na Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Política Social, no Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración (avenida Salvador de Madariaga , nº 9, 1º andar, A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, para teren coñecemento íntegro do contido dos ditos requirimentos. Advírteselles que, no caso de non compareceren, se considerarán notificadas para todos os efectos.

Advírteselles que, por ser a documentación requirida imprescindible para continuar co procedemento, no caso de non presentala por causas imputables á persoa interesada unha vez notificados os requirimentos tras a comparecencia, procederá a suspensión de conformidade co establecido no artigo 16.2 do Real decreto 357/1991, do 15 de marzo, polo que se desenvolve, en materia de pensións non contributivas, a Lei 26/1990, do 20 de decembro, pola que se establecen na Seguridade Social prestacións non contributivas.

A Coruña, 18 de decembro de 2019

María Blanco Aller
Xefa territorial da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS650A:

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

47373587G

150045714

29.8.2019

Requirimento de documentación

32416021M

150369791

11.10.2019

Requirimento de documentación

ANEXO II

Procedemento BS650G:

DNI/NIE

Nº de expediente

Data

Documentos

44839565F

150091798

27.8.2019

Requirimento de documentación

76414382X

150073319

29.10.2019

Requirimento de documentación