De conformidade co disposto nos artigos 44 e 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles e outórgaselles audiencia aos titulares dos establecementos que no anexo se mencionan, no procedemento de baixa e cancelación da inscrición no Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma de Galicia.
Mediante a visita da inspección comprobouse que nos establecementos que se relacionan no anexo I non se realiza nin exerce a actividade turística.
Considerando que nos expedientes non consta ningunha comunicación do cesamento da actividade, esta área provincial acordou, ao abeiro do establecido no artigo 46 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, e no artigo 17 do Decreto 82/1987, do 26 de marzo, polo que se crea o Rexistro de Empresas e Actividades Turísticas da Comunidade Autónoma galega, iniciar o expediente de baixa de oficio dos establecementos relacionados no anexo.
O que se notifica aos titulares dos establecementos referidos no dito anexo, para que no prazo de quince (15) días poidan efectuar as alegacións que xulguen pertinentes, os cales poderán examinar o expediente e obter copias dos documentos contidos nel, na Área Provincial da Axencia Turismo de Galicia de Pontevedra.
Pontevedra, 18 de decembro de 2019
O/a xefe/a da Área Provincial de Turismo de Pontevedra
P.S. (Resolución do 29.3.2019)
María José Echevarría Moreno
Xefa territorial de Pontevedra
ANEXO
Establecemento: Mini Bar.
Signatura: V-PO-003452.
Razón social: Manuel Castro Quintela.
Domicilio: avenida García Barbón, 116, local 2.
Concello: Vigo.
Establecemento: Simplicio.
Signatura: V-PO-003059.
Razón social: Vanesa Fernández Iglesias.
Domicilio: rúa Mercado-Ramón González, 48.
Concello: O Porriño.
Establecemento: La Leyenda.
Signatura: V-PO-005873.
Razón social: Eva María Mangas Larrañaga.
Domicilio: rúa Venezuela, 84.
Concello: Vigo.