Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3236

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (PMC 202/2019). Notificación de auto.

PMC. Peza de medidas cautelares 202/2019 0001

Procedemento de orixe: despedimento/cesamentos en xeral 202/2019

Sobre despedimento

Demandante: Ángel Manuel Rodríguez Lago

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Demandadas: José Ces Alcalde, S.L., Óscar Pérez López, S.L.

Edicto (PMC 202/2019)

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de peza de medidas cautelares 202/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángel Manuel Rodríguez Lago contra José Ces Alcalde, S.L. e Óscar Pérez López, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Auto

Maxistrada xuíza: Sandra Mª Iglesias Barral

Santiago de Compostela, 9 de decembro de 2019

Parte dispositiva

Acordo:

A adopción da medida cautelar de eximir o demandante, Ángel Manuel Rodríguez Lago, de acudir a prestar servizos, con mantemento da obrigación do empresario, Óscar Pérez López, S.L., de aboar o salario e a cotización correspondente durante a tramitación da causa principal, sen prexuízo do que se poida resolver na sentenza que se dite nela.

Notifíqueselles ás partes. Cabe recurso de reposición no prazo de tres días ante este xulgado.

Así o acorda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, en substitución no Xulgado do Social número 4 desta cidade.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de autos definitivos e déixese testemuño na presente peza separada e no procedemento principal do cal esta dimana.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días desde a súa notificación.

Así o pronuncia, manda e asina.

A maxistrada xuíza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Óscar Pérez, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza