Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3219

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 20 de novembro de 2019 pola que se dá publicidade ás titulacións que permiten a incorporación ás listas de aspirantes a desempeñar postos docentes en réxime de interinidades e substitucións dos corpos de mestres, de profesores de ensino secundario, de profesores técnicos de formación profesional e de profesores de escolas oficiais de idiomas que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, en centros docentes desta consellería.

Advertidos erros na citada orde publicada no Diario Oficial de Galicia número 235, do 11 de decembro de 2019, cómpre modificar o seguinte:

Na páxina 52483, especialidade 590016 Música, onde di:

Calquera titulación universitaria superior e, ademais, acreditar como formación complementaria:

Profesor/a superior conforme o Decreto 2618/1966, do 10 de setembro

Debe dicir:

Calquera titulación universitaria superior e, ademais, acreditar como formación complementaria:

Profesor/a conforme o Decreto 2618/1966, do 10 de setembro