Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3240

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 26 de decembro de 2019 polo que se resolve o concurso público e se outorgan as licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia.

Adoptado Acordo polo Consello da Xunta de Galicia do 26 de decembro de 2019, relativo ao outorgamento de licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada na Comunidade Autónoma de Galicia,

RESOLVO:

Primeiro. Darlle publicidade ao acordo do Consello da Xunta adoptado en sesión do día 26 de decembro de 2019, que figura como anexo á presente resolución.

Segundo. O acordo será notificado aos interesados segundo o previsto na base décimo oitava do concurso público para a outorgamento de licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada convocado mediante acordo do Consello da Xunta de Galicia do 30 de xullo de 2018 (DOG núm. 153, do 10 de agosto).

Santiago de Compostela, 27 de decembro de 2019

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios

ANEXO

Primeiro. Resolver o concurso e proceder a outorgar as licenzas para a prestación do servizo de comunicación audiovisual radiofónica de titularidade privada, por localidades na Comunidade Autónoma de Galicia, asignándolles as frecuencias e parámetros técnicos que se relacionan na seguinte táboa:

Cod

Localidade

Frec.

Lonxitude

Latitude

Cota

HEFM

PRA

POL

DR

Titular

1

Cariño

101.9

007W5400

43N4300

480

75

0,100

M

N

Medios Autonómicos de Radiodifusión Gallegos, S.L.

2

A estrada

99.9

008W2900

42N4100

300

150

2

M

N

Radio Popular, S.A.-Cadena Cope

As licenzas outórganse por un prazo de quince anos a partir do presente acordo segundo o disposto no artigo 28 da Lei 7/2010, do 31 de marzo, xeral de comunicación audiovisual.

Segundo. Autorizar a Secretaría Xeral de Medios para dar publicidade e notificar aos interesados o presente acordo para o cumprimento dos trámites preceptivos previstos nos artigos 12 e 13 do Decreto 102/2012, do 29 de marzo, polo que se desenvolve o servizo de comunicación audiovisual radiofónica no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, coas consecuencias previstas no artigo 14, de non facelo.

Terceiro. Delegar na secretaria xeral de Medios a resolución de recursos de reposición que puidesen interpoñerse contra o presente acordo.

Localidade

Zona de servizo

Frec.

Frecuencia de emisión en MHz

Lonxitude, latitude, cota

Coordenadas xeográficas de localización do transmisor

HEFM

Altura efectiva máxima en metros

P.R.A.

Potencia radiada aparente máxima en quilowatts, sumadas potencias radiadas máximas en cada plano de polarización.

POL

Polarización da emisión (M: mixta, V: vertical)

DR

Características de radiación (D: directiva, N: non directiva)