Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 13 Martes, 21 de xaneiro de 2020 Páx. 3233

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (SSS 963/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento SSS 963/2018, seguido por instancia de Fremap, Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fraternidad Muprespa, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, MC Mutual, Ibermutuamur, Metales y Muebles Especiales, S.L., Talleres Freire Pita, S.L., Fresno Metal, S.L., Randstad, Steelcore, S.L., sobre declaración de responsabilidade da prestación compartida entre as mutuas, se ditou auto número 111/2019, do 20 de decembro, polo que se rectifica a sentenza número 535/2019, ditada nestas actuacións en data do 29 de outubro, contra o que non cabe interpoñer recurso ningún. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Talleres Freire Pita, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza