Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2962

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Autoridade Portuaria de Vigo

ANUNCIO de convocatoria de prazas de persoal laboral fixo correspondentes á estabilización de emprego.

A Autoridade Portuaria de Vigo, ao abeiro do establecido no Real decreto 211/2019, do 29 de marzo, polo que se aproba a oferta de emprego público para o ano 2019, realiza convocatoria para cubrir prazas de persoal laboral fixo suxeito a convenio colectivo correspondentes á estabilización de emprego polo procedemento de concurso:

– 18 prazas de policía portuaria (GIII BII N2).

As bases da convocatoria e os impresos de solicitude están dispoñibles na páxina web da Autoridade Portuaria de Vigo www.apvigo.es, na páxina web de Portos do Estado www.puertos.es e na páxina www.administracion.gob.es.

As solicitudes deberán presentarse, no prazo de dez (10) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, no Rexistro Xeral da Autoridade Portuaria de Vigo, das 9.00 ás 14.00 horas, nos rexistros a que se refire o artigo 16.4 da Lei 39/2015, ou telematicamente a través da páxina web https://sede.apvigo.gob.es. Se o último día do prazo coincide en sábado, domingo ou festivo, este finalizará o seguinte día hábil.

Vigo, 13 de xaneiro de 2020

Enrique César López Veiga
Presidente da Autoridade Portuaria de Vigo