Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2611

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 18 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai pública a baixa por transformación por modificación do réxime xurídico da Asociación de Escolas Infantís de Iniciativa Social (Aseigais).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que, na correspondente oficina de depósito de estatutos de organizacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral, depositouse a baixa por transformación a causa da modificación do réxime xurídico da Asociación de Escolas Infantís de Iniciativa Social (Aseigais).

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego