Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2645

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 17 de decembro de 2019, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, co procedemento ordinario 467/2019 IN.

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección 1, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o recurso 467/2019 IN (procedemento ordinario), interposto por María Ángeles Blanco Fernández contra a Resolución de 10 de xuño de 2019, notificada o 1 de xullo, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se desestima o recurso potestativo de reposición interposto o 29 de novembro de 2018 contra a Resolución do 23 de outubro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fan públicos os acordos dos tribunais que xulgan o proceso selectivo para o ingreso nas categorías de odontólogo/a de atención primaria e pediatra de atención primaria, convocado pola Resolución do 22 de decembro de 2016, relativos á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 208, do 31 de outubro). (Categoría: odontólogo/a de atención primaria).

A recorrente non está de acordo coa puntuación acadada na epígrafe de experiencia profesional.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandadas no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de decembro de 2019

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos