Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 12 Luns, 20 de xaneiro de 2020 Páx. 2615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 20 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas.

Intentada a notificación á persoa interesada que se especifica no anexo, do requirimento da documentación necesaria para resolver o expediente de solicitude de asistencia sanitaria para persoas non aseguradas, e non sendo posible a súa práctica, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poida coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Para tal efecto, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desde anuncio, nas dependencias da Xefatura Territorial (Tarxeta Sanitaria), sita na avenida de Zamora, núm. 13, 4º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírteselle que, conforme o artigo 68.1 da Lei 39/2015, de non xuntar os documentos que lle son requiridos no mencionado prazo, se considerará desistida da súa petición.

Ourense, 20 de decembro de 2019

Laura López del Castillo
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº expediente: 311658.

DNI/NIE /PAS: 020993698.

Último enderezo coñecido: Camiño Vello de Sousas, nº 60, 1º C (32600), Verín (Ourense).