Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2376

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANUNCIO do 19 de decembro de 2019, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, polo que se notifica a resolución do recurso de alzada RA/AG/CIM/2019/00055 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.D15.59715.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle a herdeiros de Emilio Gómez Fontela, Carmen Fontela Neiro e herdeiros de José Fontel Neiro a resolución do recurso de alzada RA/AG/CIM/2019/00055 interposto contra a resolución ditada no expediente DH.D15.59715.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, situadas no Complexo Administrativo de San Caetano, bloque 5, en Santiago de Compostela, para o coñecemento da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio ou aquela en que se encontre a sede do órgano autor do acto orixinario impugnado (entendéndose limitada esta posibilidade de elección só aos xulgados que se encontren dentro da circunscrición do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia), de acordo co establecido nos artigos 8 e 14 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da finalización do prazo de dez días hábiles antes sinalado ou ao da comparecencia dos interesados, se é o caso, conforme o disposto no artigo 46.1 da citada norma legal.

Para que conste e sirva de notificación ás persoas interesadas, asino e selo este anuncio.

Santiago de Compostela, 19 de decembro de 2019

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de
Infraestruturas e Mobilidade