Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2389

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 20 de decembro de 2019, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente para o fomento do acceso á condición de persoa social TR802J-15-095-19 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puideron efectuar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Intentouse a notificación por correo certificado ás persoas interesadas citadas no anexo sen que fose posible, polo que se lles notifica por medio deste anuncio a resolución ditada nos correspondentes expedientes.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos interesados que contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Asimesmo, poderase formular con carácter potestativo recurso de reposición, ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Os expedientes póñense de manifesto aos interesados nas dependencias da Xefatura Territorial da Coruña da Consellería de Economía, Emprego e Industria, na rúa Salvador de Madariaga, 9-1º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 20 de decembro de 2019

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

Interesado

NIF

Concello

Materia

Data da resolución

TR802J-15-095-19

David Rivas Conde

***7090**

Santiago de Compostela

Fomento do emprendemento en economía social

25.11.2019

TR802J-15-092-19

Sara Villalba Novo

***8235**

Lourenzá

Fomento do emprendemento en economía social

25.11.2019