Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 11 Venres, 17 de xaneiro de 2020 Páx. 2401

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 18 de decembro de 2019 polo que se emprazan as persoas interesadas para seren notificadas por comparecencia nos expedientes do bono alugueiro social (código de procedemento VI482C).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázanse as persoas interesadas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro dos ditos actos deberase efectuar no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas da Dirección Técnica de Fomento do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en Área Central, s/n; polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 18 de decembro de 2019

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

NIF

Acto obxecto de notificación

BONOV-005/2019

****1989*

Resolución de desistencia

BONOV-011/2019

***9141**

Requirimento

BONOV-014/2019

***8490**

Resolución de denegación