Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2082

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela

EDICTO (DSP 204/2019).

DSP Despedimento/cesamentos en xeral 204/2019

Sobre despedimento.

Demandante: Delfina Alcalde Lojo

Avogada: María Elena Teixeira Barcala

Demandados: José Ces Alcalde, S.L., José Ces Alcalde, Óscar Pérez López, S.L., Fogasa (Fondo de Garantía Salarial).

Avogado/a: letrado de Fogasa

Eu, Belén Menéndez Medel, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Santiago de Compostela, fago saber que mediante resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Delfina Alcalde Lojo contra José Ces Alcalde, S.L., José Ces Alcalde, Óscar Pérez López, S.L., José Ces Alcalde, Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número de despedimento/cesamentos en xeral 204/2019, se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei reguladora da xurisdición social, citar a Óscar Pérez López, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 5 de febreiro de 2020, ás 11.00 horas, na planta segunda (oficina xudicial) para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza, e o día 5 de febreiro de 2020, ás 11.10 horas, na planta baixa, sala 3, edificio na rúa Berlín, para, de ser o caso, a celebración do acto de xuízo. Poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada e deberá acudir con todos os medios de proba de que tente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Prevencións legais

1º. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2º. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para o a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3º. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que tente valerse (artigo 82.3 da LXS), e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderanse considerar recoñecidos como certos na sentenza os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado interviñese neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que constar neste, precisen dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4º. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

Solicitado o interrogatorio de parte e ao ser a mesma persoa xurídica, débense facer as advertencias que se conteñen no artigo 91.3 e 5 da LXS. Conforme dispón o dito precepto, o interrogatorio das persoas xurídicas privadas efectuarase con quen legalmente as represente e teña facultades para responder a tal interrogatorio. Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos, deberá achegar a xuízo a persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someter ao interrogatorio, xustificando debidamente a necesidade do dito interrogatorio persoal.

A declaración das persoas que actuasen nos feitos litixiosos en nome do empresario, cando sexa persoa xurídica privada, baixo a responsabilidade deste, como administradores, xerentes ou directivos, soamente se poderá acordar dentro do interrogatorio da parte por cuxa conta actuasen e en calidade de coñecedores persoais dos feitos, en substitución ou como complemento do interrogatorio do representante legal, salvo que, en función da natureza da súa intervención nos feitos e posición dentro da estrutura empresarial, por non prestaren xa servizos na empresa ou para evitar indefensión, o xuíz ou tribunal acorde a súa declaración como testemuñas.

O interrogatorio como demandado do legal representante de Óscar Pérez López, S.L.

Para ese efecto, indícaselle que, se non comparece, se poderán ter por certos os feitos da demanda en que interviñese persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A achega, con polo menos quince (15) días de antelación ao acto do xuízo, dos seguintes documentos:

– Recibos de salarios desde xullo de 2019 ata a actualidade.

– Vida de CCC da empresa desde o 1 de xullo de 2019.

– Documentos de cotización desde o 1 de xullo de 2019 ata a actualidade, e xustificante de pagamento destes.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, se poderán considerar probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

5º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5, parágrafo 1º, da Lei de axuizamento civil) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións tentadas neles sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6º. Tamén deberá comunicar, antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos cales convoca (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalización, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puideren estar constituídos de acordo co disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión salvo que de común acordo o soliciten ambas as partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente, que non poderá exceder os quince días.

8º. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

Para que sirva de citación a Óscar Pérez López, S.L., expídese esta cédula para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 9 de xaneiro de 2020

A letrada da Administración de xustiza