Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 10 Xoves, 16 de xaneiro de 2020 Páx. 2070

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 171/2019).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais nº 171/2019, seguido por instancia de Jorge Juan Recalde Álvarez contra The Agency Esclusive Models, S.L., sobre execución de sentenza, se ditou auto despachando execución e decreto de embargo ambos de data do 4 de decembro de 2019, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro ambas as resolucións.

E, para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a The Agency Esclusive Models, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de decembro de 2019

A letrada da Administración de xustiza